Tal día como hoxe, un 22 de xullo, nacían dous grandes artistas, Edward Hopper no ano 1882 e Alexander Calder en 1898.
Edward Hopper (1882-1967) é un dos máximos representantes do realismo
estadounidense, e non hai nada máis americano que a súa obra, que mostra
escenas contemporáneas rurais ou urbanas, personaxes solitarios, aínda
rodeados de xente, figuras en silencio que retratan á perfección este
occidente cada vez máis deshumanizado. A pesar de que durante gran parte da súa vida a súa obra pictórica non
recibiu a atención da crítica nin do público e viuse obrigado a
traballar como ilustrador para subsistir, na actualidade as súas obras
convertéronse en iconas da vida e a sociedade moderna.
Para os interesados na súa vida e obra podedes consultar na nosa biblioteca:
Edward Hopper, 1882 - 1967 : transformaciones de lo real / Rolf Günter Renner.-- Hong Kong, Köln, Madrid, etc. : Taschen, cop. 2002
Alexander Calder (1898-1976) escultor estadounidense coñecido por ser o inventor do móbil (esculturas cinéticas colgantes) e precursor da escultura cinética. Recoñecido principalmente polas súas esculturas, tamén creou pinturas, gravados, miniaturas (como o seu famoso Cirque Calder), escenografía, xoias, tapices, alfombras e carteis políticos. Un factor interesante e novo foi o son, e tívoo presente nas súas obras,
xa que as súas estruturas chocaban unhas con outras. Ademais
interesouse polas sombras que proxectaban os seus móbiles, tan
cambiantes como a súa peza en si, polo que empezou a coidar a
iluminación dos espazos expositivos.
Os interesados na súa vida e obra podedes consultar na nosa biblioteca:
Alexandre Calder, 1898 - 1976 / Jacob Baal-Teshuva.-- Hong Kong, Köln, Madrid, etc. : Taschen, cop. 2003
Con Calder / Daniel Lelong ; traducción de Milena Busquets.-- Barcelona : Elba, D.L. 2012
Vídeos:
Eu tamén nacín un 22 de xullo, humildemente..😶
ResponderEliminar