luns, 10 de outubro de 2022

Venres da EMAO 14-10-2022. La Canalla al Rescate [MODA]



Patricia e Fran crean La Canalla  onde traballan dende 1997 de xeito artesanal, con tecidos ecolóxicos, orgánicos ou sobrantes de produción, dando unha nova vida a excedentes téxtiles que, no circuíto convencional, houberan acabado no lixo. Forman parte de Artesanía de Galicia. Estan comprometidas co téxtil galego e activamente implicadas no oficio da costura.
Son costureiras por tradición familiar, o seu pai era tapiceiro creativo e a súa nai é artista téxtil. Fan pezas únicas [prendas de muller, home e sen xénero, e complementos: tocados, bolsos, cintos], prendas a medida, vestiario escénico e laboral e roupa de cama eticamente bella, feita en Galicia, en algodón orgánico.

Fan tamén suprareciclaxe dende LACANALLAalrescate: recuperan prendas con valor emocional ou de calidade para darlles unha nova vida; interveñen sobre a súa estrutura, textura, acabados… transformándoas en pezas contemporáneas.
Teñen unha fonda ancoraxe na indumentaria tradicional, de calquera época e lugar, e trasladan a pezas de deseño a sinxeleza das súas estruturas, a trazabilidade dos seus materiais e o seu gusto polo ornamento coma elemento identitario (adoitan aplicar a técnica do patchwork i estampane bordan a man moitas das súas pezas).  

 
 
Envorcan a súa relación natural entre Moda e Cultura nas súas coleccións, no traballo escénico e no eido da formación, a través de actividades e obradoiros en centros de ensino, institucións, organizacións socio-culturáis e, con carácter académico, nos 13 anos de docencia de Patricia en Esdemga.
Levan anos rexistrando a memoria téxtil individual e colectiva a través de accións e obradoiros. Facendo esta memoria consciente a utilizan para crear. O téxtil é parte da súa traxectoria vital dende que chegan ao mundo. Piden á xente que escreba ou debuxe a prenda que lembran, con maior valor emocional, sobre un tecido en branco; con él desenvolven series limitadas de prendas que conteñen a súa pegada gráfica.

Neste 2022 cumpren 25 anos, un carto de século que celebran traballando, con novos encargos, colaboracións, vestiarios escénicos, rescates...e moitos proxectos que aínda aniñan no maxín. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!