Os primeiros Ukiyo-e , "pinturas do mundo flotante" ou "estampas xaponesas", apareceron no século XVII na cidade de Edo (actual Tokio). Trátase de xilografías de gran expresividade que tratan de amosar o efémero, fugaz e transitorio da vida da época nun mundo que flúe, de aí o nome de pinturas do mundo flotante. O ukiyo-e era accessible posto que grazas a técnica xilográfica podía ser producido de forma económica e masiva e polo tanto chegar a gran cantidade de público.
![]() |
Hiroshige, intermedio de kabuki, 1820 |
A temática principal eran escenas da vida cotiá nas cidades, escenas históricas, paisaxes, estampas de flores e animais nas diferentes estacións do ano. Especialmente grande era a demanda de escenas sobre as casas públicas e os teatros onde os habitantes de Edo buscaban diversión e recreo: estampas de cortesás e geishas, así como as mozas que servían nas casas de té, que se designan co termo xenérico bijin-ga (cadros de mulleres fermosas). Pero tamén eran moi cobizados os yakusha-e, estampas de actores interpretando papeis coñecidos dentro do teatro kabuki.
Máis adiante os temas políticos e imaxes sobre individuos dos estratos baixos da sociedade foron prohibidos, pasando así a ser temas raramente elaborados. O sexo foi tamén un tema prohibido, pero aparecía de forma continua nos impresos ukiyo-e. Algúns artistas e editoriais foron sancionados por crear impresos ukiyo-e con escenas de sexo explícito, tamén coñecidos como shunga.

![]() |
Okada Takuya no Takahashi studio recreando a gran ola de Hokusai. |
Hishikawa Moronobu,
converteuse nun artista moi influente en anos posteriores á década de
1670, facía estampas monocromas de tinta chinesa e despois aplicaba as
cores á man.
A estampaxe con tacos de madeira chegaron a Xapón
procedentes de China probablemente no século VIII. Os experimentos para estampar en cor comezaron en Xapón a principios do século XVII. Moitas estampas de liñas negras foron coloreadas a man despois da impresión pero a estampaxe en cor con pranchas de madeira separadas para cada cor desenvolveuse co nishiki-e.
O nishiki-e é un tipo de impresión xilográfica xaponesa con múltiples cores, técnica empregada principalmente no ukiyo-e. Foi inventada nos anos 1760, sendo perfeccionada e popularizada polo gravador Suzuki Harunobu, que realizou numerosos gravados nishiki-e entre 1765 e a súa morte cinco anos despois.
Antes de existir esta técnica, a maioría de gravados eran en branco e negro, ou coloreados á man ou coa adición dun ou dous tacos de tinta de cor. Unha estampa nishiki-e créase gravando un taco de madeira diferente para cada cor, e facendo cadrar despois os rexistros un tras outro.Cortesá nunha galería, de Suzuki Harunobu (entre 1760-1770) |
A mediados do século XVIII a cromoxilografía (nishiki-e) alcanza o seu explendor con artistas como Utamaro, Hokusai, Hiroshige ou Sharaku. As imaxes de Katsushika Hokusai representaban sobre todo paisaxes e natureza. As súas Trinta e seis vistas do monte Fuji foron publicadas a partir de 1831.
![]() |
Emaki Vista panorámica do río Sumida (a ponte de Ryōgoku), de Katsushika Hokusai (colección do Museo Sumida Hokusai). |
En 1842 as imaxes de cortesás, geishas e actores foron prohibidas. Con todo, as imaxes cos devanditos motivos rexurdiron novamente cando foron permitidas outra vez.
Durante a era Kaei (1848-1854), moitos buques mercantes estranxeiros arribaron a Xapón. O ukiyo-e dese tempo reflectía os cambios culturais dese período.
![]() |
Yoshitoshi, Inabayama no tsuki (Lúa da montaña Inaba: o mozoToyotomi Hideyoshi encabeza un grupo de asaltantes ao castelo da montaña Inaba), 1885. |
"A Yoshitoshi recoñéceselle o mérito de ter insuflado vida ao xénero ukiyo-e durante o período Meiji,
nun momento en que a introdución de innovacións occidentais como a
fotografía e a litografía parecían converter en obsoletos aos gravados
en madeira. Foi o impulsor de varias innovacións na técnica de impresión
e introduciu un estilo de debuxo máis occidental, a miúdo representando
tamén a europeos e figuras en vestimenta europea. Ademais da súa
virtuosa serie Os cen aspectos da Lúa, Yoshitoshi é tamén coñecido polas súas cruentas escenas de asasinatos e aparicións." Reportaxe Cinco grandes figuras da xilografía xaponesa.
Posteriormente á Restauración Meiji en 1868, Xapón abriu as súas portas ás importacións de Occidente, incluíndo técnicas fotográficas e de impresión. As cores de plantas naturais utilizados no ukiyo-e foron remplazados por colorantes químicos importados de Alemaña. A pesar de que o ukiyo-e, sendo remplazado en gran parte pola fotografía, foi pasando de moda en Xapón, este converteuse en fonte de inspiración en Europa para o Cubismo e varios outros artistas impresionistas, como Monet, Degas, postimpresionistas, como Van Gogh, modernistas como Klimt, fauves como Matisse e moitos outros. Esta influencia foi coñecida como o xaponismo.
Esquerda: Hiroshige,xardín de ameixeiras en Kameido. dereita: Van Gogh, Japonaiserie: Ameixeiro en flor. |
Hiroshige, A ponte Ōhashi en Atake baixo unha choiva repentina. dereita: Van Gogh, Japonaiserie: Ponte baixo a choiva. |
Esquerda: Hiroshige, Interior do santuario Kameido-Tenjin (Tokio) Dereita, abaixoo: Hokusai, Bajo a ponte Mannen en Fukagawa, arriba: Claude Monet, Estanque de nenúfares, harmonía en verde. |
Video UNED: Tokaido, a mirada do artista.
Video entrevistas UNED: Ukiyo-e.
No século XX, durante os períodos Taishō e Shō wa, o Ukiyo-e experimentou un renacemento nas formas dos movementos shin hanga e sō saku hanga. O shin hanga —literalmente "novos impresos"— xerouse en gran parte para ser exportado aos Estados Unidos. Inspirado polo impresionismo europeo, os artistas incorporaron elementos occidentais tales como os efectos de luz e as expresións dos estados de ánimo individuais, pero enfocados estritamente en temas tradicionais. O shin-hanga ("novas impresións", "novos gravados en madeira") revitalizou a arte tradicional do ukiyo-e arraigado nos períodos Edo e Meiji (século XVII ao XIX). Mantivo o sistema tradicional de colaboración do ukiyo-e onde o artista, gravador, impresor e editor divídense o traballo, en oposición ao sō saku-hanga (impresións creativas), movemento que defendía os principios da "auto-elaboración (jiga)", "auto-tallado (jikoku)" e "auto-impresión (jizuri)", segundo a cal o artista, co desexo de expresar o eu, é o único creador de arte. O movemento floreceu ao redor dos anos 1915 e 1942, que foi cando se renovou brevemente entre 1946 e a década de 1950. Inspirado polo impresionismo europeo, os artistas incorporaron elementos occidentais tales como os efectos da luz e a expresión de estados de ánimo individuais, pero centrouse en temas estritamente tradicionais de paisaxes, lugares famosos, mulleres, actores do kabuki, aves e flores.
O principal editor foi Watanabe Shozaburo, a quen se lle acredita a creación do movemento. Entre os artistas importantes deste período atópanse Shinsui Ito e Kawase Hasui, quen foi nomeado Tesouro Nacional Vivente polo goberno xaponés.
O movemento menos coñecido sō saku hanga —literalmente "impresos creativos"— seguía o concepto occidental do que debía ser a arte: o produto da creatividade dos artistas, máis primordial a creatividade que o proceso artesanal. Tradicionalmente os procesos de facer ukiyo-e como o deseño, o tallado, o impreso e a publicación, estaban separados e eran realizados por diferentes persoas, cada unha altamente especializada no seu labor; o sō saku hanga buscaba que o artista estivese involucrado en todas as etapas de produción. O movemento foi formalmente establecido coa creación da Sociedade Creativa Xaponesa de Impresión en 1918, con todo, o seu éxito comercial non foi tan marcado, dado que os coleccionistas occidentais preferían as vertentes xaponesas máis tradicionais do shin hanga.
![]() | |
Utagawa Kuniyoshi, Toshiyori no yauna wakaihito da (Moza que parece anciá), Museo Conmemorativo de Arte Ōta de Ukiyo-e |
A onda de Hokusai.
Enlace a imaxes de estampas xaponesas ukiyo-e da Biblioteca dixital Hispánica. Biblioteca Nacional.
Wikipedia. Utagawa Hiroshige [en línea]. Wikipedia, La enciclopedia libre, 2020 [fecha de consulta: 8 de julio del 2020]. Disponible en <https://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Utagawa_Hiroshige&oldid=127073471>.
Woodprints. Met Museum.
http://www.ukiyoe-gallery.com/
https://ukiyo-e.org/
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!