martes, 28 de xullo de 2020

¿Queres desenvolver o teu proxecto técnico ou creativo nos talleres da EMAO? [ADMINISTRACIÓN]

Arquivo da EMAO. Debuxo de alumno de calderería
da Escola de Artes e Oficios. ca. 1897
Se tes altos coñecementos e/ou experiencia dentro dos campos propios das nosas especialidades, agora podes, sen ter sido previamente alumno/a da EMAO, presentar o teu anteproxecto dentro dunha delas, acceder ao noso Nivel Avanzado e desenvolver o teu proxecto técnico e/ou creativo nos nosos talleres, en réxime de titoría e presencial durante o curso 2020-21.

¿Quen pode presentarse?

Calquera persoa, fose ou non anteriormente alumno/a da EMAO, que dispoña e poida acreditar altos coñecementos/ capacidades/ experiencia/ estudos demostrados ou actividade profesional ou artística actual ou pasada nalgunha das especialidades seguintes:

[Tamén, se queres, podes acceder por convalidación aos outros  niveis  superiores do noso Plan de Estudos]

¿Que tipo de proxectos se admiten?
  
Dentro dalgunha ou varias destas liñas
  • Investigación
  • Produción
  • Creación
  • Ampliación de coñecementos
[Ver características e información de que debe conter o proxecto, na convocatoria do Nivel Avanzado 2019-20 (válida para 2020-21), aquí]

¿En que consiste na práctica?

O anteproxecto e currículum presentado no prazo que se indica na convocatoria avaliáse previamente polo profesor/a da especialidade que, se é o caso, dá a súa conformidade e o/a solicitante, matricúlase oficialmente no "Curso avanzado" 2020-21.
Ver Convocatoria xeral do curso 2020-21 (Apartado 3, ver acceso a Nivel Avanzado)

. O desenvolvemento do proxecto realízase:
  • Cos materiais propios do/a solicitante utilizando tamén, se os necesita, os recursos (útiles, maquinaria, ferramenta...) do taller da EMAO e, se así o precisase, do resto dos talleres coa colaboración, se é o caso, dos mestres das outras especialidades
  • A presencia no taller será os venres de 16:00 a 18:00 horas, ampliable ata as 20:00 se o proxecto o precisa. Esta presencia poderá flexibilizarse de común acordo co titor do proxecto.
  • O mestre/a da especialidade coloborará en réxime de titoría e apoio para acadar un bo fin do proxecto.
  • Ao remate, tralo informe favorable do mestre/a, certifícase a realización deste nivel.
  • Se é o caso e houbese un resultado material na súa finalización, poderá formar parte da exposición anual de proxectos de fin de estudos que se produce dada ano e se exhibe no Espazo EMAO.

¿Que trámites son necesarios para inscribirse?

Exclusivamente por correo electrónico, dirixido a emao@vigo.org, cos seguintes apartados obrigatorios:
  • Asunto: Convocatoria acceso novo ingreso por convalidación nivel Avanzado da especialidade de 
  • Corpo da mensaxe: 
  • Nome e apelidos e DNI do/a solicitante
  • Solicita ser admitido/a no nivel Avanzado, na especialidade de _____________ 
  • Correo-e no que recibir as notificacións 
  • Incluirase, en arquivo adxunto ao correo, o currículum vitae (no que se indicará, se é o caso, as referencias do perfil en internet), copia escaneada dos méritos alegados e anteproxecto.
          Prazo: ata o 4 de setembro de 2020
          Comezo: 14 de setembro de 2020
          Fin: 30 xuño 2021

Enlaces útiles

Convocatoria xeral do curso 2020-21 (Apartado 3, ver acceso a Nivel Avanzado)
Exposicións anuais de proxectos no Espazo EMAO (vide enlaces: "Proxectos ano x")

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!