Pola súa rapidez de crecemento de máis dun metro ao ano, pódese atopar cultivado en moitas rexións do mundo para a produción de madeira, fabricación de polpa de papel e a obtención de aceite esencial.
É unha árbore perennefolia, cun tronco recto agrisado de cortiza lisa, agás nos primeiros 5-15 m, que é rugosa. A súa folla ten forma de fouce e as flores preséntanse en acios de 9-15 mm. Atópase en áreas montañosas frescas, de chan profundo, con alta pluviosidade e ten unha vida media de 400 anos.
Asemade do seu tamaño descomunal, chama especialmente a atención o feito de que esta especie de eucalipto non se recupera despois dun incendio, rexenerándose só as sementes que se liberan das súas cápsulas leñosas pola calor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!