xoves, 30 de xullo de 2020

Pesentación do Taller de Pintura da EMAO. Mestre: Darío Basso [PINTURA]

Taller de Pintura EMAO.

BAUHAUS

1. ¿QUE?
1.1 - A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas, que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies, aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material. É unha linguaxe universal que utiliza o ser humano para transmitir mensaxes, conceptos e inquietudes persoais.
1.2 - Para isto é necesario coñecer con profundidade a técnica que necesitamos utilizar para que o diálogo co outro sexa claro e conciso.
1.3 - Na aula de pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios aprenderemos como falar coas imaxes, adquirindo, coa práctica e a teoría, os fondos coñecementos que os nosos mestres, ao longo Historia e ata os nosos días, ofrécennos co seu traballo e así atopar a nosa propia voz.
1.4 - Pintar é un instrumento para pensar e reflexionar, ao mesmo tempo para soñar e despois materializar a túa propia paisaxe; nesta aula traballamos xuntos para axudarnos a construíla e, ao mesmo tempo, construírnos.
1.5 - Crear sen ensinar, sen expoñer, nin expoñerse, é como falar en silencio, e hai técnicas precisas para conseguilo; pois ben, aquí ofrecémoschas.
1.6 - A domus da pintura (o taller), é o espazo onde a creación habita, hai que coidala, conservala, consentila... na nosa aprenderás a facelo.
1.7 - Convidámoste a formar parte do noso equipo de aprendizaxe, cun único obxectivo: imaxinar, inventar, coñecer, producir, mellorar para facer e facernos mellores.

BAUHAUS
2. ¿COMO?
2.1 - Priorizamos o proceso creativo.
2.2 - Excelencia técnica e rigor.
2.3 - Procura de optimización de resultados.
2.4 - Práctica da interdisciplinariedade.
2.5 - Favorecemos a autonomía do alumnado, útil para a vida profesional.
2.6 - Provemos de coñecementos de Historia de arte antiga, moderna e contemporánea, como instrumento para desenvolver un pensamento crítico. 
2.7 - Ofrecemos instrumentos para desenvolver unha carreira profesional.
2.8 - Promovemos a utilización das novas tecnoloxías como ferramenta de traballo e de comunicación.
2.9 - Utilizamos medios de comunicación social para ampliar coñecementos (fora do horario lectivo), de xeito eficaz, práctico e cómodo.
2.10 - Con outra maneira de entender a arte e a pedagoxía.
BLACK MOUNTAING
3. ¿ONDE?
3.1 - Nun espazo inspirador, luminoso e diáfano de 200 m2. Con todos os instrumentos necesarios para o ensino e práctica da arte.
3.2 - Nun dos máis apreciados e belos edificios no corazón de Vigo.
3.3 - Cunha extraordinaria biblioteca e sala expositiva.
3.4 - Compartindo o edificio con compañeiros/as das outras especialidades creativas, o que axuda a interactuar.


EMAO
BIBLIOTECA
AULA

Non perdas esta oportunidade e apúntate á creación máis punteira.

Darío Basso.

2 comentarios:

  1. Gracias maestro por su implicación con la escuela. Tuve la oportunidad de estar en Berlín en el año 90 y visitar un pequeño museo, del cual no recuerdo el nombre, y conocer a Corbusiere,Kandinsky, Paul Klee....y empatizo con vd en cuanto al edificio, a las aulas y, cómo diría, su amigo Tono,al sanamiento que supone la actividad dentro de ella. Contamos con vd para que nos instruya en cómo llevar a cabo nuestras inquietudes. Gracias

    ResponderEliminar
  2. Maestro Darío, qué suerte van a tener tus alumnos, eres un magnífico profesor. Muchas gracias por tus enseñanzas!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!