Nunha anterior entrada adicada aos traballos dos Proxectos 19 falamos de dous alumnos, a súas motivacións e os seus resultados expostos. Hoxe coñeceremos outros tres que remataron con solvencia o seu proxecto e que pasaron pola sala de exposicións deixando moi boas sensacións.
MARÍA LOUREIRO
100HEX
Dentro do contexto dos proxectos de Debuxo nos atopamos cunha peza singular e novedosa, un mural steam realizado cuns 400 hexágonos de 60mm de lado que mistura distintas formas de debuxar, manual e dixital. Cada unha desas pezas está elaborada cunha impresora 3D en material plástico. María, mestra de Tecnoloxía nun instituto de secundaria é unha apaixoada das novas tecnoloxías e comparte esta inquedanza con grupos free greek co fin de levar a tecnoloxía a calquera ámbito da sociedade. Neste caso a arte, co fin de deixar unha pegada na cidade.
Libro guía |
O proxecto está sen rematar ainda na súa totalidade, xa que falta por deixar esa pegada colocando o mosaico mural nunha ubicación da cidade que sexa axeitada. Agardamos que este mes poidamos colocalo por fin nunha parede e disfrutar desta peza na contorna urbana.
Exemplo do mosaico |
Libro guía |
MARÍA DEL CARMEN RODRÍGUEZ CRISPÍN
A COCIÑA NO DEBUXO
O proxecto de Carmen tamén foi moi diferente aos realizados ata a data, xa que non abordaba o debuxo desde unha óptica artística ou representativa como faise habitualmente, trata sobre a elaboración dos medios utilizados para a plástica. Algo que os debuxantes e pintores anteriores a industrialización estaban obrigados a coñecer, formaba parte do seu oficio, e que hoxe se está a perder. Un dos libros referencia que poderíamos denominar a "Biblia do artista" é o Ralph Mayer " Materiales y técnicas del arte" Herman Blume Ediciones. Un libro completísimo que ensina como elaborar os materiais usados na pintura e o debuxo. Pigmentos a utilizar, comportamiento destes, cantidades óptimas, aglutinantes...e un longo, moi longo etc. A primeira edición publicada en EEUU deste manual é de 1940 e séguese a editar en novas edicións revisadas e ampliadas. Este foi un dos libros que utilizou Carmen como recetario para a elaboración de acuarelas sólidas e pasteis que fabricou, apuntando tódolos pasos nunha libretiña, investigando sobre as cantidades de cada un dos materiais para conseguir distintas durezas e densidades e os acabados dos mismos sobre soportes variados.
Tizas e caixa de acuarelas |
O proxecto presentouse en varias caixas que contiñan as cores de pastel e acuarela. Os pasteis eran unhas grandes tizas de pigmento prensado nun formato fantástico para traballos en gran formato. As acuarelas presentáronse en formato de pastilla seca, tamén cun tamaño considerable. O bó da fabricación caseira destas cores é coñecer e ter o contacto ca materia, que ao final ese coñecemento sobre a mesma, aporta un extra nas creacións artísticas que se poderán conseguir ca utilización da mesma.
Tizas e caixa co muestrario das cores |
JOAQUÍN GARCÍA
BESTIARIO VEXETAL
Joaquín é un apaixoado dos libros, de feito traballou un tempo nunha librería polo que ten un gran coñecemento do que se publica no eido infantil e xuvenil nos últimos anos. Esa paixón multiplícase se os libros están ilustrados. Joaquín é un deses aldultos que merca libros infantís ilustrados por puro pracer, porque entente a linguaxe artística ca que se traballa neses libros e disfruta ca súa lectura visual. Por iso cando comenzou a bosquexar o seu proxecto, unha cousa tiña clara, o debuxo ía estar presente no mesmo ao servizo da ilustración. A ilustración na que se adentrou foi na realizada nos libros de natureza editados entre o S. XVI e o S. XIX nun xogo de similitudes, co fin de crear un bestiario de criaturas imposibles.
Debuxos na mostra |
Tomou como referencia o "Animalario Universal do profesor Revillod" editado pola editorial mexicana Fondo Cultura Económica no 2003 e ilustrado por Javier Sáez Castán. Revillod é un personaxe ficticio que viaxa polo mundo buscando o descoñecido, ben sexan novas especies por descubrir ou novas illas por atopar. Joaquín xoga ao mesmo que Castán. Mistura o animal e o vexetal obtendo unha nova especie que certamente resulta monstruosa pero chea de beleza.
"Animalario Universal do profesor Revillod" |
Os debuxos de Joaquín son pequenos A5, e están realizados en acuarela e estilógrafo. Son unha explosión de cor, forma e textura nunhas creacións moi singuleres e moito máis amables que as do Animalario de Revillod. A idea inicial era concretalas nun libro que fose editable pero iso terá que agardar.
Debuxos na mostra |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!