Ex Libris
Pequenas xoias gravadas
Ex libris pertencente á familia Brandenburg |
Os exlibris volven estar de moda. Calcúlanse uns 10.000 coleccionistas en todo o mundo que se encargan de preservar esta antiga arte.
Dende a antigüidade ata os nosos días a estampa como marca, selo (familiar, institucional, dinástico...) coa que aqueles lidos ou que posuían grandes cantidades de libros querían deixar clara a súa pertenza, utilizando unha marca que os identificase como da súa propiedade e déixase testemuño do seu amor polos libros. Así se crearon estas pequenas obras de arte que grandes artistas realizaron ao longo da historia.
Segundo a RAE
Del lat. ex libris; literalmente 'de entre los libros'.
1. m. Etiqueta o sello grabado que se estampa en el reverso de la tapa de los libros, en la cual consta el nombre del dueño o el de la bibliotecaa que pertenece el libro.
Ex libris Harold G. Averill. Xilografía, Fernand Chalandre, 1919. British Museum |
Pero esta marca de propiedade realizada xeralmente nunha matriz xilográfica ten unhas regras claras que debe cumprir:
Colócase no reverso da cuberta ou na tapa do libro.
O nome do posuidor vai precedido da expresión latina ex libris (de entre os libros de...).
A ilustración é unha Alegoría que debe facer referencia á personalidade do destinatario, que debe estar vivo no momento de realizarse a estampa.
Se a estampa está dirixida a unha colección de libros eróticos, música ou medicina, referénciase como ex libris erotici, ex libris musici...
Todas estas regras as marca a FISAE. Os seus prezos roldan os 1500-2000€ dos que se adoitan facer tiradas de 100 a 200 exemplares que se entregan ao propietario destruíndo despois o ferro matriz.
Así é como traballan artistas actuais como Martín Olieti, Pilar Jodar e Francoise Marichal de quen tiven o pracer de ser alumna de xilografía.
Ex libris para Colmeneiro Ruiz. Xilografía Francois Marechal |
As orixes do ex libris podémolas atopar nunha pequena matriz de barro cocido e esmaltado en azul con inscricións jeroglíficas que se conserva no British Museum de Londres, pertencente ao faraón Amenofis III, esta é a primeira matriz que é considerada un distintivo de posesión, que se insería nas caixas de rolos de papiros pertencentes ao faraón. Escríbanos mesopotámicos tamén deixaban constancia ao final dunha obra ademais do título e autor, o nome da propiedade.
Ex libris faraón Amenofis III. British Museum |
Na Idade Media os ex libris comezan a colocarse nas bibliotecas como marca de propiedade pero é coa invención da imprenta cando estas pequenas obras de arte gravadas alcanzan o seu maior esplendor con obras de artista como Durero que realizan estas estampas por encargo para identificar a identidade dos exemplares dun coleccionista.
Ex libris pertencente a Jerónimo Ebner. Alberto Durero |
Ex libris para Lorca. Dalí |
Ex libris para Nelson A. Rockefeller. Picasso |
Ex libris para a Sección Vienesa. Xilografía, Gustav Klimt |
Incluso unha nova adaptación do xénero cara aos novos modos de publicación leva a José Manzano a crear un novo termo os ex webis para identificar páxinas web como propias. Podería ser a marca dun novo formato cambiando o analóxico polo dixital, aínda que o tacto e o relevo do papel desas pequenas xoias quedaría perdido na pantalla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!