sábado, 29 de xaneiro de 2022

78. Belkis Ayón. As primeiras colografías. CAP 2 [PINTURA]

Belkis Ayón (A Habana, 1967-1999).

DATAS: 16 de novembro de 2021 – 18 de abril de 2022
LUGAR: Museo Reina Sofía (Madrid). Edificio Sabatini. 3a Planta.
ORGANIZACIÓN: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en colaboración con Belkis Ayón.
COMISARIADO: Cristina Vives.
COORDINACIÓN: María do Castelo Cabeza.

As primeiras colografías dos anos 80:
En 1988 Ayón realiza por primeira vez colografías de gran formato ensamblando ata nove secciones impresas e preséntaas na exposición Propuesta a los veinte años celebrada nunha galería da Habana.

venres, 28 de xaneiro de 2022

Día da Ilustración 2022 [DEBUXO]

Como tódolos anos o 30 de xaneiro celébrase o día da Ilustración en Galicia, que coincide  co nacemento de Castelao. Neste día recórdase e reivindíacase o papel dos nosos ilustradores e a súa aportación no eido da cultura galega, homenaxeando a un artista dos nosos libros ilustrados. Este ano o recordado é Reimundo Patiño, un histórico da BD galega, que xunto con Xaquín Marín, representaron a vangarda da banda galega como tal nos anos 70, cunha conciencia comprometida e puramente galega tanto nas súas historias como no seu estilo gráfico.



xoves, 27 de xaneiro de 2022

Galería Maraca [SERIGRAFÍA]


 Galería Maraca, creada por Chachachá Studio e capitaneada polo artista Raúl Bermúdez (ex alumno de serigrafía da EMAO) acolle este domingo o Día da ilustración, coincidindo co día de nacemento de Castelao. No evento convivirán actividades presenciais e actividades en liña. 

O estudo vigués Chachachá leva máis de 15 anos traballando na cidade. Posicionáronse como referentes a nivel nacional, colaboraron con grandes marcas e organizacións —Greenpeace, FOX ou Banco Santander, entre outras e crearon a revista cultural Dot. Agora tamén engaden as súas andanzas a creación desta nova galería sita na Rúa Cervantes, 13-2º. A galería está especializada en ilustración e deseño. A exposición actuall é unha mostra de obras co nexo común de ser realizadas todas na técnica de risografía por Lacóncongrelos, un taller galego, con base na Coruña, que se dedica á produción de edicións gráficas e proxectos artísticos sobre papel, utilizando técnicas de impresión manual como a serigrafía ou a impresión dixital risográfica. A exposición contará con pezas pertencentes a series limitadas realizadas no ano 2021 de artistas nacionais referentes en autoedición, obra gráfica e  ilustración, tales como: Begoña García- Alén, Edmon, Ghosttthead, Iván McGill, Julia Lago, Laura Mahía, Luís Yang, Maz, Nico Ben, Raquel Montero Estévez, Riaq Miuq e Tayone. A risografía, que é o punto de unión desta mostra, é unha técnica de impresión, con certa similitude á serigrafía, e que permite realizar obra seriada. 

XORNAL CONTRASTE - "Premio Internacional Arte y Joya 2021". BIBLIOTECA PUBLICA GARCIA BARBÓN/EMAO [OURIVARÍA]


O Xornal Contraste é unha das publicacións periódicas mensuais coas que conta a Biblioteca da Escola, está especializado no sector da Xoiaría e Reloxaría, con todas as novidades sobre actos, tendencias, marcas, proveedores, feiras, etc. 

Debe ser unha lectura obrigatoria para todos os que nos adicamos a este sector. 

No mensual de Xaneiro ao que pertence a portada da imaxe anterior gustaríame destacar o artigo referente ao Premio Internacional Arte y Joya 2021, reportaxe na que podedes ver 17 das 168 pezas de xoiaría contemporánea presentadas a este concurso.  

mércores, 26 de xaneiro de 2022

Convocatoria de Bolsas Xunta de Galicia / Fulbright para Estudos Artísticos en EE.UU. Curso 2022-2023 [OUTRAS NOVAS]


 

2ª Convocatoria de Bolsas Xunta de Galicia / Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en EE. UU. Curso 2022-2023

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convocan 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos en calquera especialidade ou área de actividade artísticas, incluídas pero non limitadas a: artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicología; museoloxía e conservación do patrimonio; e xestión cultural.

Presentación de solicitudes: Ata o 24 de marzo de 2022 na seguinte ligazón da páxina web da Comisión Fulbright.

Requisitos: Nacionalidade española; estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense; coñecemento de inglés adecuado para desenvolver o proxecto.

Dotación da bolsa: Viaxe de ida e volta e gastos varios, ata un máximo de $2.600; asignación mensual entre $1.400 e $2.760; gastos de matrícula, taxas obrigatorias e outros gastos necesarios para desenvolver o proxecto presentado ata $10.000; seguro de enfermidade e accidente.

Sesións Informativas: Mércores 2 de febreiro ás 17 h.; martes 22 de febreiro ás 17 h. e xoves 10 de marzo ás 17 h. Podes rexístrache aquí
 
Telf: 917027000

martes, 25 de xaneiro de 2022

Algúns apuntes sobre a cor [SERIGRAFÍA]

Conferencia "VIGUESES DEPORTADOS AOS CAMPOS NAZIS" o 27 de Xaneiro Día Internacional de Conmemoración Anual das Vítimas do Holocausto [OUTRAS NOVAS]


 

VIGUESES DEPORTADOS AOS CAMPOS NAZIS
Lembrar hoxe e por sempre
Día Internacional de Conmemoración Anual en memoria das vítimas do Holocausto
27 de xaneiro do 2022 ás 19:00h
na
Biblioteca da EMAO
 
Hai 77 anos, o 27 de xaneiro de 1945, o exército soviético abría as portas do inferno do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau.
No ano 2005 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas nomeou o 27 de xaneiro como día internacional de conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto.
Durante a Segunda Guerra Mundial, o réxime nazi deportou por centos de miles de persoas de diferentes nacionalidades a campos de concentración, destinados ao traballo escravo e ao exterminio. Ao redor de 9.300 españois foron confinados nos campos como prisioneiros políticos. Entre eles había máis de dous centenares de galegos, un total de quince eran vigueses. Son vidas que quedaron atrapadas entre dúas guerras e representan a derrota republicana e o racho da distancia da terra pola que loitaron para acadar unha sociedade máis libre.
 

domingo, 23 de xaneiro de 2022

A INVENCIÓN DA COR, Philip Ball. BIBLIOTECA PUBLICA GARCIA BARBON/EMAO. [PINTURA]

"A invención da cor" (Philip Ball), Editorial Turner: é unha historia luminosa da maxia escondida no lenzo do pintor.



A historia da pintura estivo influída pola dispoñibilidade ou non de determinados pigmentos e os descubrimentos científicos han tardado pouco en chegar á paleta do artista. Chea de anécdotas e apuntamentos etimológicos, A invención da cor é unha historia luminosa da maxia (e a ciencia) escondida no lenzo do pintor.


 

Tras unha breve introdución sobre algunhas das teorías que tentaron explicar o fenómeno da cor (Aristóteles, Newton, Goethe, Maxwell) o autor entra de cheo na a historia dos pigmentos usados desde a máis remota antigüidade.

Para Philip Ball a ciencia e a historia non teñen que ser necesaria- mente aburridas e áridas, ao contra- rio, na invención da cor as mostra como relatos áxiles e ben documentados, #ante os que uno non ten máis remedio que inclinar a fronte con humildade e agradecemento por todas as cousas fascinantes e marabillosas que este autor ha investigado.

Philip Ball (1962) é químico e doutor en Física pola University of Bristol e membro do departamento de Química do University College de Londres. Exerceu de editor na revista Nature e colabora con New Scientist e outras publicacións científicas. Ten unha prolífica traxectoria como autor divulgativo. En Turner publicou, entre outros, libros como Contra natura, Curiosidade, Cuántica e O perigoso encanto do invisible.





BIBLIOTECA PUBLICA GARCIA BARBON/EMAO. CAVE ART. PHAIDON [PINTURA]

CAVE ART. Editorial PHAIDON (AR.131).

O autor do libro é o eminente experto francés en arte prehistórica Jean Clottes.


Extraordinario libro, cunha gran cantidade de reproducións de altísima calidade en grandes dimensións, proporciona unha visita guiada ás covas prehistóricas europeas e revela algunhas das obras de arte máis antigas e notables do mundo.


Jean Clottes

Recoméndovos un magnifico volume da nosa Biblioteca no EMAO:


Leva ao lector a estas covas profundas e, a miúdo, xa non accesibles, que albergan espectaculares e fermosas pinturas murais de mamuts, bisontes e cabalos, así como misteriosos gravados rupestres.






https://www.phaidon.com/agenda/art/articles/2014/june/23/worlds-earliest-figurative-art-gets-unesco-status/

xoves, 20 de xaneiro de 2022

Eduardo, a Ourivería e a EMAO [OUTRAS NOVAS]


Fernando Franco na súa sección Mira Vigo no Faro de Vigo, publica unha reseña sobre a exposición "Eduardo A. Blanco e a Ourivería na EMAO" que actualmente pode visitarse na sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios, o Espazo EMAO.

A través das obras expostas de Eduardo A. Blanco queremos amosar o seu amplo traballo nas distintas disciplinas que cultiva e, con el, a excelencia e calidade acadada no labor docente pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, ofrecendo aos visitantes as múltiples formas, técnicas e materiais implicados nesta arte.


Datas: 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2022
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Federico Fernández
Documentación: José Luis Mateo Álvarez
Produción e montaxe: Eduardo A. Blanco e Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Federico Fernández

mércores, 19 de xaneiro de 2022

VIAXANDO CON YAYOI KUSAMA [TALLA E ESCULTURA]

Sen dúbida o 2020 foi o ano de Yayoi Kusama; Nova York, Londres, Berlín e Basilea foron as cidades elixidas para gozar da súa obra. Xardín Botánico de Nova York Tate de Londres Gropius Bau de Berlín Ludwig de Colonia Foundation Beyeter de Basilea
Unha das artistas máis mediáticas do século, alí onde se expón a súa obra miles de persoas visítana facendo inmersión no seu mundo onírico de volumes e cor. Estamos a falar dunha artista nada en 1929 que aos seus 92 anos cada día dedica sete horas ao traballo co seu equipo no seu estudo de Tokio producindo unha obra digna dun artista do século XXI , polo seu poder e difusión mediática, de feito moitos atribúen o seu éxito á gran repercusión que a súa obra ten nas redes sociais, nas que sobre todo en Instagram millóns de seguidores fanse “ selfies” diante dalgunha das súas obras, ademais a Gran industria de márketing que a artisa montou aproveitando a súa fama internacional Move millóns de euros, pero este é tema doutro debate no que non imos entrar agora, xa que Yayoi foi Warhol antes de Warhol e iso non o pode negar ninguén.

A gran aposta destas numerosas exposicións localizadas en distintos puntos do planeta foi a do xardín botánico de Nova York na que adaptou obra de recente creación aos espazos do xardín botánico, unha das súas últimas esculturas que se puido ver alí foi, Dancing Pumpkin, unha gran cabaza con tentáculos que nos convida a percorrer o xardín e descubrir os narcisos xigantes asomar dos estanques. 

  

Pero se en verdade queredes ter unha experiencia total coa obra de Yayoi Kusama non podedes deixar de facer inmersión nalgunha das súas instalacións - Infinity Mirrored Room- como a que se presenta na Tate de Londres ata Xuño deste ano “ Filled with the Brilliance of Life“ ca condición de que atopedes entrada!. Esta é unha dos seus máis espectaculares habitacións infinitas que xunto a Chandelier of Grief son as estrelas desta exposición Londiniense. Xunto coa exposición da Tate quédanos apuntar tamén para este ano a do Moco Museum de Amsterdam ata o 27 de febreiro. Desde logo todo un despregamento de opcións para gozar da obra desta artista cunha biografía peculiar da que falaremos noutra ocasión.

Ali Mitgutsch [DEBUXO]

O pasado luns 10 de xaneiro, faleceu un ilustrador que xa era en vida unha lenda da arte do libro infantil,  Ali Mitgutsch. Foi un dos pais do que en Alemaña coñécese como "wimmelbilder" traducido como "obxeto oculto".



Este ilustrador non é moi coñecido en España, é unha pena.  A editorial Juventud publicou a súa obra en español nos anos 70, pero posteriormente non atopo moitas outras editoras que o publicaran. Si  que aparece unha edición en catalán do 2006 " El meu gran llibre d´imatges" editado por CEGAL, pero pouco máis . 

Son libros sen palabras, polo que ainda que nos estean traducidos son universais, ideais para perderse nos detalles e establecer un xogo de busca de cousas, accións e personaxes. Son libros moi divertidos, estimulantes tanto para cativos como para maiores e moi recomendables a partir de 2 anos, xa que cada páxina é de cartón duro e resisten moito trote.  O meu fillo ten 10 anos e ainda o segue ollando e atopando novas accións tolas e divertidas. Se tedes a sorte de contar con algún exemplar dalgún libro de Mitgutsch gardadeo con cariño nun lugar especial da vosa biblioteca, ou regaládemo a min, son un verdadeiro admirador deste xénero.

xoves, 13 de xaneiro de 2022

Brilla Ourivaría na EMAO! [OUTRAS NOVAS]


Grazas a Fernando Franco pola referencia á exposición "Eduardo A. Blanco e a ourivería na EMAO" que fai na súa sección "Mira Vigo" 

A través das obras expostas de Eduardo A. Blanco queremos amosar o seu amplo traballo nas distintas disciplinas que cultiva e, con el, a excelencia e calidade acadada no labor docente pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, ofrecendo aos visitantes as múltiples formas, técnicas e materiais implicados nesta arte. 

Datas: 14 de xaneiro ao 14 de febreiro de 2022
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Federico Fernández
Documentación: José Luis Mateo Álvarez
Produción e montaxe: Eduardo A. Blanco e Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Federico Fernández