Dende a nosa aula queremos mandar unha forte aperta aos autores deste libro posto que aúna a nosa paixón pola técnica do linogravado, a admiración polo traballo de Carlos Baonza e, como non, a debilidade que temos por todos os libros de Domingo Villar. Como xa sabedes, o linogravado é unha técnica de estampación en relevo, podedes consultar neste enlace para ver cómo se fai paso a paso. Nese enlace tamén aparece cómo fixemos na aula o libro "Elefante un guisante" de Marc Taeger.
"Algúns contos completos" recolle as persoais narracións escritas e lidas para os amigos ao longo dos anos, simboliza a cerebración da ledicia e a amizade e se aínda por riba lle engadimos gubias, planchas de linóleo, tinta, o rastro expresivo dos trazos e da presión da plancha no papel... xurde unha combinación estrella para unha edición fermosa e coidada.
"Levamos tantos meses nos que os abrazos están escondidos e as reunións familiares quedan reducidos a encontros menores que me pareceu o momento idóneo para celebrar a vida e a amizade e compartir estes relatos íntimos, alegres e amables nunha publicación cos debuxos de Carlos. Non sabería dicir se os meus contos subliñan a súa obra ou se os seus gravados ilustran as miñas historias." Domingo Villar entrevistado por Sergio Fernández para Atlantico diario
“Tanto os contos como os linogravados son sinxelos e comparten numerosos elementos comúns: a ironía, a viaxe, a superstición,
o mar… Os relatos que compoñen Algúns contos completos foron escritos
para ser lidos aos meus amigos, sen outra ambición que atopar a sorpresa
e o sorriso, pero os gravados de Carlos Baonza permitíronlles tomar un voo máis alto." Domingo Villar entrevistado por Juan Carlos Galindo para El Pais.com/cultura
Carlos Baonza (Madrid, 1957) é pintor, gravador e escultor. Estudou pedagoxía e psicoloxía. Iniciouse na actividade artística de forma autodidacta en relación directa con outros artistas consolidados. Aprendeu as técnicas do gravado e a estampaxe no taller de Dimitri Papagueorguiu, con quen mantivo unha estreita amizade ata o seu falecemento. Formou parte dun grupo de artistas e poetas na contorna de José Hierro, Claudio Rodríguez, Luís Alberto de Cuenca, Manolo Romero… Durante esa época, na que frecuentou lecturas e faladoiros de arte e poesía, ilustrou poemarios e realizou series de bestiarios con debuxos e linograbados. Fundou e dirixiu, xunto a Jesús Muñoz, revístaa Cadernos da Curuxa na Asociación Cultural Hispano- Helénica. Expuxo por primeira vez en 1979 na Universidade de Comillas (Madrid). Desde entón realizou numerosas exposicións individuais e colectivas, performances e instalacións en España, Austria, Alemaña e Italia. No ano 2000, fundou xunto a Reiner Schiestl, Manuel Alcorlo e outros artistas e amigos o grupo interdisciplinar Bezoar, co que elaborou publicacións e levou a cabo diversas intervencións lúdico-experimentais, plásticas e visuais. Ata o ano 2015 compartiu o seu tempo entre a docencia e a actividade artística e desde entón ten plena dedicación á arte plástica-visual.
“Nestes tempos de abrazos gardados é necesario celebrar a alegría e a amizade”
Domingo Villar
Me compré el libro, es un pequeño tesoro!
ResponderEliminar