martes, 14 de abril de 2020

Sofía Venzel [SERIGRAFÍA]

Sofía é alumna do grupo de Perfeccionamento II de Serigrafía Artística. Nada en San Petesburgo pero residente en Vigo, adícase á ilustración. Os seus traballos foron seleccionados e expostos en varios certames internacionais como o da feira do libro infantil de Bolonia (2018). O ano pasado publicou o seu primeiro libro, Al Sur, Thule ediciones, Barcelona.
Ao longo destes anos na clase fomos testemuñas dos altos e baixos que implica ser estranxeira no noso país e ter en regra os papeis. Iso, unido ao confinamento, levou a Sofía a realizar apuntamentos a xeito de diario ilustrado das súas andainas... Podedes seguila no seu instagramfacebook e na súa páxina web.





















2 comentarios:

  1. Parabéns a Sofía polo seu traballo.

    ResponderEliminar
  2. Con este diario de confinamento Sofía gañou o premio do concurso organizado polo museo de arte contemporánea de Moscova: https://emaonlinecovid.blogspot.com/2020/04/garage-museo-de-arte-contemporanea-de.html
    Parabéns Sofía!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!