BETH LEGG
É unha artista escocesa que reside na costa norte do seu país,
isto é algo que inflúe no seu traballo,
pois ela inspírase nas paisaxes do seu lugar e emprega os materiais que atopa nesa natureza, combinados con prata ou prata oxidada normalmente.
A observación, os debuxos e a fotografía deixan constancia e son rexistro dos modelos e das influencias para crear as súas obras.
Os paus e os osiños dos paxaros que atopa acumulados nas praias. |
Trenzados das algas que chegan á costa |
Texturas das rochas onde se apegan os moluscos |
As pegadas na area do paso das mareas para xerar texturas |
Estas son algunhas das súas pezas con prata e materiais atopados, como madeiras, ósos de animais, cunchas, etc.,
todas elas inspiradas nas formas naturais cunha visión contemporánea.
Ademais das súas xoias,
Beth Legg ten publicado un libro que podedes consultar na biblioteca da Escola,
"Materiales Naturales en Joyería"
Espero que vos guste e vos inspire! ;D
Gústame moito a relación coa natureza que ten esta artista xoiera. A natureza sempre é mellor inspiración.
ResponderEliminarMoitas grazas Marian alégrame que che guste, é unha das miñas artistas favoritas. Encántame todo na súa obra, a idea, a execución, os acabados e a mensaxe. ;D
Eliminar