Continuamos coas entradas no blogue dedicadas a algunhas das máis destacadas bibliotecas que existen. Hoxe ocuparémonos dunha das bibliotecas que teñen unha das coleccións máis valiosas do mundo, unha biblioteca de bibliotecas. Na actualidade, a Biblioteca Vaticana posúe un extraordinario patrimonio composto por ao redor de 180000 volumes manuscritos e de arquivo, 1.600.000 de libros impresos, uns 9.000 incunables, 300.000 moedas e medallas, máis de 150.000 gravados, miles de debuxos e matrices, e máis de 200.000 fotos.
Estamos ante unha das bibliotecas máis antigas de Europa, imos ver a grandes liñas a súa orixe e traxectoria ata a actualidade.













