venres, 12 de marzo de 2021

S.O.S Arte/Cultura. Axudas á Creación 2021 [OUTRAS NOVAS]

 

VEGAP (Visual Entidad de Gestión de Artistas Plásticos) dentro da súa campaña S.O.S ARTE/CULTURA puxo en marcha un ano máis a convocatoria para outorgar 100 axudas á creación de 2.500€ cada unha. 
Estas axudas á creación diríxense á totalidade do sector das artes visuais: artes plásticas, fotografía, ilustración, deseño gráfico ou videocreación
Poden concorrer a solicitalas calquera creador visual residente en España, sexa ou non sexa socio de VEGAP
A convocatoria iniciarase o 1 marzo ás 15:00 horas e finalizará o 31 de marzo ás 12:00 horas do mediodía. 
O xurado comunicará o fallo o 31 de maio e, de maneira inmediata, procederase a facer o abono da axuda aos adxudicatarios. 
Trátase dunhas axudas cun forte compoñente asistencial e de apoio á creación visual nun contexto difícil. Quen reciba a axuda haberán de realizar unha obra da cal achegarán a imaxe, sexa esta fixa ou en movemento, para a súa difusión a través das redes sociais. 
Consulta as bases na páxina web http://becassosartecultura.vegap.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!