domingo, 19 de abril de 2020

Escultores hiperrealistas 1: Yoshihiro Suda, o escultor do sutilmente inesperado (parte 1) [TALLA E ESCULTURA]

Yoshihiro Suda

Quen non se atopou algunha vez unha herba crecendo nunha greta do asfalto? ou unha  enredadera que asoma dun pequeno  desconche rubindo por unha parede sen tocar o chan? eu creo que todos,  ou case todos os que imos cunha mirada atenta sorprendémonos de como a natureza busca o seu camiño. Isto é o que fai este artista que vos presento hoxe,  Yoshihiro Suda, o escultor do inesperado.


Yoshihiro naceu en Xapón creceu rodeado de natureza nas saias do monte  Fuji; seguro que esa visión a influído na súa forma de percibir a contorna. 
Suda é un escultor pouco convencional; a súa obra, pequenas tallas de flores e plantas  hiperrealistas talladas en madeira de  magnolio, ten unha particularidade e é non só a delicadeza das pezas e o virtuosismo co que están traballadas, que nos deixaría simplemente no pracer de gozar dun traballo  exquisitamente realizado, senón que Suda vai máis aló e coloca as súas pequenas esculturas en espazos inesperados ou inusuais. 


Suda coloca as súas flores, as súas ramas ou herbas ás veces crecendo nunha pequena greta no chan dunha galería ou dun museo, o que fai que o espectador moitas veces confúndao cun descoido do lugar no que está exposto.

O escultor, comenta, "“Ironicamente, cando vivía no campo, non tiña interese na natureza, pero despois de mudarme á cidade, desenvolvín un interese por ela";  ese interese  esperta ao trasladarse a vivir a Tokio nos anos 90, onde estudou na Universidade Tema Arte.
Camelias, violetas, rosas, mapoulas, herbas... son algunhas das pequenas e delicadas pezas que  Yoshihiro talla e  colorea cunha sutileza maravillosa.

Yosihiro traballa cun formato pequeno, defínese a él mesmo coma un admirador dos "obxetos pequenos", algo herdado da arte de netsuke, un tipo de esculturas en miniatura que se puxeron de moda no século  XVII e que tiñan unha función importante para permitir ás persoas levar os seus obxectos persoais encima.

"Non podo facer nada grande! En termos da escala de arte, creo que hai artistas que por natureza son capaces de crear obra en gran escala. Eu simplemente son diferente a eles. Cando estaba na universidade, fixen moitos debuxos e tallas de obxectos distintos a plantas e flores, pero sempre me sentín máis cómodo cas plantas e flores. Continúo realizando as miñas esculturas de adorno natural porque non me canso delas".


"Tallo cousas pequenas, pero, tan pequenas que ás veces pasan desapercibidas, teñen o potencial de cambiar a maneira en que apreciamos un espazo. Creo que a arte pode cambiar a nosa perspectiva e maneira de pensar. Motívanos a ver cousas que doutra maneira talvez non veriamos".



Enlaces web documentación:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!