xoves, 23 de setembro de 2021

Publicadas as listas de persoas admitidas de novo ingreso no curso 2021-22 na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

Tal e como se recolle no calendario publicado na Convocatoria xeral do curso, hoxe publícanse no apartado da EMAO da web municipal, as listas de persoas admitidas e as listas de agarda para os niveis de acceso das distintas especialidades convocadas no curso 2021-22.

Como se recolle na convocatoria, as admisións nas especialidades de Debuxo artístico e Pintura, realízanse por sorteo público. No resto das especialidades convocadas para este ano a admisión realízase tras superar a proba de acceso.

Lémbrase que as persoas seleccionadas deberán matricularse presencialmente na Unidade administrativa da Escola entre os días 27-29 de setembro: de 10,00 a 13,00 e 16,00 a 20,00 horas.Deberán cubrir a ficha que se lles entregará na recepción e aportar unha fotocopia do seu DNI.

O curso dará comezo, para as persoas de primeiro acceso, o vindeiro 1 de outubro conforme aos días e horarios marcados para cada especialidade na Convocatoria xeral.

Os listados dos resultados do sorteo e das probas de acceso, tanto os das persoas admitidas como as listas de agarda (neste caso recóllese ata un número máximo igoal ao das prazas convocadas en cada nivel, polo que non constan necesariamente todas as persoas preinscritas que participaron no sorteo e probas de acceso):

  • Listados das persoas admitidas (e listas de agarda) por probas de acceso: aquí
  • Listados das persoas admitidas (e listas de agarda) por Sorteo (Debuxo artístico e Pintura): aquí
  • Acta do sorteo   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!