luns, 27 de abril de 2020

Estrevista a José Ramón Melchor de Quercur Leathercraft [Coiro]

Seguimos rompendo o confinamento por terras de Lugo e hoxe imos de visita ó Obradoiro de José Ramón Melchor, que se chama Quercur Leathercraft.

José Ramón
-¿Como comezaches no Coiro? 
-Empecei como hobby hai 10 anos, de maneira autodidacta, para facer fundas, bolsas e correas para a min e para regalar a amigos. Tras coñecer foros como leatherworker.net, subscribinme a revistas do ramo (The leathercrafters and saddlers journal) e comprar DVD de mestres americanos, fun avanzando e creando un pequeno taller. En 2014 decidín montar un taller oficialmente e tiven a sorte de que Pepín Vives, un excelente talabarteiro mallorquino, coñecese o meu traballo e decidise instruírme pasando desta forma a ser o seu alumno, visitándoo regularmente para terminar de puír algunhas técnicas. Aínda hoxe sigo aprendendo e mantendo contacto con moitos artesáns cos que comparto coñecementos, é vital a actividade "gremial" para crecer como artesán e manter vivos os procesos tradicionais dos oficios.


-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
O coiro é moi versátil, pódese traballar en todas as dimensións e dá unha multitude de aplicacións creativas, é un material nobre, vivo, e un artesán pódese desenvolver en moitas facetas con el; é fácil atopar cal das súas calidades é a que mellor se adapta ás aptitudes persoais.

-¿Dentro das técnicas que coñeces, cal é a túa favorita?
O repuxado e o “tooling” ou uso de mateadores.

-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Unha sela de montar de traballo completa, sempre quixen poñerme a facer unha, pero nunca atopo o momento de empezar un proxecto así.

-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que invista en boas ferramentas, e trate de atopar un estilo que encaixe no seu carácter, e se se quere dedicar profesionalmente a este oficio valore ben a viabilidade do seu proxecto e o faga todo legal, emitir facturas e estar ao día das obrigacións permitiralle traballar con seguridade, e axúdase a preservar o oficio.
Os Mateadores

-¿Tes algunha ferramenta "especial"? 
Todos os meus mateadores son ferramentas especiais para min, pero una das miñas medias lúas (unha Marlin Edición Especial en Aceiro D2) herdada do meu mestre, é o meu tesouro e está todos os días na miña man afiada como unha navalla barbeira.

-¿Tes algún referente no oficio que consideres como inspirador?
Teño moitos, primeiro Pepin Vives, del aprendin. A nivel internacional, Paul Long, Ao Stohlman, Peter Main, Sandy Morrisey, Don King, Joe Kesslar, son básicos no meu traballo, obras que saen de talleres como Trio Leather, Don Gonzales, Moanii Leather, Texu Craft, Claridge Leather son inspiradoras e mostras da excelencia, e a nivel nacional Coiro Coruña gústame moito pola súa limpeza e pirogravados, Artesanía Vivas de Caceres, parécenme un referente de taller familiar, e conservación de estilos tradicionais de decoración e marroquineria, e moitos mais...Vidal Revilla, Subdivise, Montalbán, sogueiros gauchos.... sería un non parar….

Funda Bowie


Funda Calada


Carteira


Carteira


Conxunto de fundas.

Avenida Adolfo Suárez, 71 Baixo. Lugo 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!