xoves, 4 de marzo de 2021

Xornada sobre a Artesanía Contemporánea desde o Thyssen Bornemisza [OUTRAS NOVAS]


A Fundación Fabrics for Freedom e a Asociación Contemporánea de Artes e Oficios, en colaboración co Ministerio de Cultura e Deporte, organizou unha Xornada sobre artesanía contemporánea co obxectivo de compartir e debater novas vías de estudo e de reflexión sobre a conservación dos oficios artesáns tradicionais en colaboración co diseño, e propoñer estruturas de apoio ao crecemento da artesanía como paliativo á despoblación do medio rural e como industria sostible e de dimensión humana.

Durante o evento que se celebrará o mércores 17 de marzo de 10:00 a 14:00 horas e emitirase vía streaming desde o Museo Nacional Thyssen Bornemisza, crearase un debate en torno ao deseño e as novas tecnoloxías aplicadas á mestría dos saberes artesáns e a súa relación coa sustentabilidade ambiental e demográfica. 
 
Máis información e inscricións en: www.forodeartesyoficios.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!