Helen Frankenthaler (Nova York, 1928 - Darien, Connecticut, 2011).
Pintora estadounidense cuxa obra desempeñou un papel determinante na evolución da pintura americana e europea da post-guerra.
Entre o expresionismo abstracto e a pintura de campo de cor, Helen Frankenthaler foi unha pioneira do movemento artístico chamado “Color-Field”.
"Un debe saber como aproveitarse dos accidentes, como recoñecelos, como controlalos, e debe atopar modos de eliminalos para que toda a superficie apareza como nada á mesma vez".
Helen Frankenthaler.
|
Mountains and sea, 1952 |
|
Open Wall, 1953 |
|
N.Y. Bamboo, 1957 |
Frankenthaler ,desenvolveu, nos anos 50, un método que foi bautizado como “campo de cor” (Color Field), afín co paisaxismo tradicional chinés ou coas pinturas tardías de Monet (os famosos nenúfares da súa casa en Giverny, de feito, foi o interese de Helen e dalgúns nestas pinturas da última época de Monet, que serviu para a súa recuperación e revalorización), afastándose así da Escola de Nova York das décadas de 1940 e 1950, que comezaba a ter certos síntomas de esgotamento.
|
Las Mayas, 1958
|
|
Blue form in a Scene,1961 |
|
Cool Summer,1962. |
O seu traballo pictórico que, baixo a influencia da pintura de Joan Miró, Hans Hofmann e Jackson Pollock, pudo dar un novo impulso renovador á pintura Expresionista Americana, explorando insinuacións latentes da natureza con formas fluídas, masas abstractas e xestos líricos. Creando composicións que salientan a espontaneidade, a continxencia do instante, o devir da cor e a liña sobre o lenzo.
|
The bay,1963 |
|
Pink lady, 1963 |
|
Nature Abhors a vacuum,1973 |
Frankenthaler mesturaba augarrás diluído na pintura que derramaba sobre o lenzo, sen preparar, para que o tecido da tea se impregnase del completamente.
As cores que así conseguía afastábanse do enfoque xestual e a retórica romántica tan propia do expresionismo abstracto.
Subtraeu gravidade e condensación á técnica expresionista abstracta, liderando unha revolución pictórica, da que beberían, posteriormente outros mestres como Kenneth Noland ou Morris Louis.
Una entrada muy interesante.
ResponderEliminarEl resultado de eliminar la pincelada con estos grandes bloques de color me parece increíble.
Debe ser muy impresionante ver los trabajos en su verdadera dimensión.
Muchas gracias!
Moi interesante!
ResponderEliminarResultan unhas obras moi líricas e suxestivas. Grazas pola info
ResponderEliminar