xoves, 30 de setembro de 2021

Montaxe da Exposición Proxectos 2019-2021. 2ª Parte [OUTRAS NOVAS]

No Espazo EMAO alumnos/as e mestres/as apuran o tempo para que todo este listo.  A inauguración está prevista para mañá venres, 1 de outubro ás 19:00

 

Proxectos 2021 é a novena edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013. 

Aquí tedes algunhas fotos da montaxe...





Entrevista a Jim Linnell [COIRO]

Galician first, English below.

Labrado coa cara de Jim Linnell.
Hoxe temos a oportunidade coñecer algo máis sobre Jim Linnell, premio Al Stohlman Award do ano 2002

-Canto tempo levas traballando o coiro?
-Este ano cumpriranse 55 anos dende que comecei a traballar o coiro. Foi en 1966 cando meus pais me compraron un kit de ferramentas “Lucky 7” de Tandy Leather Company

-Como empezaches no coiro?
-Crieime nun rancho no leste de Montana. Estabamos a 50 millas da cidade máis próxima, así que unha viaxe á cidade era unha emocionante aventura que ocorría aproximadamente unha vez ao mes. Cando íamos á cidade, tiñamos que pasar pola guarnicinería Miles City Saddlery para mercar algo ou reparar algo. Os meus primeiros recordos do mundo do coiro naceron durante esas visitas. O cheiro e os sons dun taller de guarnicionería  a miúdo lévame a aqueles tempos. 
En 1966, recibín a miña primeira instrución formal en coiro traballando nunha clase de artes industriais no instituto. Foi unha breve introdución, pero me enganchou e cando conseguín as miñas propias ferramentas, seguín practicando. Encantoume e descubrín que era o suficientemente bo para que a xente realmente quixera que fixera cousas para eles. 
No instituto tiven a oportunidade de continuar en artes industriais e alí tiña un instrutor bastante coñecedor do labrado de coiro foi o que me axudou a perfeccionar as miñas técnicas e desafioume a seguir desenvolvendo as miñas habilidades.

mércores, 29 de setembro de 2021

Exposición na EMAO: Proxectos 2021

PROXECTOS 2021
Exposición dos proxectos de fin de estudos do alumnado do Nivel Avanzado 2019-21 (2ª parte)

Baixo o título “Proxectos 2021”, presentamos a segunda parte da Exposición dos proxectos de fin de estudos do alumnado do nivel avanzado de distintas especialidades da EMAO nos cursos 2019-21. O alto número de persoas e obras participantes neses cursos e nivel, obrigou a dividir a exhibición en dúas partes:

A primeira, Proxectos 20, que se exhibíu no noso Espazo EMAO entre os días 25 de xuño e 10 de setembro.
A segunda, que agora presentamos, terá lugar entre os días 1 outubro e 12 novembro de 2021


A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel optativo, que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que agora presentamos recolle parte do produto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; nesta ocasión das especialidades de:
  • Cerámica artística
  • Talla e escultura en madeira
  • Pintura
  • Debuxo artístico
  • Artesanía en coiro
  • Moda e confección
  • Serigrafía artística

domingo, 26 de setembro de 2021

135 Aniversario da creación da Escola de Artes e Oficios de Vigo [OUTRAS NOVAS]

 


Tal día como hoxe hai 135 anos abría as súas portas a Escola de Artes e Oficios de Vigo, o acto inaugural tivo lugar un domingo 26 de setembro de 1886 na rúa do Circo número 3, o orador Eduardo Chao, que fora Ministro de Fomento no terceiro Goberno de I República con Salmerón en 1873, resume a concreta finalidade da nova escola con estas palabras: "Será esta Escola o complemento da instrución primaria, complemento que..., fará máis perfecto e fácil, fecundo e produtivo o seu traballo; que excitará e levará o espírito de empresa cara a elementos naturais da nosa atrasada Galicia contribuíndo a emancipala do estranxeiro" 

No momento da súa creación veu encher o baleiro na formación da clase obreira que existía no sistema educativo, os seus obxectivos foron a formación técnica dos obreiros, o perfeccionamento dos seus oficios e a compensación das carencias educativas de moitos dos seus alumnos, pero o feito indiscutible é que contribuíu de xeito decisivo ao desenvolvemento ecónomico e cultural da nosa cidade. 

Na actualidade, a nosa centenaria escola continua o seu labor educativo, hoxe máis inclinada ao ensino da arte e dos oficios artísticos, disposta como sempre a prestar a nosa cidade un servizo no ámbito formativo das persoas ao longo da súa vida.

Recordarvos que mañá luns 27 e ata o mércores 29 as persoas seleccionadas nas probas de acceso (artesanía en coiro, cerámica, construcción artesanal de instrumentos musicais, gaita e zanfona, escultura e talla en madeira, deseño e encaixe de palillos, moda e confección e serigrafía) e no sorteo para as especialidades de debuxo e pintura deberán matricularse presencialmente na Unidade administrativa da Escola en horario de 10,00 a 13,00 e 16,00 a 20,00 horas. 
Deberán cubrir a ficha que se lles entregará na recepción e aportar unha fotocopia do seu DNI.
O curso dará comezo, para as persoas de primeiro acceso, o vindeiro 1 de outubro conforme aos días e horarios marcados para cada especialidade na Convocatoria xeral.
 
  • Listados das persoas admitidas (e listas de agarda) por probas de acceso: aquí
  • Listados das persoas admitidas (e listas de agarda) por Sorteo (Debuxo artístico e Pintura): aquí.
 

venres, 24 de setembro de 2021

"Algúns contos completos" Domingo Villar e Carlos Baonza [SERIGRAFÍA]

  

Dende a nosa aula queremos mandar unha forte aperta aos autores deste libro posto que aúna a nosa paixón pola técnica do linogravado, a admiración polo traballo de Carlos Baonza e, como non, a debilidade que temos por todos os libros de Domingo Villar. Como xa sabedes, o linogravado é unha técnica de estampación en relevo, podedes consultar neste enlace para ver cómo se fai paso a paso.  Nese enlace tamén aparece cómo fixemos na aula o libro "Elefante un guisante" de Marc Taeger.

"Algúns contos completos" recolle as persoais narracións escritas e lidas para os amigos ao longo dos anos, simboliza a cerebración da ledicia e a amizade e se aínda por riba lle engadimos gubias, planchas de linóleo, tinta, o rastro expresivo dos trazos e da presión da plancha no papel... xurde unha combinación estrella para unha edición fermosa e coidada.

xoves, 23 de setembro de 2021

Publicadas as listas de persoas admitidas de novo ingreso no curso 2021-22 na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

Tal e como se recolle no calendario publicado na Convocatoria xeral do curso, hoxe publícanse no apartado da EMAO da web municipal, as listas de persoas admitidas e as listas de agarda para os niveis de acceso das distintas especialidades convocadas no curso 2021-22.

Como se recolle na convocatoria, as admisións nas especialidades de Debuxo artístico e Pintura, realízanse por sorteo público. No resto das especialidades convocadas para este ano a admisión realízase tras superar a proba de acceso.

Lémbrase que as persoas seleccionadas deberán matricularse presencialmente na Unidade administrativa da Escola entre os días 27-29 de setembro: de 10,00 a 13,00 e 16,00 a 20,00 horas.Deberán cubrir a ficha que se lles entregará na recepción e aportar unha fotocopia do seu DNI.

O curso dará comezo, para as persoas de primeiro acceso, o vindeiro 1 de outubro conforme aos días e horarios marcados para cada especialidade na Convocatoria xeral.

Os listados dos resultados do sorteo e das probas de acceso, tanto os das persoas admitidas como as listas de agarda (neste caso recóllese ata un número máximo igoal ao das prazas convocadas en cada nivel, polo que non constan necesariamente todas as persoas preinscritas que participaron no sorteo e probas de acceso):

  • Listados das persoas admitidas (e listas de agarda) por probas de acceso: aquí
  • Listados das persoas admitidas (e listas de agarda) por Sorteo (Debuxo artístico e Pintura): aquí
  • Acta do sorteo   

Entrevista a Kathy Flanagan [COIRO]

Kathy Flanagan
Galician first, English below


Entrevistamos hoxe a Kathy Flanagan (USA), gañadora do Al Stohlman Award no ano 2016

-Canto tempo levas traballando o coiro?
O ano 1970 marcou o comezo da miña viaxe na artesanía do coiro. Non contemos os anos transcorridos dende entón. Vaime facer sentir vella.

-Como empezaches no coiro?
Na miña mocidade, un club chamado 4-H era algo importante na nosa área. Un ano, dúas mulleres da comunidade aprenderon a facer coiro para que o puidesen ensinar aos máis novos coma min nun proxecto artesanal de coiro para o 4-H. Saltei dentro e estou nisto dende entón. Unha das unidades de artesanía de coiro de 4-H titulouse "Pictures(Cadros)". Como moita xente me expresou dende entón, pensei: "Quen escoitou falar dunha cadro de coiro?" Entrei na unidade desconcertada e saín dela cun Campión.

luns, 20 de setembro de 2021

TPT Gráfica [SERIGRAFÍA]

 TPT Gráfica é un taller de México especializado na edición e impresión de arte en serigrafía. Dirixido por Pablo Torrealba, o taller conta con máis de 30 anos de experiencia colaborando con renombrados artistas, arquitectos, fotógrafos, museógrafos, deseñadores e participa en proxectos culturais tanto a nivel nacional como internacional. Dende a aula de Serigrafía da Emao parécenos interesante a experiencia que amosan nos seus traballos cunha infraestrutura para a impresión en serigrafía de gran formato para edicións e tiraxes limitados moi coidados.

 Como editores e coeditores de arte, TPT Gráfica propúxose manexar os proxectos de maneira integral, desde a planeación ata o empaquetado, atendendo, supervisando e vixiando a produción completa das edicións. Podes atopar o catálogo de obra editada e producida por TPT Gráfica na web de Anemona Editores

venres, 17 de setembro de 2021

Entrevista a Serge Volken [COIRO]

Fig 1.Serge Volken no seu obradoiro de Lausanne(Suiza)
/ Portrait of Serge Volken in his Atelier in Lausanne

Galician firts, English below Entrevistamos hoxe a Serge Volken (AKA Bigfoot), gañador do Al Stohlman Award no ano 2017

- Canto tempo levas traballado o coiro? Iso sería en 1978, creo. Daquela estaba axudando nunha empresa de taxis de cabalos en Zermatt (Suíza), e me pedíron que fixera algunhas reparacións nos arreos dos cabalos ademais de cepillar as culatas e limpar a caca de cabalos;) Pero o verdadeiro comezo na miña carreira de coiro foi en 1981 onde comecei a ter as miñas primeiras ferramentas e un pequeno recuncho no meu piso para manter as mans ocupadas. En1983 abrín unha pequena tenda nunha canellón en Lausana, aínda que mantendo un traballo a tempo completo cerca. En 1993 abrimos coa miña muller un centro especializado en arqueoloxía do coiro, outros 10 anos despois inauguramos o Museo do Calzado, o museo máis pequeno de Suíza (11 ¾ m2). Foi entón cando pechei o meu taller ao público e volvín ser afeccionado. Foi a mellor opción que puiden facer na miña vida porque agora podo facer o que, cando e como quero facer os meus proxectos de coiro sen a presión de clientes molestos. Aínda teño algúns clientes pero todos o saben, no meu obradoiro o cliente é rei pero eu son deus. ;).

xoves, 16 de setembro de 2021

Olería tradicional do Condado: os irmáns Añón no Faro de Vigo [OUTRAS NOVAS]

 

Hoxe públicase no Faro de Vigo na sección Faro da Cultura un interesante artigo sobre  Manuel e José Añón Chans, os oleiros de Meder, fillos e netos de oleiros, herdeiros dun oficio que mestura características da olería de Buño, influencias dos louceiros de A Guardia, etc. A súa especialidade é o barro roxo.

xoves, 9 de setembro de 2021

74. VIVIAN SUTER. ABSTRACCIÓN SELVATICA [PINTURA]

“Trato de capturar o tempo nunha forma, algo así como reter o alento.”

Vivian Suter, 2021.


A artista suízo-arxentina Vivian Suter (Buenos Aires, 1949) decidió deixar Basilea para vivir na selva guatemalteca, tras unha viaxe en solitario polas ruínas de Mesoamérica. Era principios da década de 1980, e desde entón a súa estadía alargousemás de trinta añvos en un estudo situado en Panajachel , sobre o terreo dunha antiga plantación cafetera xunto ao lago Atitlán.

Entrevista a Akiko Okada [COIRO]

Akiko Okada nunha das súas clases.
Galician Firts, English Below. 
Comezamos un novo curso en EMAO con moita ilusión. Para a próxima semana teremos as probas de acceso e os alumnos de Superior e Perfeccionamento 1 comezarán as clases.
Para este curso preparamos unha serie de entrevistas para coñecer un pouco máis de preto artesáns que foron recoñecidos internacionalmente co premio Al Stohlman, por así dicilo , o Premio Nobel do Coiro. Comezamos este curso cunha pequena entrevista co xaponesa Akiko Okada recoñecido con este premio en 2013.

- Canto tempo levas traballado o coiro?
Levo traballando o coiro 40 anos.

- Como empezaches no coiro?
Comecei a traballar o coiro aprendendo a distancia con Craft Japan.

- Que ten o coiro que non teña outro material?
Cando vin o traballo de Al Stohlman no seu Museo en Tandy, fun atraida pola súa beleza. Non podería pensar en outros materiais.

- Entre as diferentes técnicas que coñeces, cal é a túa favorita?
A miña técnica favorita é o labrado.

- Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Me gusta facer os deseño para os labrados que decoran as miñas pezas de coiro.

martes, 7 de setembro de 2021

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO E SORTEO PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO CURSO 2021-22 [ADMINISTRACIÓN]

CURSO 2021-2022

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO E SORTEO PARA ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA EMAO

Enlace á convocatoria completa e criterios de valoración en vigo.org

0. Para acceder por primeira vez á EMAO (curso Básico -tardes- ou Iniciación -mañás-) no caso de existiren máis solicitudes cá prazas, é imprescindible superar as probas de acceso que pola presente se convocan. Só no caso das especialidades de Pintura e Debuxo artístico, o acceso realizarase por sorteo entre as persoas preinscritas.

1. Calendario das probas de acceso e composicións das comisións de valoración

1.1. Calendario e horarios:

    CAIM (Gaita e Zanfona): día 14 de setembro, ás 16.00 horas

    Artesanía en Coiro: día 13 de setembro
  • Ás 16.00 horas: preinscritos dende R. Albornoz ata P. Lapuente
  • Ás 18:00 horas: Preinscritos dende M. Lorenzo ata T. Vila
    Cerámica artística: día 13 de setembro
  • Ás 16.00 horas: preinscritos dende Aguilar ata Martín de los Santos
  • Ás 18:00 horas: preinscritos dende Martínez González ata Vinader
Talla e escultura en madeira: día 14 de setembro
  • Ás 16.00 horas: preinscritos dende Alonso ata Iglesias Iglesias
  • Ás 18:00 horas: preinscritos dende Iglesias Rodríguez ata Virgoulay
Deseño e encaixe de palillos: día 14 de setembro
  • Ás 16:00 horas: Preinscritos todos Nivel Iniciación (mañás)
  • Ás 18:00 horas: Preinscritos todos Nivel Básico (tardes)
Moda e confección: día 13 de setembro
  • Ás 16.00 horas: preinscritos dende Abásolo ata Iglesias Díaz
  • Ás 18:00 horas: preinscritos dende Iglesias Martínez ata Vidal
Serigrafía artística: día 14 de setembro
Ás 16.00 horas: Preinscritos todos Nivel Iniciación (mañás)
Ás 18:00 horas: Preinscritos todos Nivel Básico (tardes)

1. 2. Composición das comisións de valoración:

CAIM (Gaita e Zanfona):
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Carlos Corral Fernández, Mestre de Gaita
Xaime Rivas Dacosta, Mestre de Zanfona
Lugar: Obradoiro de Gaita e Zanfona

Artesanía en Coiro:
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Carlos Corral, Mestre de CAIM Gaita
José Pereira, Mestre de Artesanía do Coiro
Lugar: Obradoiro de Artesanía do Coiro

Cerámica artística:
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos
Miguel Vázquez Pérez, Mestre Cerámica
Marián Núñez, Mestre de deseño e encaixe de palillos
Lugar: Obradoiro de Cerámica artística

Talla e escultura en madeira
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos, Secretario
Rosa García Martínez, mestra de Talla e escultura en madeira
Darío Basso, Mestre de Pintura
Lugar: Obradoiro de Talla e escultura en madeira

Deseño e encaixe de palillos
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos
José Pereira, Mestre de Artesanía do Coiro
Marián Núñez, Mestra Deseño e encaixe de Palillos
Lugar: Aula de Deseño e Encaixe de Palillos

Serigrafía artística
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos
Alba Pardo, Mestra de Serigrafía artística
Emma González, Mestra de Moda e confección
Lugar: Aula de Debuxo

Moda e confección
Rafael Ojea Pérez, director en funcións
Xosé Feixó Cid, Xefe de Estudos
Alba Pardo, Mestra de Serigrafía artística
Emma González, Mestra de Moda e confección
Lugar: Aula de Debuxo

2. Contido das probas

As probas de acceso para as especialidades citadas terán dúas partes.
Primeira será un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumprimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade.
Segunda parte será un exercicio práctico co material específico de cada especialidade, no que non se valorarán coñecementos específicos previos relativos á especialidade, senón conceptos, como habilidade, actitude, recursos e creatividade.
A nota final sairá da valoración conxunta do cuestionario e mais a proba práctica, e ponderarase conforme aos criterios que para cada especialidade se recollen no Anexo á presente convocatoria.
O tempo para realizar a proba de acceso a estas especialidades será aproximadamente de 30 minutos en total.
A persoa aspirante presentarase no horario que para cada especialidade e primeiro apelido que nesta convocatoria se indica. Deberá portar o DNI, un bolígrafo, un lápis, un tubo pequeno de pegamento e unhas tesouras.

3. Sorteo para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura

Segundo o previsto no Plan de Estudos e no apartado E) da Convocatoria do curso 2021-2022, para o acceso ás especialidades de Debuxo artístico e de Pintura realizarase un sorteo público o día 17 de setembro de 2021, ás 12.00 horas, na Biblioteca da EMAO.

4. Normativa contida no Plan de Estudos

“3.2.2.2. Proba de acceso
Esta modalidade de acceso está circunscrita ás especialidades das Áreas de Oficios Artísticos e a de Oficios Artesanais, sempre e cando existan menos prazas ofertadas que solicitantes.
Poderán presentarse a esta proba, aquelas persoas que teñan realizado a súa preinscrición na especialidade en cuestión, dentro dos prazos estipulados na Convocatoria anual e que figuren como tal no “listado de solicitantes de novo ingreso”.
A proba de acceso comporase, canto menos, de dúas partes:
Un cuestionario no que o/a aspirante deberá cumplimentar preguntas xenéricas. Estas preguntas nunca serán referidas a cuestións técnicas sobre a especialidade.
Un exercicio práctico co material específico de cada especialidade no que se valorarán conceptos como habilidade, actitude, recursos e creatividade. Nesta proba non se valoraráncoñecementos específicos previos relativos á especialidade.
Con cada convocatoria anual publicaranse, para cada especialidade, os criterios de valoración e a súa ponderación na valoración final.

Trala realización da proba de acceso, unha comisión formada polo mestre/a da especialidade, o director/a, o xefe/a de estudos e outro/a mestre/a dunha especialidade da mesma área, seleccionará os alumnos/as que cubrirán as prazas ofertadas, establecendo, seguidamente, unha lista de reserva ordeada de maior a menor valoración, para o caso de existiren baixas entre os/as seleccionados/as”.

5. Medidas preventivas COVID-19
  • Obrigatoriedade a tódas as persoas asistentes ás probas de realizar desinfección de mans previa e ao rematar a proba nos dosificadores instalados na EMAO ao efecto.
  • Obrigatoriedade do uso de máscara homologada e en perfecto estado
  • Obrigatoriedade de respectar a distancia de seguridade e as indicacións que en todo momento lles realice o persoal da EMAO en relación co aforo, acceso e circulación polo edificio.
  • Durante a realización das probas só poderán permanecer no interior do edificio as persoas ás que lles correpondera facer a proba conforme ao horario e quendas indicadas no apartado 1.1. De ser necesario en relación co aforo, poderase dividir o acceso e realización das probas en grupos máis pequenos e en horarios intermedios aos indicados.
  • As persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19, non deberán presentarse ás probas.
  • Prégase que no caso de espera no exterior do edificio, se respecten estrictamente as distancias e medidas de seguridade COVID-19
RESOLUCIÓN:

Aprobar a Convocatoria que atencede de probas de acceso e sorteo para alumnado de novo ingreso no curso 2021-2022 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Vigo, 6 de setembro de 2021
Gorka Gómez Díaz
 

Proxectados II [DEBUXO]

Nunha anterior entrada adicada aos traballos dos Proxectos 19 falamos de dous alumnos, a súas motivacións e os seus resultados expostos. Hoxe coñeceremos outros tres que remataron con solvencia o seu proxecto e que pasaron pola sala de exposicións deixando moi boas sensacións. 

MARÍA LOUREIRO

100HEX

Dentro do contexto dos proxectos de Debuxo nos atopamos cunha peza singular e novedosa, un mural steam realizado cuns 400 hexágonos de 60mm de lado que mistura distintas formas de debuxar, manual e dixital. Cada unha desas pezas está elaborada cunha impresora 3D en material plástico. María, mestra de Tecnoloxía nun instituto de secundaria é unha apaixoada das novas tecnoloxías e comparte esta inquedanza con grupos free greek co fin de levar a tecnoloxía a calquera ámbito da sociedade. Neste caso a arte, co fin de deixar unha pegada na cidade. 


Libro guía

luns, 6 de setembro de 2021

Arte de Man: 12 de Setembro en Allariz [OUTRAS NOVAS]

Arte de Man volta ás rúas de Allariz o 12 de setembro. Ao redor dunha vintena de artesáns tanto locais coma do resto da comunidade estarán dando mostra do seu traballo o domingo 12 de setembro en Allariz.

Este ano 2021, Arte de Man estreará nova localización dentro do casco histórico de Allariz . Durante a xornada dominical, a rúa Santo Estevo acollerá esta edición do Mercado de Artesanía. O cambio de localización ven dado pola situación actual da pandemia, aínda que manterá a súa esencia de celebrarse nas rúas de Allariz, cambiando de emprazamento cara a zona da Igrexa de Santo Estevo. A cita, reunirá a artesás galegos/as en horario ininterrompido de 11:00h a 20:00h.

Arte de Man ofertará exposición e venda de distintas disciplinas artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros.

38.ª Mostra de Artesanato e Cerâmica de Barcelos [OUTRAS NOVAS]

A 38ª Mostra de Artesanía e Cerámica de Barcelos, que ten lugar entre os día 10 ao 19 de setembro, no Parque dá Cidade é un dos eventos máis antigos de Portugal, conta coa presenza dos artesáns máis importantes de cada sector artesanal (olería, cestería e vimbia, ferro e derivados, madeira e bordado) e retrata toda a riqueza da arte e dos oficios tradicionais.

Na edición deste ano, participan 122 artesáns, 91 dos cales de Barcelos, e o Municipio volve a apostar polas tradicións do pasado cos workshops diarios onde se pode aprender as artes e os oficios tradicionais.

A Mostra Nacional de Artesanía e Cerámica de Barcelos estará aberta de luns a venres, das 17:30 ás 22:30, e o fin de semana, das 15:00 ás 22:30.

xoves, 2 de setembro de 2021

Bolsas de Artes Plásticas Fundación Botín [OUTRAS NOVAS]

Solicitude: Ata o 3 de setembro
 
 
As Bolsas Internacionais de Artes Plásticas destínanse tanto á formación como ao desenvolvemento de proxectos persoais e de investigación. Sempre deben estar vinculadas á creación artística e non ao desenvolvemento dun estudo teórico. 
Artistas de calquera nacionalidade poden concorrer a esta convocatoria, na que unha das bolsas destínase a creadores menores de 30 anos españois ou residentes (como mínimo cinco anos inmediatamente anteriores á solicitude da bolsa) e que queiran trasladarse ao estranxeiro para continuar o seu traballo, estudo ou estancia en residencia. Desde a súa posta en marcha en 1993, máis de 200 artistas recibiron esta axuda que actúa como elemento dinamizador da arte emerxente e representa un apoio para aqueles artistas que queren desenvolver un proxecto de investigación artística.