Gloria é unha alumna do grupo Superior que pasa este confinamento en soidade.
Cando retratamos a unha persoa, cando a debuxamos, achegámonos a ela dun xeito especial. O retratado despóxase da intimidade sentíndose observado, e sentindo que a mirada do outro pode ser quen de entrar nos seus pensamentos máis íntimos, e descubrir nun descoido eses segredos inconfesables. O retratista procura facer un labor de búsqueda no rostro do outro co fin de atopar non só a forma senón a esencia da vida do retratado... chegando a captar a personalidade deste. Isto era o que Oscar Kokoschka procuraba. Os seus retratos psicolóxicos achegan o esencial da personalidade do retratado e polo xeral os modelos non quedaban moi contentos co resultado.
RETRATOS DE KOKOSCHKA
Voltamos a Gloria, que non ten a ninguén a quen retratar agás ela mesma. Un bo xeito de descubrirse a través da súa mirada, atopándose e reflexionándose, como tamén fixera cunha forza especial a artista expresionista Käthe Köllwitz e que como o caso de Kokoschka os seus retratos resultan a mostra clara dunhas circunstancias duras e adversas marcadas pola guerra.
AUTORRETRATOS DE KÄTHE KÖLLWITZ
Déixovos a serie de Autorretratos que fixo Gloria estes días. Son un bo estudo de aprendizaxe. Espero que vos gusten.
Ao fío desta interesante e sensible entrada, traio a colación a atribulada historia do retrato que realizou Graham Sutherland en 1954 ao daquela primeiro ministro británico Winston Curchill, un encargo realizado polo parlamento para homenaxear o seu 80 cumpleanos. A historia de como foi rexeitado e "maltratado" o artista. Popularizou este feito a serie de Netflix "The Crown".
ResponderEliminarNeste artigo podedes ver os pormenores desta historia de conflicto entre artistas, modelos e contexto social:
https://www.infobae.com/america/cultura-america/2018/02/27/winston-churchill-y-la-increible-historia-detras-de-su-retrato-hereje/
Siii..é unha historia moi curiosa. Churchill sen dúbida era un home de moito carácter.
EliminarEncantanme !!!
ResponderEliminarNoraboa, Gloria.
Me gustan mucho tus autorretratos, Gloria.
ResponderEliminarParabéns!! 😘
Moi bo traballo, parabéns!
ResponderEliminarGracias! que fuerte verse en la intimidad-observada!
ResponderEliminarPero moi motivador compartilo. Grazas Gloria
ResponderEliminar