Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de novembro de 2021

15ª edición da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda - Concurso Francisco Mantecón [OUTRAS NOVAS]


 

Entidade convocante: Bodegas Terras Gauda, S.A., coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).

Prazo de admisión de orixinais: ata o 28 de febreiro de 2022.

Participantes: Poderán concorrer ao premio tanto toda persoa física ou xurídica maior de idade.

Descrición: Poden presentarse ata dúas obras inéditas realizadas en calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. O tema será libre e preferentemente aludirá aspectos corporativos da entidade convocante.

Condicións: As obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A. que, asimesmo, resérvase o dereito de reprodución das obras finalistas, citando ao autor e ano de finalista.
Todos os cartaces presentados pasarán a formar parte do arquivo dixital da Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda, Concurso Francisco Mantecón cuxa organización poderá reproducir ou autorizar a súa reprodución, exclusivamente, a efectos de traballos ou eventos relacionados coa bienal e o concurso.
A bodega poderá adquirir os dereitos dunha obra non premiada sen límite de tiempo, abonando ao seu autor o 50% do importe do 2º accésit do ano inmediatamente anterior á adquisición.

Dotación: primeiro premio de 10.000 €, 1º accésit Autoridade Porturaria de Vigo 2.000 €, 2º accésit 2.000 € e mención especial 2.000 €.

Bases completas aquí: Bases - Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón - Bodegas Terras Gauda 2022

venres, 12 de marzo de 2021

VII Concurso de Fotografía Museo Liste-Etnográfico de Vigo 2021 [OUTRAS NOVAS]

VIII convocatoria do Concurso de Fotografía convocado polo Museo Liste de Vigo co gallo da celebración do Día Internacional dos Museos. O concurso pretende fomentar o coñecemento e a creatividade a través da práctica da fotografía co fin de destacar variados aspectos históricos, artísticos, etnográficos e antropolóxicos.
Podedes consultar as Bases da convocatoria

martes, 19 de maio de 2020

Novos Libros para a Biblioteca da EMAO. 7 [BIBLIOTECA]


Continuamos coa difusión dos libros adquiridos recentemente pola biblioteca para o seu fondo moderno especializado en arte e oficios artísticos, e que apenas tivestes ocasión de consultar. 
Espero que vos gusten!!!

mércores, 29 de abril de 2020

"A Viaxe de Ruth" Un Documental sobre a Fotógrafa Ruth Matilda Anderson [BIBLIOTECA]



Na nosa biblioteca temos o libro  "Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia" Premio Paraugas 2017 ao mellor libro de arte, outorgado polo Cluster da Comunicación Gráfica


Hoxe traemos ao noso blog o documental "A viaxe de Ruth", un proxecto crowdfunding da Asociación Cultural Dous Punto Oito. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa.

mércores, 8 de abril de 2020

Como fotografar fotos, pinturas, debuxos e obxectos [ADMINISTRACIÓN]

Estamos recibindo moitas respostas ás nosas propostas de compartir os traballos feitos nas vosas casas neste período de confinamento. Pensamos que, neste senso, sería bo dar algúns consellos sinxelos sobre como facer fotos de debuxos, pinturas e obxectos e así disfrutar mellor das vosas imaxes e aportarvos unha ferramenta, tamén, para a difusión actual ou futura do voso traballo artístico e artesán.

Máis que facer un tutorial propio, propoñémosvos ver estes tres recollidos na web e que pensamos que dan solucións doadas e interesantes para poder mellorar as nosas fotos co móbil, con tablet ou cunha cámara compacta.

O primeiro video é sobre a aplicación Photoscan de Google (aquí para iPhone e iPad), o segundo, sobre como fotografar obxectos co móbil e luz natural, e o terceiro, xa con algunha montaxe máis, sobre como facer fotografía de produto.

¡Esperamos que vos sexan de utilidade!