Como tódolos anos o 30 de xaneiro celébrase o día da Ilustración en Galicia, que coincide co nacemento de Castelao. Neste día recórdase e reivindíacase o papel dos nosos ilustradores e a súa aportación no eido da cultura galega, homenaxeando a un artista dos nosos libros ilustrados. Este ano o recordado é Reimundo Patiño, un histórico da BD galega, que xunto con Xaquín Marín, representaron a vangarda da banda galega como tal nos anos 70, cunha conciencia comprometida e puramente galega tanto nas súas historias como no seu estilo gráfico.
Nacido na Coruña no inicio da Guerra Civil e formado nun campo que non foi o artístico, comenza a pintar cun estilo expresionista a principios dos anos 50. Pronto descubre a obra de artistas galegos no exilio como Seoane, con que establecerá amizade posteriormente, espertando nel unha conciencia galeguista que nunca o abandoará. A fináis dos anos 50 trasládase a Madrid onde coñece a Méndez Ferrín e a Bernardino Graña cos que forman entre outros o colectivo Brais Pinto. No ano 1964 será un dos fundadores da UPG. Nesta época traballará a cotío en obras gráficas de protesta política, pero tamén desenvolve unha importante obra pictórica.
Reimundo Patiño tiña por aquel entón, pensemos nos últimos anos da dictadura, unha postura de defensa dos valores galegos por riba de todo, procurando a necesidade dunha BD galega como un medio expresivo propio que escapara da denominación "cultura de masas", para achegarse máis ao pobo, a arte popular galega. Con este compromiso lévao a pensar nunha BD dotada de altura intelectual sendo consciente da ardua tarea que significaría iso.
"Frente ao cómic tradicional co seu dualismo de bos e malos, coas súas repeticións estereotipadas, ergue-la dunha narración gráfica que abarque ó home na súa condición total cos seus temores e coñecementos". A BD como unha ferramenta de cambio.
TALLER REDOR
No ano 1971 funda en Madrid con Tino Calabuig, Nacho Criado e Alberto Corazón, o Taller Redor que posteriormente será galería de arte. Este espazo estará dotado dun obradoiro de estampación serigráfico onde poderá desenvolver a súa obra de BD mural "O home que falaba vegliota" e que expoñería no ano 1972. Este experimento gráfico é un fito da nosa gráfica e da BD galega.
O home que falaba vegliota. 9/12. Serigrafía 1972 |
O HOME QUE FALABA VEGLIOTA
Este cómic mural ten unha clara finalidade de transmisión dunha mensaxe de cambio. Patiño entendeu a BD como unha ferramenta perfecta, como ferramenta de comunicación colectiva e culturizante. Un dos acertos de Patiño foi precisamente ese, vincular a BD a arte galega como arte maior. Probablemente influído polo cartelismo da revolución chinesa, Patiño decidiu crear unha BD de gran formato como esta. Doce serigrafías sobre papel de 86x86 cm, cun guión que comenzara no ano 1965 pensado para o teatro. O título inicial era "O home que falaba arameo". Nárrase a persecución dun home que é acusado de falar unha lingua prohibida, o vegliota, claramente narra a persecución que sufría o galego naquel tempo. O curiso do relato é que non só os estamentos e institucións perseguen o idioma, senón o cidadadán de a pé. Unha realidade que hoxe tamén dase, por desgraza.
O home que falaba vegliota. 5/12. Serigrafía 1972 |
O home que falaba vegliota. 10/12. Seigrafía 1972 |
2 VIAXES
Froito da relación persoal e artística entre Reimundo Patiño e Xaquín Marín, nacerá o considerado primeiro álbum de BD galega, 2 viaxes. A publicación deste proxecto BD consumarase en 1975. Este vai ser outro feito sen precedentes da nosa cultura.
Son dúas historias separadas, cada unha do seu autor. Eles funcionan como colaboradores para edición do álbum pero con independencia artística, ainda que existe un nexo narrativo moi semellante entre as súas historias . A "viaxe" de Xaquín Marín será " Longo camiño de volta dende as estrelas", a de Reimundo Patiño leva o título de "Saga de Torna no Tempo".
2 viaxes. Tinta sobre papel 29,7 x 42 cm |
2 viaxes. Tinta sobre papel 29,7 x 42 cm |
Estas obras son parte do legado de Reimundo Patiño, xunto cunha chea de obra escrita.
"Segadores galegos en Castela o tempo do Defcon 1". Aarón Moucho |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!