A Orquesta Clásica de Vigo organiza os Laboratorios de Verán 2022, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos.
Laboratorio
de Son (do 4 ao 15 de xullo): trátase dunha micro-residencia na que experimentar coa música e
o son a través de instrumentos insólitos e das novas tecnoloxías. Non é
preciso coñecemento de música. Prazas: 30. Lugar: Hemeroteca da EMAO.
Laboratorio de Orquesta (do 18 ao 22 de xullo): pretende xerar un proceso de colaboración a través da práctica grupal.
Prazas:
6 ou 10 violíns primeiros, 6 ou 10 violíns segundos, 4 ou 6 violas, 6
ou 8 violonchelos e 3 ou 5 contrabaixos. Non obstante, poderanse
realizar solicitudes de vento madeira, vento metal e percusión.
Lugar: Salón de Actos da EMAO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!