Casa dos González de la Vega |
Hoxe coñecemos o museo de gaitas máis antigo de estado, unha visita ineludible para os amantes da gaita e da cultura popular en xeral.
O Muséu de la Gaita foi fundado polo Concello de Xixón no ano 1966, no antigo Instituto Jovellanos, co obxectivo de dar a coñecer a gran diversidade de gaitas empregadas no mundo, así como as melodías, danzas e tradicións existentes arredor deste instrumento.
A colección foise incrementando grazas ao labor do seu primeiro director, Rafael Meré, e no ano 1974 trasladouse ó Muséu del Pueblu d’Asturies. Dende 1992 ten a súa sede na Casa dos González de la Vega.
Hoxe, o Muséu de la Gaita tense convertido na sección de música e instrumentos tradicionais do Muséu del Pueblu d’Asturies e ten como finalidade a investigación, conservación e difusión do patrimonio musical asturiano.
A colección do museo preséntase ao público en catro salas. Nas dúas primeiras expóñense as gaitas tradicionalmente empregadas en distintos países de Europa, do norte de África e de Oriente Próximo.
A terceira sala, adicada á gaita asturiana, explica as súas características, o seu proceso de
Gaita asturiana clásica |
Na cuarta sala móstranse os restantes instrumentos musicais asturianos: dende os pandeiros, castañolas, cornos e frautas de construción popular, ata os modernos instrumentos industriais e mecánicos que, como o acordeón e o organillo, introducíronse no século XIX e modificaron a paisaxe sonora de Asturies.
A fonoteca
Dudy (Chequia) |
Este arquivo compleméntase cunha fonoteca de música tradicional asturiana cuxos fondos, nos distintos soportes coñecidos, viñéronse adquirindo dende os años setenta. Neles recóllese a historia da música tradicional gravada en Asturies, dende os cilindros de fonógrafo ata os soportes dixitais,
pasando polos discos de pedra, os discos de vinilo e as cintas magnetofónicas.
Cabe destacar, como elementos máis sobresalientes desta fonoteca, a colección de discos de vinilo reunida por Rafael Meré entre 1970 e 1975, con músicas de gaita e instrumentos afins de todo o mundo, a colección de discos de pedra onde se recollen as interpretacións de gaiteiros como Candolías, o Gaitero de Libardón, José la Piedra e Marcelo del Fresno; e a colección de vinilos a 33 e 45 rpm dos anos sesenta e setenta, cunha ampla mostra de intérpretes de tonada.
Vista da sala da gaita asturiana |
Grazas, Carlos. Unha información moi interesante.
ResponderEliminarMj si non o coñecedes merece a pena
Eliminar