venres, 24 de xullo de 2020

Xavier Monclús [OURIVARÍA]

A xoiaría de Xavier Monclús é cotiá e divertida.
Este artista barcelonés que actualmente reside en Menorca 
inspírase 
nos obxectos cotiáns e no mundo que o rodea
para realizar unha xoiaría figurativa, onírica e poética 
que nos introduce nun mundo acolledor e sereno. 

Broche "Welcome House" 2017 - prata e esmalte pintado

As súas obras, normalmente realizadas en prata,
son miniaturas figurativas con proporcións e perspectiva libre, 
enriquecidas con texturas e cor onde incorpora múltiples materiais como  
plástico, madeira, cobre, obxectos encontrados, etc.

Computadora básica 2003 -  prata,  plástico e esmalte pintado

Broche - prata e acrílico

Aquarium. Serie Everyday Containers, 2009 -
prata, madeira e esmalte pintado


Colgante "Casa cabrona" 2016 -
prata, madeira, cordón, acrílico e esmalte pintado. 
Broche "Carrot and Rabbit Corral" 2011 -
prata, prata oxidada, madeira, papel, plástico e esmalte pintado. 
A maioría das pezas de Xavier Monclús son broches e colgantes, 
pero tamén ten series de aneis e pendentes.
Aneis "Magnum" 2016 -  prata, madeira e pintura acrílica.

Pezas "Dinky Jewels Collection" 1995 -
Prata, prata oxidada, esmalte pintado

Pezas "Dinky Jewels Collection" 1995 - 
Prata, prata oxidada, esmalte pintado

As súas obras son narrativas e ás veces cun toque de humor, 
sempre divertido e xenial.  


Broche "Poison Male & Poison Female" 2013 -
Prata, madeira, acrílico e esmalte pintado.

Broche "National Geographic" 1994 -
Prata, ouro, latón, madeira, papel, pintura acrílica e esmalte pintado.

Broche "Le Poisson Anti-Pollution" 1997 -
Prata, latón, ouro e esmalte pintado.


Broche "Es Llop de Mar de Binisafua" 2013 -
Prata, prata oxidada, bronce e esmalte pintado.

A seguir podedes ver dous vídeos do artista



Espero que vos guste e vos inspire o traballo deste artista,
e coa peza que tedes a continuación deséxovos un feliz verán!! ;D 

Colgante "Sa fresca a Alcaufar" 2016 - prata, cordón e esmalte pintado. 
Grazas pola visita ;D

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!