O venres 14 de abril ás 19:00 inaugúrase a 2ª parte da Exposición Proxectos 2022 que dada a cantidade de proxectos participantes tivo que realizarse en dúas partes. Esta segunda parte exhibirase entre os días 14 de abril e 26 de maio de 2023.
A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:
- Pintura
- Talla e escultura en madeira
- Debuxo artístico
- Serigrafía artística
- Cerámica
- Artesanía en coiro
- Moda e Confección
- Ourivería
- CAIM-Zanfona
As
obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade
de investigación, formación, conceptualización e fabricación,
baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota
a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a
creatividade e a interdisciplinariedade.
.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: Proxectos 2022 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-22 -parte 2]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 14 de abril ao 26 de maio de 2023
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Alba Pardo Cartelle, mestra de Serigrafía artística e Pepe Pereira Somoza, mestre de Artesanía do coiro coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Ourivería, CAIM zanfona e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga