Xa está ao dispor dos nosos usuarios/ as Transgresións cerámica contemporánea, o catálogo da exposición temporal sobre a nova colección de cerámica contemporánea do Museu do Disseny de Barcelona que complementa a xa existente, que na actualidade conta con máis dun milleiro de obxectos e duascentas trinta autorías diferentes. Cortesía do noso mestre de cerámica artística Miguel Vázquez que incorpora unha das súas obras á colección do Museo. Entre as novas incorporacións destacan tamén outros dous ceramista galegos: Xabier Toubes e Paula Ojea, ademais doutros autores como Madola, María Oriza, Anxo Garraza, Sophie Aguilera, Maria Bofill, Yukiko Kitahara e Roger Coll.
Miguel Vázquez. Sen título, 2009. Serie Víricos (Gres e metal) |
Tamén está a dispor dos nosos usuarios/as o catálogo da exposición temática "Transversalitats en cerámica contemporània" que tivo lugar no Museu del Càntir d'Argentona. En cuxa colección están algúns dos mellores autores do mundo no amplo panorama da cerámica contemporánea. A orixe desta colección está nas exposicións feitas desde 1994 durante a feira de cerámica e as obras que foron doadas ao Museo do Càntir durante o congreso da Academia Internacional de Cerámica celebrado en Barcelona en 2016. Na que tamén hai unha obra de Miguel Vázquez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!