xoves, 30 de xuño de 2022

Algunhas Fotos da Entrega de Diplomas Fin de Curso 2021-2022 [OUTRAS NOVAS]

Alumnado de Artesanía en Coiro

Alumnado de Debuxo

Alumnado de Moda e Confección  

Alumnado de Ourivería

Alumnado de Pintura

Alumnado de Cerámica Artística
 

martes, 28 de xuño de 2022

Entrega de Diplomas Fin de Estudos na EMAO 2021-2022 [OUTRAS NOVAS]

Diploma do ano 1900
 

Este mércores, 29 de xuño ás 19:30, no Salón de Actos da EMAO farase a entrega de diplomas por parte do Excmo. Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero Álvarez ao alumnado que remata os cursos de Perfeccionamento II e Superior das distintas especialidades que se imparten na nosa Escola.

Reunión da Comisión de Valoración dos Proxectos de Fin de Estudos na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 

Durante o día de hoxe e mañá mércores, a Comisión de Valoración de Proxectos de Fin de Estudos, seleccionará, de xeito libre e motivado -previo o informe escrito do profesor/a da especialidade-, aqueles proxectos presentados que considere de interese, valorando os seguintes apartados:
  • Fundamentación
  • Orixinalidade
  • Implicación no proxecto dos coñecementos, técnicas e destrezas adquiridos polo alumno/a durante a súa formación.
  • Interese e relevancia que ten no marco da especialidade.
  • Capacidade intrínseca do proxecto de xerar novo coñecemento ou fixación de aptitudes e actitudes
  • Coherencia e viabilidade
  • Viabilidade económica
  • Deseño e presentación
  • Adaptación á modalidade de titoría
  • Creatividade e implicación

A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto.

Máis información

luns, 27 de xuño de 2022

Presentación do Libro "Fraternidad Europea" de Manuel Blanco Desar [OUTRAS NOVAS]

 

Esta tarde na hemeroteca o economista e politólogo Manuel Blanco Desar presenta o seu libro Fraternidad Europea, nun acto no que intervirán, ademais do autor, a vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade da UVigo, María Isabel Doval, e o profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública, Celso Cancela.

A presentación insírese nas actividades da Cátedra Unesco Educación Transformadora: Ciencia, Comunicación e Sociedade.

Fotos da Conferencia "Retos da Universidade de Vigo" por Manuel J. Reigosa [OUTRAS NOVAS]

Visita dos Americanos á Escola [OUTRAS NOVAS]



 

O xoves pasado un grupo de persoas provenientes de EEUU, Irlanda e Paíxes Baixos visitaron a nosa Escola, especialmente interesados na construción de instrumentos musicais tradicionais galegos.

mércores, 22 de xuño de 2022

Conferencia "Retos da Universidade de Vigo" por Manuel J. Reigosa [OUTRAS NOVAS]


Xoves, 23 de xuño ás 19:30 na hemeroteca

Fotos da Montaxe da Exposición Sen Título [ESPAZO EMAO]


Foto do Grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo na Hemeroteca [OUTRAS NOVAS]

 

O grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo que onte fixo unha homenaxe ao escritor Domingo Villar cunha lectura das súas obras, na nosa hemeroteca.

Exposición no Espazo EMAO: Sen Título [ESPAZO EMAO]

 

Inaúgurase unha nova exposición no Espazo EMAO cos mellores traballos de aula do curso 2021-2022. Na que participan as especialidades de: CAIM Gaita, CAIM Zanfona, Cerámica, Coiro, Debuxo, Escultura, Moda, Ourivaría, Pintura e Serigrafía.

SEN TITULO:

A ausencia dun título nunha obra de arte permite ao observador facerse unha imaxe mental e unha opinión do significado da obra, sen corromper o que representa mediante unha palabra ou palabras. A linguaxe multiplícase e o que podería ser unha imaxe única, convértese nunha amálgama de percepcións libres e sen contaminar.

UBI MOTUS:

Mostrar o proceso de traballo, os resultados que estamos a ter en cada aula, é o obxectivo desta exposición sen nome e non o ten porque está en proceso, sen concluír, en metamorfose, así é a cotiandade destes espazos de creación e aprendizaxe .

Ao ESPIDO:

Abrir as portas dos obradoiros da escola e ensinar ao público por onde estamos a camiñar, é un acto de despojamiento, de quedar en coiros, pero tamén de sinceridade, de trasparencia, sen ambaxes .

UBI EMAO IBI MOTUS

CRÉDITOS

Título: Sen Título

Lugar: Espazo EMAO (Sala de Exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo). Edificio Anexo da EMAO, entradas pola rúa Pontevedra e Rosalía de Castro.
Datas: do 23 de xuño ao 30 de setembro de 2022.
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Emma G. Pintos e Darío A. Basso, mestres das especialidades de Moda e Confección e Pintura da EMAO, respectivamente.
Cartaz: Federico Fernández.
Produción e montaxe: Equipo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, Área de Educación, Concello de Vigo  
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
 

martes, 21 de xuño de 2022

Homenaxe a Domingo Villar dun Grupo do Voluntariado Cultural do Concello de Vigo [OUTRAS NOVAS]


 

Esta tarde ás 19 horas o o grupo de Voluntariado Cultural do Concello de Vigo, estará na nosa hemeroteca  homenaxeando ao escritor Domingo Villar Vázquez, cunhas lecturas  do autor falecido o pasado 18 de Maio.
 
Actividade ABERTA ao PÚBLICO

luns, 20 de xuño de 2022

Premio Internacional "Jesús Núñez" de Arte Gráfica [OUTRAS NOVAS]


 

A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio internacional de arte gráfico “Jesús Núñez”


Poderán optar ao premio todas as persoas maiores de idade calquera que sexa a súa nacionalidade, que non obtivesen o premio nas cinco edicións anteriores, e que presenten obras que non fosen presentadas anteriormente a ningún outro concurso ou certame.

Dous accesits consistentes cada un deles en bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.
Cada artista poderá presentar un máximo dunha obra, en calquera das disciplinas das técnicas gráficas: gravado calcográfico, litografía, serigrafía, xilografía e as súas derivacións.
As obras presentaranse asinadas, sen enmarcar e ao dorso deberá figurar o nome e apelidos do autor, e o ano da súa realización.
As medidas do papel non excederán de 76 x 112 cm e o tamaño da mancha imprimida será, como mínimo, de 28 x 28 cm. O grosor das obras non poderá superar 1 cm.

Premios:
Primeiro premio de 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC.
Dous accesits consistentes cada un deles en bolsa de matrícula dun módulo do Máster de Obra Gráfica impartido pola Fundación CIEC.

O prazo de presentación de solicitudes  rematará o día 30 de xullo de 2022
Máis información no BOP da Coruña do 5 de maio de 2022 e en www.dicoruna.es/cultura/premios
 
Bases e solicitude de participación

Fotos da Conferencia "EMAO e cidade. Fotograma do presente e escenarios para un futuro" [VENRES DA EMAO]


Rafael Ojea Pérez e José Luis Mateo Álvarez



Fotos da Conferencia do Forum IEV "A Seña Adolecida" por Mariña López Rodríguez [OUTRAS NOVAS]

 




xoves, 16 de xuño de 2022

Fotos da Entrega do II Premio de Relatos Exeria do Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro [OUTRAS NOVAS]

Gañador Xosé Alfredo Naz Fernández




Finalista Alberte Momán
Mª Luisa Abad (secretaria do xurado)
Anxo Cabada (Presidente Ateneo Atlántico)
Fundación Xoán Piñeiro
Trío de vento da  Orquesta Clásica, Celia, Iria  e Raúl


mércores, 15 de xuño de 2022

Os carteis de cine de Muñoz Bachs [SERIGRAFÍA]


Muñoz Bachs  é considerado o principal e prolífico expoñente da Escola Cubana do Cartel Cinematográfico, movemento artístico que rompeu coas normas tradicionais desta linguaxe gráfica. Ademais de autor de máis de mil carteis cinematográficos, Muñoz Bachs foi pintor, ilustrador de revistas e de preto de vinte libros para nenos e debuxante de historietas imprimindo un estilo moi persoal coas súas serigrafías, recoñecibles e de incuestionables valores estéticos coma, por exemplo, co símbolo da persoaxe de Charlot ou coa utilización de caligrafía manual. 









" Os artistas cubanos do cartel, do afiche, libres da idea fixa da incitación comercial, tratan de levar un arte á rúa, alí onde todos o vexan".
(Alejo Carpentier, Cine Cubano, nº 54-55, 1969)

Laboratorios de Verán da Orquesta Clásica de Vigo na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 

A Orquesta Clásica de Vigo organiza os Laboratorios de Verán 2022, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos. 

Laboratorio de Son (do 4 ao 15 de xullo): trátase dunha micro-residencia na que experimentar coa música e o son a través de instrumentos insólitos e das novas tecnoloxías. Non é preciso coñecemento de música. Prazas: 30. Lugar: Hemeroteca da EMAO.

Laboratorio de Orquesta (do 18 ao 22 de xullo): pretende xerar un proceso de colaboración a través da práctica grupal.  
Prazas: 6 ou 10 violíns primeiros, 6 ou 10 violíns segundos, 4 ou 6 violas, 6 ou 8 violonchelos e 3 ou 5 contrabaixos. Non obstante, poderanse realizar solicitudes de vento madeira, vento metal e percusión.
Lugar: Salón de Actos da EMAO.
 
 

Conferencia "A Seña Adolecida" por Mariña López Rodríguez [OUTRAS NOVAS]


 Xoves, 16 de Xuño ás 19:30
na
Sala-Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios

martes, 14 de xuño de 2022

Entrega do II Premio Exeria [OUTRAS NOVAS]


 ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO 2º CERTAME EXERIA
Mércores 15 de xuño, 19 horas

Entrada aberta previa solicitude de invitación en ateneoatlantico@gmail.com

O certame, cunha dotación económica de 1000 euros e un bronce de Cuqui Piñeiro para o gañador, e de 500 euros para un accésit, foi convocado polo Ateneo Atlántico en colaboración coa fundación Xoán Piñeiro e co patrocinio de Bodegas Terras Gauda e Eduardo Vieira S.A.

Máis información

Bibliografía para a Cerámica Contemporánea [BIBLIOTECA]

 


Xa está ao dispor dos nosos usuarios/ as Transgresións cerámica contemporánea, o catálogo da exposición temporal sobre a nova colección de cerámica contemporánea do Museu do Disseny de Barcelona que complementa a xa existente, que na actualidade conta con máis dun milleiro de obxectos e duascentas trinta autorías diferentes. Cortesía do noso mestre de cerámica artística Miguel Vázquez que incorpora unha das súas obras á colección do Museo. Entre as novas incorporacións destacan tamén outros dous ceramista galegos: Xabier Toubes e Paula Ojea, ademais doutros autores como Madola, María Oriza, Anxo Garraza, Sophie Aguilera, Maria Bofill, Yukiko Kitahara e Roger Coll.


Miguel Vázquez. Sen título, 2009. Serie Víricos (Gres e metal)

Tamén está a dispor dos nosos usuarios/as o catálogo da exposición temática "Transversalitats en cerámica contemporània" que tivo lugar no Museu del Càntir d'Argentona. En cuxa colección están algúns dos mellores autores do mundo no amplo panorama da cerámica contemporánea. A orixe desta colección está nas exposicións feitas desde 1994 durante a feira de cerámica e as obras que foron doadas ao Museo do Càntir durante o congreso da Academia Internacional de Cerámica celebrado en Barcelona en 2016. Na que tamén hai unha obra de Miguel Vázquez.