mércores, 15 de abril de 2020

Cando unha gran firma peta na túa porta: Carlos Graña e Loewe [TALLA E ESCULTURA]

    Hoxe quérovos presentar a un exalumno da aula de Escultura e talla, un exalumno que ten moi pouco de ex, xa que seguimos tendo contacto e de cando en vez déixase caer pola Escola para charlar sobre proxectos nos que anda liado. Carlos Graña, que así é o seu nome, acabou na nosa aula hai xa máis de dez anos. Antes de matricularse na aula de Talla e escultura, a Carlos dáballe polo debuxo, pero cando descubriu o manexo das ferramentas e conseguiu dar forma á madeira xa non o deixou. 

Carlos traballando no seu taller
    Houbo un tempo en que combinaba a arqueoloxía, que era co que se gañaba a vida, e facer algunha peza para ir a feiras pequenas de artesanía como a "Arde o Pazo",  pero foi coa crise ao  rematar o das  escavacións cando decide dedicarse plenamente á artesanía.

    A partir de aquí solicita a carta de artesán e comeza a ir ás feiras máis importantes, como a da "Reconquista", onde facía exhibicións. Pouco despois decide profesionalizarse e solicita a  AGA (Asociación de artesáns de Galicia) a marca de autor, #verdecima (así é o nome do seu taller en Mos) para poder asistir a todas as feiras avalado pola etiqueta "Artesanía de Galicia".  Un alumno brillante que tiña moi claro ao que quería dedicarse, sabendo que non era nin é un camiño fácil.





 Paxariño realizado por Carlos para a marca Loewe

     Por que vos conto isto, preguntarédesvos, pois porque un día polo 2018, ao volver da feira de "A  Golada", Carlos recibe unha chamada: un representante da marca de luxo Loewe estaba interesado no seu traballo, segundo parece vírao na feira e gustoulle o que facía. A partir de aí contactan e Carlos ten que asinar un documento que o acredita como artesán provedor de Loewe; algo difícil  de conseguir como vos podedes imaxinar. Encárganlle dúas pezas, unha cabeza de pato que era unha tabaqueira e un paxariño  chaveiro. Estas pezas foron expostas en Milán con outra selección de obxectos de distintos materiais doutros artesáns que  Loewe seleccionara, e en distintas tendas da marca.

Loewe é unha marca de luxo que aposta polo traballo da artesanía, no so facendo promoción dende a súa Fundación Loewe, senón realizando un dos certámenes máis pretixiosos, Loewe Craft Prize.

Así que hoxe quixen facer esta entrada para facer visible o traballo dos nosos alumnos fóra da Escola, xa que estamos moi orgullos@s dos vosos logros e éxitos. Parabéns Carlos!!!

Algúns dos traballos de Carlos Graña  #verdecima











...

14 comentarios:

  1. Muy bonito su trabajo!!
    Qué difícil situarse en ese nivel!
    Enhorabuena. A ti también Rosa por lo que te toca como profesora.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡¡enhorabuena a Carlos por esa grandisima oportunidad laboral!!! Y que sigan los exitos.

    ResponderEliminar
  3. Bueno, bueno, qué maravilla de obras!!
    Enhorabuena al artista y la profesora !

    ResponderEliminar
  4. Noraboa por seu bo traballo e por suposto, a sua mestra tamén.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns o artista e a mestra!Unha preciosidade de traballos (sonia)

    ResponderEliminar
  6. Maravilloso. É emocionante ver que pese as dificultades, sobre todo económicas, que temos en este país para desenvolver carreiras profesionais na arte e a artesanía, saen adiante propostas tan boas como esta. Parabéns e moitos éxitos Carlos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade e que sí! debería haber máis empresas como Loewe que apoyan o traballo e o talento de artesans e artistas, en vez de viaxar tanto a china...

      Eliminar
  7. Ola. Parabéns ao noso veciño e tamén á mestra. Poderías poñer ben o nome da festa onde Carlos empezou a mostrar os seus traballos aquí en Mós. A festa chámase "Arde o Pazo". Así compartiríamos este enlace dende a nosa páxina. Grazas e parabéns aos dous.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!