mércores, 9 de outubro de 2024

Gladys Muñoz e os seus ex libris [SERIGRAFÍA]

Este venres 11 de outubro contaremos coa presenza de Gladys Muñoz na hemeroteca da escola onde organizaremos unha charla informal sobre a técnica dos ex libris. Gladys iniciou os seus estudos na Escola de Belas Artes Rogelio Yrurtia e na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón na que se graduou como profesora de gravado. Estudou técnicas de litografía no Taller Experimental de Gráfica da Habana. Participou en exposicións e bienais de gravado, nacionais e internacionais, individuais e colectivas na disciplina de ex libris. Participou e recibiu premios en competencias e exposicións nacionais e internacionais de gravado entre os que destacan: 

II Salón Internacional de Miniprint, Rosario, Arxentina (2002). 
Concurso Internacional O Espírito de Gdansk Arquitectura, Polonia (2009).
XIV Bienal Internacional de pequeno formato e ex libris, Ostrów, Wielkopolski (2011). 
Terceiro Concurso Internacional de Ex libris Biblioteca Pública de Opole, Polonia (2012).
 Terceiro Concurso Internacional de Ex libris Benedek Elek, Biblioteca de Debrecen, Hungría. 
Quinta Bienal Internacional de Ex libris e Mini-Print, Boguszów-Gorce, Polonia (Primeiro premio por ex libris e premio especial ao conxunto de obras enviadas. Competición Internacional de Ex libris Kosciuszko, Wroclaw, Polonia (2012). Competición Internacional de Ex libris Riešè Gymnasium, Lituania (2013). 
Oitava Competición Internacional de Ex libris Xilográficos Pawel Steller, Katowice, Polonia (2012 e 2013). 
VII Competencia Iberoamericana de Gravado Xylon, Arxentina (2014). Bienal Internacional de Pequeno Formato e Ex libris, Ostrów Wielkopolski (Mencións, 2014 e 2016). 
Bienal Internacional de Ex libris e Contratalla, Tarragona, Catalunya, España (Mencións, 2010, 2011, 2016 e 2017) Concurso Internacional de Ex libris do Quixote, Contratalla, Tarragona, Catalunya, España. 
(Mención, 2016). III Concurso de Ex libris Subotica 2017, Serbia (Mención).
The Forth International Prints & Ex libris, Chang Zhou Wu. (Premio á dedicación e excelencia, 2018).

luns, 7 de outubro de 2024

11-10-2024. Venres da EMAO presenta Ex-Libris por Gladys Muñoz [SERIGRAFÍA]

Gladys Muñoz é unha artista formada en varias escolas de Belas Artes de Arxentina, onde obtivo o título de profesora de gravado. Afondou na técnica litográfica no Taller Experimental da Habana e participou en diversas exposicións internacionais de gravado, con premios e mencións de honra en ex libris. Neste encontro Gladys falaranos do que é un ex libris e amosaranos procesos de elaboración de gravado en relevo e policromía a prancha perdida.

Presentado por Alba Pardo (mestre de Serigrafía artística da EMAO)
Data: 11 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

8-10-2024. Presentación do libro "As 3 vidas e as 4 mortes de Roberto Seoane" de Serafín Parcero [ATENEO ATLÁNTICO]


 

Fotos da Proxección do documental "Na procura do son perdido. A zanfona na transición" [VENRES EMAO]


Resumo en imaxes das outras actividades culturais recentes na EMAO [OUTRAS NOVAS]

 2-10-2024. Conferencia: Que é a Psicanálise? por Sarah Glendinning.


1-10-2024. Homenaxe a María Xosé Porteiro [ATENEO ATLÁNTICO]

 


19-9-2024. Conferencia "Acuicultura e investigación: consumo seguro e sostible do peixe" por María Saura [FORUM IEV] 

 

luns, 30 de setembro de 2024

4-10-2024. Venres da EMAO presenta o documental "Na procura do son perdido. A zanfona na transición" [CAIM ZANFONA]


Os "Venres da EMAO" retoman a súa programación neste novo curso 2024-2025 da man da especialidade Construción artesanal de instrumentos musicais (CAIM) Zanfona, coa proxección deste interesante documental, producido polo Consello da Cultura Galega, dirixido por Ramón Pinheiro Almuinha e realizado pola Central Folque.

Voces Ceibes, o Movemento da Canción Popular Galega, o celtismo, o espertar da Música Antiga, a investigación e rehabilitación do instrumental tradicional e histórico, as recollas dos cantos de transmisión oral ... os principais movementos renovadores da música galega durante a Transición están atravesados por un interese pola música tradicional e en particular por un instrumento cun valor simbólico incontornable que vive durante o periodo unha particular atención polos novos intérpretes: a zanfona.

Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: 04 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

2-10-2024. Que é a Psicanálise? [OUTRAS NOVAS]


 


Charla de introdución á psicanálise por Sarah Glendinning. Unha oportunidade para coñecer de preto esta disciplina, que segue sendo tan relevante para comprender os misterios da mente humana e o comportamento.

venres, 27 de setembro de 2024

1-10-2024. Homenaxe a María Xosé Porteiro [ATENEO ATLÁNTICO]

 

O Ateneo Atlántico organiza un acto de recoñecemento a María Xosé Porteiro como Socia de Honra do Ateneo. 
O Ateneo Atlántico ten instaurado un acto anual de recoñecemento a un persoeiro da sociedade galega.
Se en anos anteriores o nomeamento de ‘Soci@ de Honra’ recaía en personaxes tan dispares como Xosé Manuel Beiras ou Elvira Landín, nesta ocasión, e por unanimidade, a Xunta Directiva optou pola figura de María Xosé Porteiro.
No acto, que se celebrará o martes 1 de outubro, ás 19 horas na biblioteca de EMAO intervirán destacadas compañeiras e compañeiros de María Xosé, como Víctor Freixanes, Amada Traba, Manolo Bragado, LLerena Perozo e Alberto Avendaño.

xoves, 26 de setembro de 2024

138 Aniversario da creación da Escola de Artes e Oficios de Vigo [OUTRAS NOVA

 

Tal día como hoxe hai 138 anos abría as súas portas a Escola de Artes e Oficios de Vigo, o acto inaugural tivo lugar un domingo 26 de setembro de 1886 na rúa do Circo número 3, o orador Eduardo Chao, que fora Ministro de Fomento no terceiro Goberno de I República con Salmerón en 1873, resume a concreta finalidade da nova escola con estas palabras: "Será esta Escola o complemento da instrución primaria, complemento que..., fará máis perfecto e fácil, fecundo e produtivo o seu traballo; que excitará e levará o espírito de empresa cara a elementos naturais da nosa atrasada Galicia contribuíndo a emancipala do estranxeiro

Ante o éxito da iniciativa, axiña foron insuficientes os locais elixidos para a súa sede na rúa do Circo (hoxe Eduardo Iglesias). Consciente da necesidade de dar cobertura ás crecentes necesidades de formación e ao propio éxito da implantación da Escola, no ano 1900 José García Barbón fai xenerosa doazón á cidade dos edificios que albergarán ata os nosos días a EAO. Ao tempo, créase a primeira Biblioteca Pública de Vigo e o Concello de Vigo pasa a ser o xestor e principal financiador da Institución. Un dos seus primeiros directores, Fernando García Arenal, fillo da inesquecible Concepción Arenal, testemuña a relación expresa da EAO coa filosofía e práctica da ILE. 

No momento da súa creación veu encher o baleiro na formación da clase obreira que existía no sistema educativo, os seus obxectivos foron a formación técnica dos obreiros, o perfeccionamento dos seus oficios e a compensación das carencias educativas de moitos dos seus alumnos, pero o feito indiscutible é que contribuíu de xeito decisivo ao desenvolvemento ecónomico e cultural da nosa cidade. 

Na actualidade, a nosa centenaria escola continua o seu labor educativo, hoxe máis inclinada ao ensino da arte e dos oficios artísticos, disposta como sempre a prestar a nosa cidade un servizo no ámbito formativo das persoas ao longo da súa vida.

martes, 24 de setembro de 2024

BOA VIAXE MOTOO ISHIWA [OUTRAS NOVAS]

Hoxe estamos tristes por compartir con vós a perda do noso alumno e amigo Motoo Ishiwa. Motoo chegou de Xapón a España como músico flamenco, profesión que o levou a compartir escenario con algúns dos grandes. Na súa madurez despois de moito percorrido acabou instalándose en Vigo onde non dubidou en seguir desenvolvendo as súas afeccións artísticas na Escola de Artes e Oficios, nas aulas de Escultura e Talla e Ouriveria, pero como persoa inqueda con ganas de aprender, de investigar, de ampliar coñecementos e de compartilos, foi doado atopalo nalgunha outra aula da Escola preguntando polas diferentes técnicas e vendo o que se cocía nos talleres deste vello edificio. 

Un estudante excepcional cheo de experiencias enriquecedoras que nos trouxo alegría, compañeirismo, creatividade e bo facer. Boa viaxe Motoo, es parte da nosa memoria.

martes, 3 de setembro de 2024

Sorteo e Probas de Acceso para o Ingreso na Escola Municipal de Artes e Oficios. EMAO [ADMINISTRACIÓN]

 

Este venres 6 de setembro remata o período de preinscrición nas prazas ofertadas para o curso 2024-2025 nas diferentes especialidades que se imparten na EMAO.

O calendario será o seguinte:

10 de setembro: Publicación listados solicitantes novo ingreso. 
16 de setembro: sorteo para inscrición de alumnado de novo ingreso (só especialidades de Pintura e Debuxo artístico) ás 12,00h da mañá, na Biblioteca da EMAO. 
16-18 setembro: Celebración das probas de acceso. Calendario e horarios: Todas referidas a setembro de 2024. Máis información
 

Especialidade

Data

Letras (*)

Hora

Lugar (Aula)

ARTESANÍA EN COIRO

16/09/24

Do A ao M

16,00h

Aula Pintura


16/09/24

Do N ao Z

17,00h

Aula Pintura

CAIM ZANFONA

16/09/24

Todos/as

16,00h

Aula CAIM

MODA E CONFECCIÓN

16/09/24

Do A ao F

16,00h

Aula Debuxo


16/09/24

Do G ao M

17,00h

Aula Debuxo


16/09/24

Do N ao Z

18,00h

Aula Debuxo

CAIM GAITA

17/09/24

Todos/as

16,00h

Aula CAIM

SERIGRAFÍA

17/09/24

Do A ao G

16,00h

Aula Debuxo


17/09/24

Do H ao Z

17,00h

Aula Debuxo

OURIVARÍA

17/09/24

Do A ao G

16,00h

Aula Pintura


17/09/24

Do H ao Z

17,00h

Aula Pintura

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA

17/09/24

Do A ao M

16,00h

Aula Talla e escultura


17/09/24

Do N ao Z

17,00h

Aula Talla e escultura

DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS

18/09/24

Todos/as

16,00h

Aula Pintura

(*) As letras que aparecen citadas refírense ao primeiro apelido das persoas solicitantes de praza, incluíndo á totalidade das persoas cuxo apelido comece pola letra indicada.

 
24 de setembro: Listas de admitidos de novo ingreso despois do sorteo e probas de acceso.
24-30 de setembro: Matrícula alumnado novo ingreso.
1 de outubro: Comezo do curso para todo o alumnado.

venres, 5 de xullo de 2024

Mostra dalgúns dos proxectos presentados á convocatoria do Nivel Avanzado para o Curso 2024-2025 [ADMINISTRACIÓN]


A proposta da Comisión de Valoración de Proxectos a esta convocatoria do Nivel Avanzado para o curso 2024-2025, unha escolma dos proxectos máis sobranceiros dos presentados estarán expostos todo o verán nas vitrinas do corredor, tamén como exemplo e referente de cómo se debe de presentar unha candidatura a este nivel.
Os proxectos elexidos pertecen ás especialidades de Artesanía en coiro, Debuxo artístico, Deseño e encaixe de palillos, Ourivaría, Pintura, Serigrafía artística e Talla e escultura en madeira.

Aquí tedes o listado dos proxectos expostos:

Artesanía en Coiro:

Myrt de Raquel Álvarez González  

Debuxo artístico:

Benditos bares de Rosalía Piñeiro Martín
Diario de guerra de Beatriz de Labra Álvarez
Mírame bién de Beatriz Táboas Fontán
 
Deseño e encaixe de palillos:
 
El hilo conductor de Perrine Chassagne
 
Ourivaría.
 
Un mundo en miniatura de Helen Archoleka González 
Orballo de Ana María Bastero Davila

Pintura:

Cenizas de cristal. Iluminismo poético de Mª Victoria Abreu Sernández
Micro-Arte de Pamela Besada Juarez.

Serigrafía artística:

Caldo's de Melania González García
Chulo de Ismael Alphonzo Solorzano
Mis soportes by Fenosita por Rosa Ana Poyán Araujo
Una nueva vida con arte por Elisabet Pérez Casco

Talla e escultura na madeira:
 
Arte ecológico. Mar & Tierra por Susana López-Coronado Carnero
O morriñento de Joel Fontán Martínez
Os camiños da auga de José Luis López López
Visible in Visible de Mª Dolores Costas Gallego


Parabéns a todos e todas.

Listado dos proxectos admitidos para o nivel avanzado do curso 2024-25

xoves, 4 de xullo de 2024

A Visita do Equipo EMAO á Fundación Serralves [OUTRAS NOVAS]

Yayoi Kusama (Matsumoto, 1929)

 
Este pasado martes a Escola de Artes e Oficios organizou unha saída cultural á cidade de Porto para visitar a Fundación Serralves, sede do Museo de Arte Contemporánea máis importante de Portugal. O Museo inaugurado a 6 de Xuño de 1999 foi deseñado polo arquitecto Álvaro Siza Vieira.
Nesta ocasión visitamos a exposición Yayoi Kusama: 1945 — Hoxe que narra a historia da vida e obra da artista xaponesa. Con cerca de 160 traballos, incluíndo pinturas, deseños, esculturas, instalacións e materiais de arquivo, esta exposición percorree a carreira de Kusama desde os seus primeiros deseños, feitos na súa adolescência durante a Segunda Guerra Mundial ata ás súas obras de arte imersivas máis recentes. Organizada cronoloxicamente e por temas, esta exposición retrospetiva conduce os visitantes a través da produción creativa de toda unha carreira, dividida por grandes tópicos: Infinito, Acumulación, Conectividade Radical, Biocósmico, Morte e Forza de Vida. 
 
Tamén visitamos a exposición Pre/Pos - Declinacións visuais do 25 de Abril que conmemora os 50 anos da Revolución dos Cravos. Nun arco cronológico de 1970 a 1977, a exposición rexistra como o universo das artes refletiu as experiencias e sentimentos que acompañaron o proceso revolucionario e como este se desenvolveu entre o entusiasmo utópico e a aprehensión contida. Exhíbense máis de 300 obras para reflexionar sobre as tensións, contradicións e os paradoxos de antes e despois deste cambio.
 
Outras exposicións que puidemos visitar foron Anagramas Improbables, que promove o diálogo entre artistas de diferentes xeracións e xeografías para contextualizar a arte lusa na escena internacional, e a dedicada ao arquitecto portugués Álvaro Siza que ten como escenario o novo edificio do museo deseñado por el. O proxecto de Ryoji Ikeda, Micro/Macro [pavilhão], un dos máis destacados compositores eletrónicos e artistas visuais do Xapón, que explota as características esenciais do propio son e de elementos visuais como a luz, tanto a través da precisión matemática como da estética matemática.
 
Unha visita moi completa na que non podía faltar un paseo polo Parque de Serralves  que ocupa unha superficie de 18 hectáreas e é composto por unha gran diversidade de magníficos espazos harmoniosamente interligados, uns preciosos xardíns onde hai especies de plantas e árbores tipicamente portuguesas, unha rosaleda, un xardín de plantas aromáticas, un lago e paseos con esculturas. Sen esquecer o Treetop Walk Serralves, un paseo entre as copas das árbores ou a visita a Casa do Cinema de Manoel de Oliveira.
 
Estas visitas inscríbense dentro do programa formativo e de relacións interinstitucionais para o profesorado e persoal da Escola. Aquí tedes algunhas fotos dunha xornada moi proveitosa.