luns, 20 de abril de 2026
xoves, 16 de abril de 2026
17-4-2026. Venres da EMAO presenta Analogik Dreams [CERÁMICA ARTÍSTICA]
Analogik Dreams é un selo musical entre a escultura e a cultura sonora, no que cada peza é unha obra de arte para observar e escoitar. Analogik Dreams é unha proposta pioneira que explora o encontro entre a creación sonora e a artesanía en cerámica. O proxecto desenvolve un proceso de investigación e experimentación que fai posible a gravación de discos de cerámica reproducibles, situando a práctica musical nun territorio híbrido entre a escultura, a tecnoloxía analóxica e a cultura contemporánea.
Presentado por Esther Quintas (mestra de Cerámica da EMAO)
Data: 17 de abril de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 1 de decembro de 2025
martes, 25 de novembro de 2025
28-11-2025. Venres da EMAO presenta "Cerámica AICA" [CERÁMICA]
Ven aos "Venres da EMAO" para compartir a historia de AICA, que é a historia da súa familia. Orixinaria de Niñodaguia, emigrou a Cuba onde fundou unha empresa cerámica que chegou a ter 14 empregados, e máis tarde retornou a Galicia para instalarse en Mos.
Unha historia de tradición, cerámica, emigración e superación.
Presentado por Esther Quintas (mestra de Cerámica da EMAO)
Data: 28 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 21 de outubro de 2024
luns, 14 de outubro de 2024
18-10-2024. Venres da EMAO presenta "Itinerario, paradas e vivencias" por Miguel Vázquez [BIBLIOTECA]
"Itinerario, paradas e vivencias"
Miguel Vázquez, que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o título "Itinerario, paradas e vivencias", Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.
Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 18 de outubro de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.
luns, 1 de abril de 2024
5-4-2024. Venres da EMAO presenta "Itinerario, paradas e vivencias" por Miguel Vázquez [BIBLIOTECA]
Miguel Vázquez que impartiu clases de cerámica na EMAO desde 1986 ata 2022, desenvolveu a súa actividade en tres vertentes, a escultura, a docencia e a cerámica de autor. Baixo o título Itinerario, paradas e vivencias, Miguel Vázquez constrúe un relato no que tentará establecer as pontes entre a parte docente, a de manipulador e a de activista cerámico, a través das diferentes etapas e vivencias do seu itinerario vital.
Presentado por Mª Jesús Cuesta (Bibliotecaria da EMAO)
Data: venres 5 de abril de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
mércores, 12 de xullo de 2023
IV Encontro Internacional de Cerámica de Nigrán: Cultura Milenaria México [OUTRAS NOVAS]
No marco do IV Encontro Internacional de Cerámica de Nigrán: Cultura Milenaria México» impulsado pola Escola Municipal de Cerámica de Nigrán, que se levará a cabo do 17 ao 22 de xullo no CEE de Panxón, ofrécese unha oportunidade única para mergullarse na cultura ancestral mexicana da man de recoñecidos mestres das artes plásticas tradicionais.
Aquí tedes os datos das diferentes conferencias, do 17 ao 20 de xullo. Entrada libre.
Animarvos!
xoves, 1 de xuño de 2023
Catálogo dixital da Exposición do Cerámista Miguel Vázquez no Espazo EMAO [ESPAZO EMAO]
![]() |
| Miguel Vázquez durante unha visita guiada |
luns, 22 de maio de 2023
xoves, 30 de marzo de 2023
21 Biennal de Ceramica de Esplugues Angelina Alós [OUTRAS NOVAS]
O Concello de Esplugues de Llobregat convoca unha nova edición do certame de cerámica máis antigo de Cataluña. As súas orixes datan de 1986, cando o Concello de Esplugues institucionaliza a organización do Premio de Cerámica «Ciudad de Esplugues»
que, primeiro con carácter anual e, despois bianual, pretende incitar
aos participantes para experimentar e reencontrar novas fórmulas de
expresión artística mediante a arte da cerámica. Máis información
En memoria da artista e ceramista Angelina Alós (Valencia, 1917- Barcelona, 1997), vinculada á cidade de Esplugues e impulsora do Premio, en 1998, no marco da X edición da Bienal de Cerámica , o certame incorporou o seu nome.
Inscricións Ata o 7 de maio de 2023. Bases
venres, 11 de novembro de 2022
martes, 25 de outubro de 2022
Miguel Vázquez, Ceramista Mayor [OUTRAS NOVAS]
Fernando Franco na súa sección Mira Vigo no Faro de Vigo, publica unha reseña sobre o noso mestre de cerámica Miguel Vázquez, recentemente xubilado. Nesta foto, na porta da Escola, aparece cos seus compañeiros e compañeiras de traballo durante a emotiva despedida que lle renderon xunto co seu alumnado.
Lembrarvos que no Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro), pódese visitar a exposición de Miguel Vázquez ata o 23 de decembro no horario de luns a vernes, días laborables de 19:00 a 21:00 horas.










































