luns, 13 de xuño de 2022

Escola de Verán da EMAO 2022 [ADMINISTRACIÓN]

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de cursos de Verán a realizar entre os días 5 e 23 de xullo de 2021, dirixidos ás persoas interesadas non matriculadas actualmente na EMAO, que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos. 

[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]

CURSOS QUE SE CONVOCAN

DEBUXO ARTÍSTICO E MODA E CONFECCIÓN: “DEBUXANDO TENDENCIAS”

Impartido por Federico Fernández e Emma González, mestres destas especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa interesada
Datas: do 11 ao 21 de xullo de 10:00 a 13:00 horas (non fin de semana)
Duración: 36 horas
Obxectivo: Curso de interdisciplinaridade entre os obradoiros de Debuxo e Moda e Confección, no que nos centraremos en achegar o debuxo como forma de expresión na moda. Traballaremos con recursos do debuxo coma a liña e a mancha para expresar pezas de roupa. As proporción do corpo humano, o lugar da prenda no corpo, a analise de tendencias.. Ademáis trataremos a representación de tecidos, as texturas e caidas, costuras, adornos... Toda a información que pode dar un debuxo a un deseño de moda. Sairemos tamén a rúa para debuxar a figura humana captando as tendencias actuais.

Programa:
Obxectivo xeral: Achegamento básico ao debuxo aplicado ao figurín de moda: O obradoiro consiste na realización dunha serie de exercicios que axuden o alumnado a representar a figura humana como recurso de aplicación no deseño de prendas de roupa.
Contidos

  • Breve radiografía da ilustración de moda analizando imaxes dos grandes ilustradores da historia da moda. 
  • Coñecer a morfoloxía do corpo humano, e aplicala aos figuríns de moda.
  • Coñecer os tecidos, texturas, caidas e enrrugas, e complementos e representalos por medio do debuxo. 
  • Representar os elementos dunha peza de roupa ( Costuras, peches, petos, colos, mangas...) 
  • Coñecer e aplicar as texturas visuais relativas os tecidos de roupa partindo de moldelos reais 
  • Utilizar a liña, a mancha e as texturas visuais para a representación das formas.

Material a aportar polo alumnado:Block de debuxo acuarela formato A4.  Lapis HB e 2B. Goma. Pequena caixa de acuarelas. Pincel de carga de auga. Estilógrafo negro 0,2 ou 0,4.

Alumnado máximo: 15

SERIGRAFÍA ARTÍSTICA: “INTRODUCIÓN Á SERIGRAFÍA” 
 
Impartido por Alba Pardo, mestra da EMAO desta especialidade.Destinatarias: Calquera persoa interesada. Non se precisan coñecementos previos.
Datas: do 6 ao 18 de xullo, de 10 a 14:00 horas (non fin de semana) 
Duración: 36 horas 
Obxectivo: Achegamento básico ao mundo da serigrafía artesanal mediante técnicas fundamentais e as súas posibilidades expresivas.

Programa:
- Equipo, ferramentas e materiais básicos. 
- Preparación de pantaias.
- Limpeza, emulsionado, insolado e revelado.
- Rexistro.ImpresiónRecuperación de pantallas.

Material a aportar polo alumnado: Rotuladores opacadores, cinta adhesiva, acetato tamaño mínimo A3, papeis e telas para estampar.
A orientación sobre a adquisición e características do material realizarase na primeira sesión do curso. 

Alumnado máximo: 10

ARTESANÍA EN COIRO: “MOLDEADO ESTIVAL”

Impartido por
 Pepe Pereira mestre desta  especialidade na EMAO
Destinatarias: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos.
Datas: do 6 ao 15 de xullo, de 9:30 a 14:00 horas (non fin de semana)
Duración: 36 horas
Obxectivo: Aproveitando a calor do mes de xullo imos a realizar unha serie de pezas decorativas coa técnica do moldeado. O curso consistirá nunha aproximación ó coiro e as súas propiedades físicas; imos aproveitar a capacidade de adaptación ás superficies e a rixidez que se obtén cando seca: no mes de xullo os procesos serán máis rápidos e efectivos. Realizaranse cuncas, xarróns e colgantes.

Programa:
- ¿Qué é o Coiro?
- Tipos de coiro curtido.
- Moldeado decorativo.
- Molde e contramolde
- Ahormado.
- Moldeado efímero (con area)

Material a aportar polo alumnado: o material necesario apórtao a EMAO

Alumnado máximo: 10

CAIM-ZANFONA: “VERNIZADO A MONEQUIÑA” 

Impartido por
Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarias: Calquera persoa interesada
Datas: do 6 ao 21 de xullo, de 9:00 a 12:00 horas(non fin de semana)
Duración: 36 horas
Obxectivo: Prácticas de vernizado mediante a técnica tradicional de selado con pedra volcánica Pedra pómez

Programa:

- Elaboración dunha raspilla con restos de cinta de serra
- Preparado da táboa para a aplicación do verniz. (raspillado e lixado)
- Selado dos poros da madeira
- Elaboración do verniz
- Carga de verniz e lustrado

Material a aportar polo alumnado: Táboa de madeira de nogueira negra americana (600mm x 200mm x 10mm) / 2 pregos de lixa de grao 400 / 2 pregos de lixa de grao 600 / 2 pregos de lixa de grao 1000 / 
2 botes plásticos con dosificador e tapa.

Alumnado máximo: 8

OURIVERÍA E CAIM GAITA: “TÉCNICAS DE TORNEADO APLICADAS Á OURIVERÍA” 

Impartido por Sandra de Jesús e Carlos Corral, mestres da EMAO destas especialidades
Destinatarias: persoas interesadas. Non se precisan coñecementos previos
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10 a 14 horas (non fin de semana)
Duración: 36 horas
Obxectivo: Este curso céntrase na aprendizaxe das técnicas de limado e torneado. A través dunha serie de exercicios básicos, a man e co torno, o alumnado aprenderá estas técnicas para poder elaborar unha peza da súa elección e deseño propio, un centro de colar ou un broche a partir de barra de latón.

Programa:

Obxectivos:

Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos do traballo co torno e do limado a man.
Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Ourivaría, centrándonos na técnica de limado.
Aprender o manexo do torno e aplicación práctica de torneado con lima
Crear unha peza rematada (broche ou centro de colar) coas técnicas descritas e con un torneado de deseño propio.
Se da tempo poderíamos decorar a peza final con un engaste en tubo de unha circonita.
Contido:
Explicación do funcionamento dos talleres e a sua maquinaria e ferramentas
Explicación dos exercicios que serviran de práctica para o aprendizaxe.
 Explicación e práctica das técnicas e procedementos que imos a tratar
Construción da peza final de deseño propio
Aplicación da articulación e peche que precise a peza, e acabados finais.
Metodoloxía teórico-práctica:
Materiais e ferramentas a empregar
Técnicas básicas de ourivaría para traballar o metal
Técnicas básicas de torneado mecánico para traballar o metal
Recrudecemento e recocido do metal
Conformado do metal
Construción de tubo
Sistema de peche para o broche e sistema de articulación para o colar
Engaste en tubo (se dera tempo)
Acabados e montaxe

Material a aportar polo alumnado: Os materiais e consumíbeis que empregarán terán un custe aproximado de 12€ que se mercarán en conxunto, o primeiro día de curso se lles indicará o que precisan.

Alumnado máximo: 8 

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA E PINTURA: "NATUREZA GRAVADA" (A abstracción da paisaxe como recurso expresivo para o gravado en técnicas mixtas) 

Impartido por Rosa García e Darío Basso, mestres da EMAO das especialidades 

Destinatarias: persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición 

Datas: do 11 ao 26 de xullo, de 10 a 13 horas (non fin de semana) 
Duración: 36 horas 
Obxectivo: Traballaremos a idea da paisaxe como concepto abstracto, a través do gravado como recurso expresivo. Traballaremos con técnicas mixtas que nos achegarán ao gravado en relevo e o calcográfico; adquiriremos os recursos necesarios, o coñecemento, a aplicación de conceptos, linguaxes, métodos e técnicas que nos levarán á produción de obra gráfica como vía de expresión artística.

Programa:

A obra seriada, principios xerais:
- Clasificación das técnicas gráficas de gravado e estampaxe
Iniciación aos conceptos de gravado e estampaxe.
O monotipo. A imaxe impresa non seriada.
O gravado en relevo:
- Antecedentes históricos. A xilografía ao longo da historia, materiais , procesos e infraestruturas.
- O linograbado
- A Xilografía.
- O gravado calcográfico:
O collagraph
Carborundum
Material a aportar polo alumnado: Material de debuxo, 2 linóleo, 4 acetatos, cúter, tesouras, papel de calco, papel de gravado. As necesidades poden variar algo en función do desenvolvemento do curso.
Alumnado máximo: 10
--------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN E CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración: 36 horas 
Datas: entre o 5 e o 26 de xullo de 2022.  Horario de mañá (consúltense datas e horarios específicos) 
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo 
Prazas limitadas: ver número máximo de alumnos/as en cada curso

Inscrición
Ata o 1 de xullo
Gratuíta. O alumnado so correrá cos gastos de material que se indica en cada un dos cursos.
Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles para ser admitido/a): 
  • No "Asunto": [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso

Admisión de solicitudes

  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2021-2022
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto. 
  • A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude, ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.

1 comentario:

  1. Ola,
    Estou enviando a información ó mail que indicades, e venme devolto con esta mensaxe:
    "A mensaxe non se entregou Produciuse un problema ao entregar a túa mensaxe a emao@vigo.org. Consulta os detalles técnicos abaixo.
    Esta foi a resposta do servidor remoto:
    550 High probability of spam"

    Hai algunha solución?

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!