luns, 31 de outubro de 2022
Venres da EMAO 4-11-2022. El Alcalde de Zalamea [CAIM ZANFONA]
Resumo en Imaxes das Actividades de Extensión Cultural na Biblioteca da EMAO [OUTRAS NOVAS]
Este é un pequeno resumo en imaxes da semana do 24 ao 28 de outubro...
(25-10-2022). Primeira das conferencias do Ciclo Lembrando a María Casares. Ciclo organizado polo Ateneo Atlántico
(27-10-2022). Conferencia "Vigo e o mar" por Manuel Rodríguez Vázquez organiza FORUM Instituto de Estudios Vigueses 2022.
(28-10-2022). Presentación do libro Serendos Obsolimos de Pepe Cáccamo. Venres da EMAO, Pintura.
mércores, 26 de outubro de 2022
martes, 25 de outubro de 2022
Miguel Vázquez, Ceramista Mayor [OUTRAS NOVAS]
Fernando Franco na súa sección Mira Vigo no Faro de Vigo, publica unha reseña sobre o noso mestre de cerámica Miguel Vázquez, recentemente xubilado. Nesta foto, na porta da Escola, aparece cos seus compañeiros e compañeiras de traballo durante a emotiva despedida que lle renderon xunto co seu alumnado.
Lembrarvos que no Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro), pódese visitar a exposición de Miguel Vázquez ata o 23 de decembro no horario de luns a vernes, días laborables de 19:00 a 21:00 horas.
luns, 24 de outubro de 2022
Conferencia "María Casares. A súa relación co republicanismo e co galeguismo" na Hemeroteca [OUTRAS NOVAS]
Despois do seu exilio a Francia en 1936 (era filla de Casares Quiroga, presidente do goberno da República española con Manuel Azaña) trunfou como actriz de teatro e cine española nacionalizada francesa que triunfó como exiliada en este último país, donde residió desde su juventud desde 1936, a raíz del exilio de su padre, el político Santiago Casares Quiroga, que había sido ministro y jefe de Gobierno de la Segunda República Española bajo la presidencia de Manuel Azaña.
Nacionalizada francesa en 1975, é considerada francesa por los franceses e integrou, xunto a Edwige Feuillère e Madeleine Renaud o grupo de tráxicas máis notable da súa xeración en Francia.
O ciclo estará composto por tres actividades:
María Casares, a súa relación co republicanismo e co galeguismo.
Martes 25 de outubro ás 19.30 horas.
Biblioteca da EMAO.
Con Sabela Hermida e Miguel Anxo Fernán-Vello
Memoria viva de María Casares
Martes 15 de novembro ás 19.30 horas.
Biblioteca da EMAO
Con María Lopo
Coa proxección de diversos documentos audiovisuais.
Martes 22 de novembro, ás 19 horas
Biblioteca da EMAO
Con Carmen Becerra.
Día das Bibliotecas 2022 [BIBLIOTECA]
Desde o ano 1997 cada 24 de outubro celébrase en varios países o Día Internacional das Bibliotecas. Unha data que busca resaltar a importancia que teñen estas entidades para a historia humana como resgardo da súa cultura, dos seus escritos, das súas crenzas. En España o Día da Biblioteca foi creado en
1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co
patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte en recordo da destrución
da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
A ilustradora e autora de cómics Xulia Vicente (A Coruña, 1993) foi elixida este ano para deseñar o cartel conmemorativo.
Venres da EMAO 28-10-2022. Presentación do libro Serendos Obsolimos de Pepe Cáccamo [PINTURA]
Participarán no acto, ademais do autor e o editor, os escritores Gonzalo Navaza –autor el mesmo de obra literaria de liña experimental- en función de presentador e os escritores Rexina Vega e Xavier Rodríguez Baixeras, que, na compaña de Pepe Cáccamo, lerán poemas de serendos obsolimos.
martes, 18 de outubro de 2022
Fotos da montaxe da Exposición de Miguel Vázquez [ESPAZO EMAO]
Inauguración este venres 21 de outubro ás 19:00 no Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro).
Pódese visitar desde o 21 de outubra ata o 23 de decembro no seguinte horario: de luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas .
Presentación do libro "A Sociedade de Amigos da Arte de Vigo. Unha década de actividade cultural (1931-1941)" de José Luis Mateo Álvarez [OUTRAS NOVAS]
Este xoves 20 de outubro ás 19:30 presentación na hemeroteca do libro "A Sociedade de Amigos da Arte de Vigo. Unha década de actividade cultural (1931-1941)" de José Luis Mateo Álvarez, editado polo Instituto de Estudios Vigueses.
luns, 17 de outubro de 2022
Exposición do cerámista Miguel Vázquez no Espazo EMAO, 21 de outubro-23 de decembro [ESPAZO EMAO]
Este venres 21 de outubro ás 19:00, inauguración no Espazo EMAO da exposición "Os formatos aleatorios veñen dados polas sucesivas mutacións que sufriu o módulo" sobre a obra do ceramista contemporáneo Miguel Vázquez, ata hai uns días mestre de cerámica artística na nosa Escola.
Esperámosvos!!!
Catálogo (calidade alta)
venres, 14 de outubro de 2022
Visita de estudantes Erasmus [CAIM GAITA]
Onte, día 13 de outubro, tivemos o pracer de recibir no obradoiro a un grupo de 6 estudantes polacos, concretamente orixinarios de Byalistok, que se atopan de ERASMUS no noso país.
Acompañados por Xaime Estévez, e a pesares de non ter ningunha vinculación especial coa música, amosaronse moi interesados, e nalgúns casos sorprendidos, polos nosos instrumentos e música tradicional, incluso algúns deles atrevéronse a facer sonar o ORGANISTRUM que temos na escola, dende que no ano 1.984 fixeramos unha reproducción totalmente funcional.
A continuación tedes una pequena mostra gráfica da súa estadía con nós.
xoves, 13 de outubro de 2022
mércores, 12 de outubro de 2022
Despedida ao mestre Miguel Vázquez [OUTRAS NOVAS]
Foron moitos os alumnos e exalumnos desta especialidade que onte achegáronse á Escola para despedirse del, unha merecida homenaxe, ao mestre, ao artesán e ao artista que é.
As túas compañeiras e compañeiros de traballo desexámosche o mellor. A túa nova vida comeza agora. Estás no momento perfecto para facer todo aquilo que che apaixona. Feliz xubilación, Miguel! Botarémosche de menos!
Grazas a todos e todas os que colaboraron para facer de onte un día inesquecible.
Aquí tedes algunhas fotos para o recordo...