xoves, 11 de marzo de 2021

Unha selección [DEBUXO]

Xa estamos en marzo. A Primavera está preto. Os días serán máis longos e o inverno deixará o relevo á nova estación que tanto desexamos. Remata un inverno duro, tanto pola climatoloxía como polas circunstancias que todos coñecemos. Tivemos un peche da presencialidade no mes de febreiro pero iso non impediu que nos obradoiros da EMAO seguíramos coa actividade. Quero agradecer a todo o alumnado o compromiso posto. Foi unha alegría recibir os vosos debuxos realizados na casa nese período. Uns rematastes tarefas que quedaran pendentes, outros avanzastes nas novas tarefas e os menos non participastes por cuestións de traballo ou de saúde. Intentamos seguir o itinerario fixado, e así seguimos..agora xa debuxando na rúa.  Estou moi contento co traballo de todas e todos por eso hoxe quero deixar constancia dalgunha destas propostas materializadas nos debuxos que considero que están de nota; eso non quere dicir que non haxa outros traballos moi bos tralos que hai moito esforzo por parte do alumnado. Esta non deixa de ser unha selección subxectiva pero que reflexa moi ben o espírito do obradoiro.  Espero que vos guste.

Natalia: Unha das tarefas para os Grupos Superiores era debuxar do natural alguén cercano, pero xa nun entorno, neste caso o entorno do fogar.


 Raúl: O mesmo exercicio có anterior, neste caso de Raúl, do Grupo Superior B. Unha pose interior no que a figura toma máxima presenza deixando menos acabado os elementos que a rodean.


Gloria: Debuxo dun exercicio de pose interior na aula. Neste caso posaba Marta. No obradiro realizamos o encaixado co lapis e Gloria do Grupo Superior B o finalizou na casa a partir dunha foto.

Ana: Do Grupo Superior A realizou na casa este debuxo co estilógrafo e a acuarela os días de peche presencial. A súa irmá é a modelo.




Carlos: Estes días xa debuxamos na rúa. Neste caso o exercicio realizado na Praza da Estrela polo grupo Superior B, consiste en debuxar tanto a figura como o seu contorno. A que pousa é Aurora, que tamén debuxa e se move nesa tarefa.


Miguel: O alumnado do grupo Medio está a traballar a perspectiva. Inicialmente con tarefas a partir de fotografías para logo enfrontarnos a mesma vista ou unha vista similar, pero xa do natural. Están probando tamén diversos acabados e rotuladores. Neste caso Miguel utilizou acuarela, rotulador Tombow e estilógrafo Micron nun debuxo realizado a partir de fotografía.

María José: Tamén do grupo Medio. Podemos ver outro exercicio rematado a partir dunha fotografía no que fixemos o estudo da perspectiva. O acabado é acuarela e lapis.


Jose: Un dos traballos dos grupo de Iniciación e Básico consiste en escoller un obxecto e debuxalo en tódalas técnicas, intentando sacarlle o máximo partido a cada unha delas co fin de obter un resultado naturalista. Neste caso Jose escolleu a chave inglesa e traballouna os días de peche cos lapis de grafito,  cun resultado perfecto.
Olga: Outra das tarefas destes días nos que o clima nos deu un respiro foi saír a rúa a enfrontarnos do natural cunha perspectiva de dous puntos de fuga. Neste caso debuxamos a Comandancia. Olga resolveu neste apunte. O acabado xa se fará no obradoiro.



3 comentarios:

  1. Moi bonitos. Felicidades aos alumnos/as de debuxo polo seu traballo.

    ResponderEliminar
  2. Unha marabilla de traballos é un excelente profesor

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!