O Víbora, foi unha mítica revista de banda underground que tras 25 anos de vida nos quioscos en xaneiro de 2005 botou o peche. No Víbora publicaron as súas historietas autores nacionais tan recoñecidos como Gallardo, Max ou Nazario e internacionais como Robert Crumb, Peter Bagge, ou Shelton, con quen coñecimos os peculiares inmortais Freak Brothers.
A revista estaba editada pola editorial La Cúpula que segue en activo ofrecendo o mellor dos autores de novela gráfica. Hoxe é o formato preferido dos lectores de banda.
Pero o Coronavirus e a cuarentena provocada polo mesmo debía ter algo positivo. O Víbora resucita, e gratis, grazas ao director da Cúpula Emilio Bernárdez. A editora realizará unha antoloxía na súa web a partir de hoxe. Nela colaboran os propios autores presentes na edición de papel, en total uns 20, que elixirán os seus traballos favoritos semanalmente.
Este é un bo xeito de resucitar os momentos mellores da banda da nosa adolescencia e xuventude para os que vivimos a época gloriosa das revistas de banda en papel, e de descubrir aquela época para os máis novos que non tiveron esa oportunidade.
El Víbora
Grazas a La Cúpula!!!
Fantástica idea recuperar os mellores momentos de esta mítica revista. Gracias!!!
ResponderEliminar