Convocatoria do XIV Premio Compostela
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e KALANDRAKA convocan o XIV Premio Internacional COMPOSTELA para Álbums Ilustrados, cunha dotación de 9000 € e a publicación da obra distinguida nas cinco linguas oficiais da Península Ibérica.
O prazo de presentación dos traballos rematará o 14 de maio de 2021 e o fallo do xurado anunciarase durante a última quincena de xuño.
Cómpre presentar: cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en cor de cada unha, e unha maqueta acabada do proxecto.
Máis información: Bases de participación
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!