luns, 10 de abril de 2023

Proxectos 2022. 2ª PARTE [EXPOSICIÓNS EMAO]



O venres 14 de abril ás 19:00 inaugúrase a 2ª parte da Exposición Proxectos 2022 que dada a cantidade de proxectos participantes tivo que realizarse en dúas partes. Esta segunda parte exhibirase entre os días 14 de abril e 26 de maio de 2023.

A orixe dos proxectos:

O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2021-22; en concreto, das especialidades de:

  • Pintura
  • Talla e escultura en madeira
  • Debuxo artístico
  • Serigrafía artística
  • Cerámica
  • Artesanía en coiro
  • Moda e Confección
  • Ourivería
  • CAIM-Zanfona
As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade. .


FICHA DA EXPOSICIÓN

Nome: Proxectos 2022 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2021-22 -parte 2]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 14 de abril ao 26 de maio de 2023
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Alba Pardo Cartelle, mestra de Serigrafía artística e Pepe Pereira Somoza, mestre de Artesanía do coiro coa colaboración do profesorado de Debuxo, Pintura, Talla e escultura en madeira, Ourivería, CAIM zanfona e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández Alonso
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2023
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!