Harriet Hosmer
Harriet foi unha artista neoclásica. No seu traballo destaca a elección dos seus personaxes, na súa maioría mulleres heroínas da mitoloxía grega. Harriet Hosmer foi unha artista feminista convencida.
Naceu en Massachusetts. O seu pai médico progresista non a educou como ás demais nenas da súa época, fomentou nela o deporte como atleta e cultivou a súa predisposición á arte, algo que parecía escandaloso para os seus veciños nunha nena da súa clase social. Estudou na escola mixta Mrs. Charles Sedwick’s School, onde se fomentaban valores como a independencia e a creatividade. Alí recibiu a influencia dalgunhas das artistas e intelectuais máis progresistas do s. XIX, como Fanny Kemble e Harriet Martineau. En 1850 consegue realizar estudos de anatomía, grazas á influencia do seu pai, no Louis Medical College, feito mal visto na época sendo muller. Grazas a isto adquiriu un coñecemento do corpo humano fundamental para a súa carreira como escultora.
O seu primeiro traballo foi unha copia do Napoleón de Cánova, a cal regala ao seu pai, ao que lle seguirá unha interpretación mitolóxica chamada Hesper, The Evening Start (1852). Este traballo chamou a atención da actriz Charlotte Cushman que convenceu ao seu pai para que lle permitise estudar en Roma. Trasládase co grupo de mulleres escultoras para formarse e dedicarse á creación.
Entre 1853 e 1860 traballa no estudo do escultor inglés John Gibson; é nesta década cando realiza algunhas das súas esculturas máis importantes: o busto de Dafne (1854), o busto da Medusa (1854), e en 1855 encárganlle a primeira escultura de corpo enteiro, Oenone, e as súas famosas Puck (1856), das que chegou a facer 30 copias. Entre as persoas que adquiriron unha atopábanse o Principe de Gales (Eduardo VII) e o Duque de Hamilton. Moitas das súas esculturas xorden despois da lectura de poemas nos que se representan personaxes femininos, heroínas vítimas de inxustizas, representadas desde o seu posicionamento feminista.
A súa obra Zenobia in Chains (1859) representa a unha raíña guerreira capturada que non se mostra rendida, senón forte e orgullosa.
Harriet Hosmer tivo unha carreira longa e exitosa pero tamén a nivel persoal foi unha decidida loitadora e defensora dos dereitos das mulleres e as relacións humanas desde a súa condición bisexual. Escribe nas súas memorias: "…unha artista non gaña nada con casar. Para un home, pode ser boa cousa: pero para unha muller en quen vai a recaer todo o peso das obrigacións e os desvelos matrimoniais, constitúe un erro moral, creo eu, porque se verá obrigada a descoidar a súa profesión ou a súa familia”.
En 1867 a súa obra Sleeping Faun foi elixida para representar o pavillón Americano na Exposición Universal de París, e isto desencadeou os celos dos seus rivais masculinos que comezaron a desprestixiala acusándoa de plaxio e asegurando que a súa obra era realizada por operarios, feito que ela demandou e gañou ante os tribunais. A partir dese feito publica o seu artigo “ The process of sculture”, onde explica o procedemento na realización dunha escultura e demostra que “unha muller pode manexar igual un pincel que un cicel”.
En 1868 realiza a súa primeira gran escultura pública, encargada polo estado de Missouri, O senador Thomas Hart Benton. Ese mesmo ano termina a escultura Heroine of Gaeta, na que representa á súa amiga e amante Mª Sofía de Baviera, raíña de Nápoles. Na década de 1880 comeza a reducir a súa produción e comeza a viaxar, facer exposicións e dar clases e charlas a estudantes na universidade. En 1892 recibe o encargo do seu último gran traballo, Isabella, para a cidade de San Francisco. Nesa peza represénta á raíña Isabel de Castela con Colón, como codescubridora do Novo Mundo.
Os últimos anos da súa vida pásaos en Walertown, Massachusetts, onde falece o 21 de febreiro de 1908. Foi unha muller honesta, viviu unha vida exitosa e valente, non só como artista, senón tamén no persoal, defensora da igualdade, independente, representou nas súas obras a mulleres poderosas, resaltando nelas non só a beleza, senón as súas calidades e fortaleza. Deixou numerosos estudos publicados en revistas de arte do momento, nos que detallaba os novos procesos e os seus inventos e utensilios para axilizar a realización dunha escultura. Harrie foi unha muller adiantada ao seu tempo.
Bibliografia e enlaces web
Historia crítica del arte del siglo XIX
Harriet Hosmer ecured
Harriet Hosmer. escultora de heroinas mitológicas
Escultoras en su contexto, Raquel Barrionuevo Pérez, Visión Libros
Me encanta!!
ResponderEliminarSu obra es de una perfección clásica perfecta.
Extraordinaria artista y valiente mujer.
Si Emilia, ella defendía que una mujer puede tallar la piedra exactamente igual que un hombre ;)
ResponderEliminarTotalmente,lo importante es la pasion
EliminarQué interesante biografía Rosa, unha artista exitosa,feminista e empoderada. Xenial a demanda que gañou fronte as envexas masculinas, un saúdo (Sonia)
ResponderEliminarPois si, mulleres loitadoras!
EliminarNon me esquecia deste interesante obradoiro. Ben, case dunha sentada leinme o que incorporouse das tres ultimas escultoras(teñen bastante en común), apenas eu sabia de elas asi qu, unha vez máis, agradezollo a nosa mestra artesá.
ResponderEliminarEU TAMEN ESTOU DESCUBRINDO MOITO!!!
ResponderEliminar