CURSO 2022-2023
CONVOCATORIA XERAL DE NOVO ACCESO
Xa se pode consultar e solicitar a pre-inscrición nas especialidades da EMAO que se convocan no curso 2022-23:
- Artesanía en Coiro
- Cerámica artística
- Construción artesanal de Instrumentos musicais (CAIM Zanfona)
- Construción artesanal de Instrumentos musicais (CAIM Gaita)
- Debuxo artístico
- Deseño e encaixe de Palillos
- Moda e confección
- Pintura
- Serigrafía artística
- Talla e escultura en madeira
- Ourivería
A. PRE-INSCRICIÓN E MATRÍCULA
1. ALUMNADO SOLICITANTE DE NOVO INGRESO
1. Preinscrición
A solicitude de pre-inscrición nas prazas ofertadas (apartado F) realizarase:
Por internet: na web-EMAO (curso 2022-23, apartado: "Preinscrición alumnado de novo ingreso").
A pre-inscrición pode realizarse vía Internet (é a opción máis doada e que recomendamos) pulsando aquí.
Tamén é posible realizala presencialmente nas oficinas da EMAO, en horario de 9:00 a 14:00 h. (laborables de luns a venres, agosto pechado.
O listado de persoas pre-inscritas exporase no tabolerio oficial de anuncios da EMAO e na web-EMAO. Darase un prazo de un día, para presentar reclamacións ao listado.
A pre-inscición para o acceso por convalidación a niveis superiores, realizarase a partir do día 8 de xullo, despois da publicación da convocatoria específica para este tipo de acceso.
Rematados os prazos indicados no apartado C da Convocatoria -no caso de que existan máis solicitudes ca prazas ofertadas- realizaranse probas de acceso para asignar as prazas agás nas especialidades de Pintura e Debuxo, nas que se asignarán por sorteo entre as persoas solicitantes cuxa solicitude sexa válida, conforme ao procedemento que se establece nas Convocatoria publicada.
Unha vez finalizado o prazo de pre-inscrición exporase no Taboleiro e na web-EMAO a relación definitiva de admitidos, clasificados por especialidades e cursos.
2. Matrícula
As persoas solicitantes finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente, para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte e foto carnet.
A non formalización da matrícula no prazo indicado na Convocatoria, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de acceso (se é o caso). [...]
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!