Recibimos a primeira entrega do novo pedido de libros para o fondo moderno da biblioteca, especializado en arte e oficios artísticos e tradicionais.Tras pasar por un proceso técnico pronto estarán a disposición dos nosos usuarios.
luns, 29 de marzo de 2021
Máis Títulos para o Fondo Moderno [BIBLIOTECA]
XIV Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados [OUTRAS NOVAS]
Convocatoria do XIV Premio Compostela
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e KALANDRAKA convocan o XIV Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados, cunha dotación de 9000 € e a publicación da obra distinguida nas cinco linguas oficiais da Península Ibérica.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 14 de maio de 2021 e o fallo do xurado anunciarase durante a última quincena de xuño.
Cómpre presentar: cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha, e unha maqueta acabada do proxecto.
Máis información: Bases de participación
domingo, 28 de marzo de 2021
68. ¿QUEN TEN MEDO O NEGRO? PIERRE SOULAGES. CAP:10 [PINTURA]
É coñecido como "o pintor do negro" debido ao seu interese por ista cor.
"O negro é unha cor e unha non cor. Cando a luz se reflicte en negro, transfórmaa e transmútaa. Abre un campo mental de seu ".
Pierre Soulages.
sábado, 20 de marzo de 2021
67. ¿Quen ten medo ao preto? Leopoldo Novoa. Cap.9 [PINTURA]
mércores, 17 de marzo de 2021
Bibliografía para Encaixe de Palillos [BIBLIOTECA]
Almofada de Urania Mella Serrano, alumna entre os anos 1909-1922* | |
Encaixe de palillos é unha das especialidades que actualmente se imparten na nosa Escola que ten máis soleira, incluíuse por primeira vez no plan de estudos alá polo ano 1915 dentro dos "ensinos especiais da muller" entón co nome de Encaixes de Camariñas. A súa primeira profesora foi Dolores Vicetto, pouco tempo despois en 1916 e debido ao gran número de alumnas, foi nomeada profesora auxiliar desta especialidade Alianza Mella Serrano que impartiu clase de maneira voluntaria e sen remuneración ata 1923, ás alumnas de primeiro curso. Nos inicios da Guerra Civil Española foi sometida xunto con outros mestres a un proceso de depuración política e separada definitivamente do servizo en 1937.
O nome da especialidad cambiou cos sucesivos planes de estudos, quedando inluida na denominación máis xeral de Bordados e labores ou Encaixes e labores. A profesora Vicetto foi a titular da especialidade ata comezos dos anos 40. En 1942 fíxose cargo da clase de Bordados e labores Ramona López de Neira que desde 1936 exercía de profesora auxiliar de Corte e confección de vestidos. Despois da súa xubilación no ano 1960 continuó esta tarefa Mª de la Consolación Estevez Alonso, nomeada titular da clase de Encaixes, labores e confección de lenzaría.
Podemos concluír que a pesar das diferentes denominacións segundo os sucesivos plans de estudo, a especialidade de Encaixe de palillos leva impartíndose na Escola de Artes e Oficios 106 anos.
venres, 12 de marzo de 2021
S.O.S Arte/Cultura. Axudas á Creación 2021 [OUTRAS NOVAS]
VII Concurso de Fotografía Museo Liste-Etnográfico de Vigo 2021 [OUTRAS NOVAS]
xoves, 11 de marzo de 2021
Unha selección [DEBUXO]
Xa estamos en marzo. A Primavera está preto. Os días serán máis longos e o inverno deixará o relevo á nova estación que tanto desexamos. Remata un inverno duro, tanto pola climatoloxía como polas circunstancias que todos coñecemos. Tivemos un peche da presencialidade no mes de febreiro pero iso non impediu que nos obradoiros da EMAO seguíramos coa actividade. Quero agradecer a todo o alumnado o compromiso posto. Foi unha alegría recibir os vosos debuxos realizados na casa nese período. Uns rematastes tarefas que quedaran pendentes, outros avanzastes nas novas tarefas e os menos non participastes por cuestións de traballo ou de saúde. Intentamos seguir o itinerario fixado, e así seguimos..agora xa debuxando na rúa. Estou moi contento co traballo de todas e todos por eso hoxe quero deixar constancia dalgunha destas propostas materializadas nos debuxos que considero que están de nota; eso non quere dicir que non haxa outros traballos moi bos tralos que hai moito esforzo por parte do alumnado. Esta non deixa de ser unha selección subxectiva pero que reflexa moi ben o espírito do obradoiro. Espero que vos guste.
Natalia: Unha das tarefas para os Grupos Superiores era debuxar do natural alguén cercano, pero xa nun entorno, neste caso o entorno do fogar.
mércores, 10 de marzo de 2021
Little Nemo in Slumberland [BIBLIOTECA]
Biblioteca Pública García Barbón-EMAO |
Estreamos nova obra no expositor da biblioteca. Trátase de :
Little Nemo in Slumberland, que iniciou a súa publicación na edición dominical do New York Herald o 15 de outubro de 1905, e continuou aparecendo semanalmente no mesmo xornal ata o 23 de abril de 1911, está considerada a primeira obra mestra do cómic, pola súa imaxinación desbordante, a súa perfección técnica, o seu afán de experimentación, o seu dominio da linguaxe e a súa influencia nos artistas posteriores.
luns, 8 de marzo de 2021
66. Robert Rauschenberg, ¿Quen ten medo ao branco? CAP. 8 [PINTURA]
Robert Rauschenberg (Port Arthur, Estados Unidos, 1925-Illa Captiva, Estados Unidos, 2008):
A finais dos anos cincuenta, Robert Rauschenberg protagonizou con Jasper Johns a recuperación do espírito dadá en América. Artista multidisciplinar con espírito crítico, buscou constantemente novas formas de expresión artística que o convertían nunha das figuras fundamentais da evolución da arte nas últimas décadas do século XX.
Mulleres na Arte: Selección Bibliográfica [BIBLIOTECA]
Biblioteca Pública García Barbón-EMAO. Fondo moderno |
Hoxe, 8 de marzo celébrase o Día Internacional das Mulleres, unha celebración que ten as súas orixes nas múltiples manifestacións e loitas das mulleres a finais do século XIX e principios do XX que reclamaban polos seus dereitos, como o dereito a voto, á igualdade entre sexos e a mellores condicións de traballo.
Na actualidade a loita continua, un dos ámbitos onde aínda hai moita
tarefa pendente é o ámbito artístico. Tradicionalmente as mulleres non
aparecían como creeadoras nas Historias da arte a pesar de
que protagonizaron, como modelos e musas, algunhas das obras de arte máis importantes de todas
as épocas. Foron as investigacións feministas,
principalmente as realizadas en América do Norte na decada dos anos 70 do século pasado, as que empezaron a desvelar o papel da muller na arte. "O desexo de reinvindicar
historias escritas por mulleres, e de restituír á muller no seu papel
na historia da produción cultural, levou a destacar de maneira evidente a
creatividade da muller" (Whitney Chadwick).
Conta Manuel Jesús Roldán en "Eso no estaba en mi libro de Historia del Arte" que a concepción decimonónica da maioría dos manuais do tema excluíronas aínda que houbese mulleres retratistas de Corte, escultoras de cámara ou pintoras relixiosas. "A súa existencia foi certamente reducida en moitas épocas, pero hai un bo número de nomes de mulleres que, en cada etapa da historia, alcanzaron unha fama e un recoñecemento público que foi posteriormente silenciado". Mulleres que non aparecen nos libros de arte nin soan no imaxinario colectivo por culpa do concepto de historia da arte procedente do século XIX, “centuria na que se vetou especialmente a independencia creadora da muller pola moral burguesa reinante, relegou ao xénero feminino a unha condición hogareña case exclusiva, marcando un canon case exclusivamente masculino nas primeiras publicacións dedicadas á Arte”.
Un día como hoxe a nosa Biblioteca quere contribuír a poñer o foco sobre o traballo destas mulleres, para iso facemos unha selección bibliografíca de case todos os títulos existentes no noso fondo moderno especializado, relacionados coa arte realizada por mulleres.
xoves, 4 de marzo de 2021
Días Europeos da Artesanía [OUTRAS NOVAS]
Xornada sobre a Artesanía Contemporánea desde o Thyssen Bornemisza [OUTRAS NOVAS]
Durante o evento que se celebrará o mércores 17 de marzo de 10:00 a 14:00 horas e emitirase vía streaming desde o Museo Nacional Thyssen Bornemisza, crearase un debate en torno ao deseño e as novas tecnoloxías aplicadas á mestría dos saberes artesáns e a súa relación coa sustentabilidade ambiental e demográfica.
Emigrantes [DEBUXO]
Concurso de pintura: "CreArte na Universidade" (X Edición) [OUTRAS NOVAS]
Continuando con ese espírito, fundamental para o crecemento persoal no seu máis amplo sentido, desde a Facultade convócase a X edición do concurso.