27-3-2026. Última visita guiada á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO
25-3-2026. Visita da UNED Sénior. Curso Vigo, historia e patrimonio
27-3-2026. Última visita guiada á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental". VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO
25-3-2026. Visita da UNED Sénior. Curso Vigo, historia e patrimonio
18-3-2026. Actuación musical de Alejo Amoedo e Nuria Lorenzo [FORUM IEV]
17-3-2026. Visita do CEIP Manuel Antonio á EMAO
Na vitrina do corredor de acceso á biblioteca, pódense ver ata o 5 de marzo un conxunto de
obxectos de coiro acompañados dunha pequena selección bibliográfica.
Son pezas elixidas por Pepe Pereira, comisario da VII Bienal de
Artesanía en Coiro da EMAO, como complemento á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental" que pode visitarse no Espazo EMAO (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro) ata o 27 de marzo .
Como complemento das actividades programadas ao abeiro da exposición
"No(i)roeste. A Reserva Occidental", os próximos venres, días 27 de
febreiro, 13 e 27 de marzo,
ás 19.00h, realizaranse visitas guiadas polo comisario da exposición e
mestre da especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO, Pepe Pereira.
Por
motivos de aforo, para a participación na visita guiada será necesario
inscribirse previamente na EMAO, por algún dos seguintes medios:
- En persoa, nas dependencias da EMAO (Avenida García Barbón, 5), en horario de 09.00h a 13.00h
- Por teléfono: 986 228 088, en horario de 09.00h a 13.00h
- Por correo electrónico: emao@vigo.org
Lémbrase que a exposición "No(i)roeste. A Reserva Occidental" estará aberta ata o día 27 de marzo, no Espazo EMAO, de luns a venres, de 19.00h a 21.00h
Inscríbete!!!
"Noiroeste. A Reserva Occidental", representa a sétima edición da Bienal do
Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidada xa como
referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle
un enfoque singular que fixera visible a actualidade e percorrido desta
especialidade artesá. Nesta edición, trabállase a idea da pegada do oficio no noroeste peninsular, unha referencia xeográfica consolidada e á altura doutras máis coñecidas e recoñecidas.
Marroquineiros, zapateiros, guarnicioneiros, artistas do
coiro, zoqueiros, trenzadores... Oficios que sobreviven no nordés, a
reserva occidental que forman Galicia, Asturias, Castela e León e o
norte de Portugal, e que desde hai algo máis de trinta anos viven un
momento especial de traballo, creatividade, innovación e de compartir
coñecementos.
En febreiro de 2013 a EMAO comezou un proxecto que
naceu como algo esporádico, pero que se consolida nesta sétima edición
da “Bienal do Coiro” como unha cita imprescindible para coñecer máis e mellor o mundo do coiro. Desde hai 13 anos cada Bienal articúlase en catro ideas fundamentais:
Con
esta sétima edición da "Bienal de Artesanía en Coiro", a artesanía máis
próxima a Vigo, "a de quilómetro cero", visita a EMAO cos mellores
artesáns do
Noroeste da península ibérica. Unha nutrida representación de artesáns
de Galicia, pezas que hai 25 anos marcaron un antes e un despois na
maneira de entender o coiro, unha representación destacada dos oficios
que manteñen vixente un material que segue vivo co tempo.
FICHA DA EXPOSICIÓN