luns, 20 de xullo de 2020

El Taller, Impresiones Serigráficas [SERIGRAFÍA]

Viviana e Alejandro son dous apaixonados do oficio serigráfico e así o amosan día a día cos seus traballos no obradoiro El Taller Impresiones Serigráficas. Cabe destacar a súa enorme xenerosidade ao compartir en redes sociais os procesos de elaboración que demostran a experiencia de 20 anos de profesión, na nosa aula somos moi fans. Tíñamos preparada unha charla con eles no programa didáctico Venres na Emao que tivo que ser aprazada, como xa sabedes, polo confinamento. Desexamos voltar a reunirnos con eles no curso próximo.
No seu taller fan un servizo personalizado que permite imprimir produción sen mínimos axustándose ás necesidades do cliente e asesorando dende o deseño, a preimpresión a parte técnica (tintas, acabados, etc.). As súas impresións destacan por ser manuais, baseadas na serigrafía tradicional e artesá.
 Aquí deixo algúns exemplos, recomendo vivamente visitar as súas redes sociais, sobretodo ao facebook onde publican vídeos dos procesos: Facebook El Taller e a súa Web.

 Estampado téxtil para a diseñadora Susana Fall, pasarela Samsung Ego, fotografias de Vogue Magazine:
Proceso de elaboración da serigrafía téxtil


Indumentaria e calzado deseñados por mónica Bastón. Tea estampada por El Taller Impresiones Serigráficas:

Camisetas para o grupo musical Los Planetas:

Aquí deixo algúns enlaces aos vídeos do proceso de serigrafía téxtil para varias marcas:
Serigrafías para D-Due
Serigrafías para La Canalla
Serigrafía para Nuvi&éxfico
Serigrafías para Cabeza Peixe
Serigrafías para Leonlagata

Algúns exemplos de obra gráfica sobre papel:
El Taller Impresiones Serigraficas 5 colores, 50x70 cms, sobre cartulina negra de 250 grs, edición limitada, para o artista Alfredo Olmedo



O ano pasado organizaron unha mostra de obra gráfica en serigrafía:




Grandes apertas a Viviana e a Alejandro, esperamos retomar esa charla pendente!!
Ánimo, saúdos e moita tinta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!