mércores, 22 de xullo de 2020

Presentación da especialidade Artesanía en Coiro [COIRO]


¿Quen somos?
Somos a especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, a EMAO. Somos un centro de formación non regrada para adultos onde a partir dos 16 anos se pode cursar a especialidade, que ten dous itinerarios:
-Itinerario de Mañá: 1 clase á semana de catro horas de duración, durante tres cursos (Iniciación, Perfeccionamento 1 e Perfeccionamento 2).
-Itinerario de Tarde: 2 clases á semana de 5 horas de duración (10 horas semanais), durante dous cursos (Básico e Superior).

Tanto nun itinerario como noutro, unha vez que se remate, pódese acceder voluntariamente ó nivel Avanzado, no que se desenvolve un proxecto aprobado previamente durante un curso.

Repuxado de Isabel Arjones.
















A carga horaria resultante sería a seguinte:

Mañá
Iniciación
144h
Perfeccionamento 1
144h
Perfeccionamento 2
144h
Avanzado
70h
Total
502h
Tarde
Básico
350h
Superior
350h

Avanzado
70h
Total
770h

Ó final de cada curso o alumno será avaliado coa cualificación de APTO/NON APTO.
Unha vez finalizada a especialidade o alumno poderá solicitar un certificado que acredita o número de horas de formación recibidas.

¿De onde vimos?
Excursión a Guimaraes.
O traballo do Coiro na nosa Escola segue unha tradición que comeza a finais dos anos corenta do século XX, a especialidade entón denominada “Repujado en Cuero”, que estaba incluída no bloque das “Enseñanzas para la Mujer”. Dende entón a Escola foi un referente nesta técnica, e as súas mestras Andrea Castro, Mercedes Pérez Trigo e Virginia González teñen a consideración de Mestras Artesás no Oficio.
En Maio de 2010 a Xunta Rectora do Organismo Autónomo aprobou a modificación do nome da Especialidade e os seus contidos, pasando a chamarse “Artesanía do Coiro”. Dende entón ampliamos o abano de técnicas e materiais cos que traballar sen perder de vista o referente histórico que herdamos.
Dende o ano 2013, ademais, na Escola realizamos actividades coma exposicións, conferencias, clases maxistrais, visitas culturais… e ademais estamos presentes en redes sociais coma Facebook (O Coiro da Emao) ou Instagram (coiro_emao), amosando o que estamos a facer cada día na aula.

Textura experimental co asfalto de García Barbón.

¿A onde imos?
A especialidade de Artesanía en Coiro ten tres obxectivos, que son: coñecer a tradición, desenvolver a innovación e que creza a imaxinación.
A nosa idea é que o alumno que remata a nosa especialidade sexa quen de desenvolver pezas de coiro dende o seu deseño ata o seu acabado, e para iso os contidos que impartimos son os seguintes:
- Coñecer o Coiro, saber diferenciar entre os tipos de curtido e saber escoller o máis adecuado para as necesidades da peza.
- Coñecer e diferenciar os oficios vinculados ó traballo do Coiro.
- Coñecer os diferentes tipos de ferramentas, e incluso fabricar algunha.
- Coñecer e aplicar técnicas decorativas (Repuxado, Labrado, Tallado, Gravado, Incisado, Mateado, Costuras decorativas, Tinguido ou Policromado).
- Coñecer e aplicar técnicas construtivas (Costura, Modelado, Moldeado, Tallado, Trenzado…).
- Coñecer o traballo de grandes Mestres Artesáns actuais e históricos.

Todo isto aderezado cunha dose moi grande de bo humor e paixón polo Coiro.
Se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto connosco e axudarémosvos: artesaniadocoiro@gmail.com.

Esperamos vervos en setembro, mentres tanto que pasedes un bo Verán.




Cabeza de Turco de Antonina Kadyrova

Caixa de Javier Aballe

Peza gañadora do concurso de Nadal 2019. Lúa Fernández.

Coiro Tallado.

Xarróns Moldeados con area. 2020

Ferramentas realizadas nun Monografico.

Pratos moldeados. Curso Extraordinario 2019.

Proxecto Curso Avanzado de Iria Menacho.

Probas con Costuras decorativas. 2020.

Experimento de Moldeado ó baleiro. 2020.




Repuxado. 2019.


Jim Linnell na EMAO.

Louis Landwehr na nosa aula.

Michael Nadeau no Espazo EMAO.

Tim Swainson.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!