Unha emulsión conseguirá a súa máxima resolución, definición e dureza adecuada cunha insolación correcta. A insolación correcta variará en función dos distintos tipos de emulsión e dos distintos fabricantes. É moi importante o número de fíos e a cor do tecido. Por regra xeral, canto máis grosa sexa a malla, máis tempo será necesario para endurecer unha capa de emulsión máis grosa, coa malla coloreada, a insolación, segundo os fíos que ten, pode incluso multiplicarse por dous, xa que canto maior sexa a O maior número de fíos e a absorción de luz ultravioleta. É importante ter en conta que cando se cambia un produto ou fabricante hai que facer unha proba para determinar a nova insolación. A obra en cuestión, o tipo de emulsión escollida e a súa insolación teñen unha importancia decisiva. Por exemplo, non debemos escoller unha emulsión diazo con baixa latitude de insolación se queremos facer unha pantalla fina, a non ser que teñamos un "punto de insolación" moi ben definido para esta emulsión; ao contrario, unha emulsión fotopolímero / diazopolímero con unha boa latitude de insolación, aínda máis rápida, permitiranos acadar a mesma ou mellor definición e resolución. Para controlar o nivel de luz que damos a unha emulsión, recoméndase o uso dun integrador de luz, que conta en termos de unidades de luz recibidas en vez de minutos. A vantaxe desta cela luminosa é que a medida que unha lámpada perde raios UV debido ao seu uso, este integrador compensa a perda alongando automaticamente o tempo de insolación para que a emulsión reciba a insolación correcta ( Recursos MEC, Unidade didáctica 11).
Hai moitos titoriais en internet para que podades fabricar a vosa insoladora caseira dependendo dos materiais que teñamos á man e do MacGiver que sexades. Un dos máis sinxelos é o de Pulpo en su tinta que podes consultar premendo aquí. Necesitamos tres cousas básicas: cabaletes, luz e vidro. Outro do mesmo estilo tédelo neste enlace:
Os de Vostok fixeron un titorial máis complicado pero explicado paso a paso. Podes consultalo premendo aquí:
Ou este outro de Ora labora studio.
Podes descargar o PDF do titorial de Ora Labora Studio premendo aquí.
Na clase xa comprobamos os problemas que hai cando se produce falta ou exceso de emulsionado ou de insolado (recordade a fotocopia co cadro de problemas, solucións e por que se producen). Por iso é básico que despois de facer a insoladora fagamos un test para calcular os tempos nos que a luz incida na emulsión.
Vectorizandoycompartiendo.blogspot.com |
Factores a ter en conta: a distancia entre a luz e o cristal, o tipo de lámpada e a súa potencia, o tipo de emulsión (cantidade, calidade...) e a malla da pantalla.
Deixo aquí os enlaces aos anteriores artefactos de estampación caseiros por se vos interesan:
Cómo facer un baren
Artefactos de estampación III ( prensas e tórculos)
Artefactos de estampación II (algúns serigráficos)
Artefactos de estampación I ( impresión 3D dun tórculo de gravado)
Ánimo e saúde!!!
Non podía ser outro máis que Rubén. Maravilloso traballo
ResponderEliminar