Na nosa biblioteca temos o libro "Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia" Premio Paraugas 2017 ao mellor libro de arte, outorgado polo Cluster da Comunicación Gráfica.
Hoxe traemos ao noso blog o documental "A viaxe de Ruth", un proxecto crowdfunding da Asociación Cultural Dous Punto Oito. Dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa.
O documental, de 52 minutos e estreado en Lugo en setembro de 2018, narra as viaxes a Galicia da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson entre 1924 e 1926 por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer Milton Huntington. Na primeira viaxe desembarca en Vigo acompañada do seu pai, Alfred Theodore, tamén fotógrafo.

Ruth realizou durante a súa estancia en Galicia unhas 5.500 fotografías,
dunha gran calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón
con ningún traballo da época.
O documental trata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que un fotógrafo galego, Xosé Reigosa (codirector), percorra algúns dos máis importantes escenarios que ela retratou, tratando onde sexa posible de realizar unha toma similar e comprobando canto cambiou Galicia desde aqueles anos a hoxe.

“A viaxe de Ruth” obtivo o primeiro premio ao mellor documental na Semana Internacional do Cinema de Autor en Lugo no 2018.
A Asociación Cultural Dous Punto Oito subiu hai unhas semanas á súa canle de youtube o documental. Espero que o gocedes moito!!!
Son fantásticas tamén as fotos do alemán Otto Wunderlich que fixo por Galicia nos anos 2o...son coñecidas as de os horreos de Combarro
ResponderEliminarSi! moi interesante o post e o teu comentario Federico!
Eliminar