xoves, 16 de abril de 2020

Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega [CAIM GAITA]


No seu día Pablo Carpintero publicou un exhaustivo traballo titulado "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega". Hoxe temos a posibilidade de acceder a este fermoso traballo a través da páxina web do Consello da Cultura Galega.
Aquí podedes acceder á presentación que fai o propio Pablo Carpintero na web do Consello e ao  contido do libro.
Pablo Carpintero
Nela poderás achar unha descrición detallada de cada instrumento musical, os seus  nomes tradicionais, a súa historia e tamén información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, entre outras cousas. Tamén poderás ver fotografías e deseños dos instrumentos, realizados por Ramón Marín, así como un vídeo onde poderás ver como se toca e como soa cada instrumento musical.


Neste web tes varias seccións, deseñadas para que o acceso á información che sexa máis doado:


Índice de instrumentos: aquí áchanse listados polo seu nome cada un dos máis de 150 instrumentos musicais documentados en Galicia, e premendo nos nomes poderás acceder directamente á ficha de cada instrumento.

  • Os idiófonos: aquí tes todos aqueles instrumentos musicais nos que é o seu propio corpo ao vibrar o que produce os on (p.e.: un triángulo, unha pandeireta, unhas cunchas etc.).
  • Os membranófonos: aquí áchanse os instrumentos musicais que producen o son mercé a membranas tensas (p.e.: os tambores, os bombos, as zambombas, as caixas etc.).
  • Os aerófonos: nesta sección podes consultar aqueles instrumentos nos que é necesario soprar para obter o son (p.e.: as frautas, as gaitas, as gaitas de fol, etc.).
  • Os cordófonos: aquí atoparás instrumentos nos que o son é producido mercé a cordas tensas (p.e.: o violín, a zanfona, o rabel etc.).
  • Conxuntos instrumentais: contén información sobre como se xuntaban os diferentes instrumentos musicais para tocar en conxuntos.
  • Recursos: esta sección contén catro elementos de interese que che poden axudar a entender o que é un instrumento musical:
  • A introdución orixinal do libro, onde poderás ver cales foron as súas fontes, que se entende por música, e como se describirán os instrumentos musicais.
  • A clasificación técnica de Hornbostel e Sachs, onde fomos introducindo cada un dos nosos instrumentos musicais.
  • A clasificación galega dos instrumentos musicais, unha interesante sección dedicada a descubrir, por métodos de antropoloxía cognitiva, que é a música para os galegos, así puidemos diferenciar entre o que era un xoguete, unha ferramenta e un verdadeiro instrumento musical.
  • A bibliografía que se empregou para escribir o traballo.

2 comentarios:

  1. Este libro pódese consultar na nosa biblioteca
    http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/DetalleRexistro.aspx?CodigoBiblioteca=POB030&Rexistro=1298&Formato=Etiquetas

    ResponderEliminar
  2. Ahí está a nosa bibliotecaria, siempre atenta.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!