As Bolsas Internacionais de Artes Plásticas destínanse tanto á formación como ao desenvolvemento de
proxectos persoais e de investigación. Sempre deben estar vinculadas á
creación artística e non ao desenvolvemento dun estudo teórico.
Artistas
de calquera nacionalidade poden concorrer a esta convocatoria, na que
unha das bolsas destínase a creadores menores de 30 anos españois ou
residentes (como mínimo cinco anos inmediatamente anteriores á
solicitude da bolsa) e que queiran trasladarse ao estranxeiro para
continuar o seu traballo, estudo ou estancia en residencia. Desde a súa
posta en marcha en 1993, máis de 200 artistas recibiron esta axuda que
actúa como elemento dinamizador da arte emerxente e representa un apoio
para aqueles artistas que queren desenvolver un proxecto de
investigación artística.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!