LAXEIRO EN DIÁLOGO COA PINTURA DO SÉCULO XX
Con Javier Pérez Buján
Presenta Carlos Bernárdez
Martes 24 de maio ás 19 horas
LAXEIRO EN DIÁLOGO COA PINTURA DO SÉCULO XX
Con Javier Pérez Buján
Presenta Carlos Bernárdez
Martes 24 de maio ás 19 horas
Unha enorme onda de tristeza percorre as estancias desta vella Escola...
![]() |
Biblioteca García Barbón. 14-2-2019 |
Domingo Villar, o precursor do chamado noir vigués, autor de Ollos de auga, A praia dos afogados e O último barco, deixounos prematuramente. Impactados pola noticia, cústanos asimilar que unha persoa nova, chea de vida e de talento foise das nosas vidas dunha forma tan brusca.
Recordamos con agarimo as súas visitas á nosa Escola para documentarse durante o proceso de xestación que rematou na publicación do último barco. A espera fíxosenos longa, pero como comentou nalgunha ocasión o propio autor: "O oficio literario está moi afastado dos lóstregos de creatividade e ten moito máis que ver con dubidar, con suscitarse preguntas, con intentar respondelas e con ir puíndo as historias aos poucos. Levou o tempo que levou."
Temos que agradecer a Domingo que convertese esta Escola nun dos escenarios principais da súa novela, tamén a algúns dos nosos profesores en personaxes da trama como o mestre de cerámica, Miguel, ou os luthieres, Carlos, Xaime e Ramón. Recibimos este libro como un recoñecemento ao labor centenario desta institución. Como dicía o propio Domingo Villar nunha entrevista: "Todo vai tan rápido que nos esquecemos que hai cousas que se fan amodo e que necesitan calma e reflexión para poder facerse. É o caso dos ceramistas e de todos os mestres artesáns que traballan na Escola de Artes e Oficios."
Lembramos emocionados a presentación do seu libro no noso salón de actos que quedo pequeno para recibir a tantos lectores que esperaban impacientes pola súa última novela. Con todo, Domingo, paciente e amable atendeu a todos con exquisita cortesía.
Pouco tempo despois volveu acompañado da súa nai e visitou a exposición histórica "A Escola de Artes e Oficios, 130 anos na
Historia de Vigo".
E o que son as cousas, a pesar do calado labor diario que desenvolve
todo o equipo que traballa nesta Escola, foi a súa novela a que fixo
volver a mirada de moitos vigueses cara a ela. Foron moitas as
persoas que de calquera lugar da península solicitaban unha visita
guiada ou aparecían de súpeto por algún dos seus corredores, abraiados
pola existencia real dun espazo dedicado ao fomento das artes e os
oficios artísticos. Converteuse a moita honra, nun dos
escenarios do roteiro literario de Domingo Villar, que na súa opinión: "É un dos lugares dos que os vigueses deberiamos estar máis orgullosos e, con todo, para a maioría non é máis que un edificio silencioso. Sinto que a miña obrigación ao escribir é tamén facer de altofalante e lembrar que temos na cidade unha xoia como esta"
Conmovidos pola súa inesperada perda, permanecerá na nosa memoria non só polos seus méritos literarios senón como o home bo, sinxelo e afable que foi.
Enviamos desde aquí todo o noso afecto á súa familia e amizades.
Que a terra che sexa leve!
Este venres pasado dentro do marco dos Venres na Emao, tivemos o pracer de contar con María Xosé Martinez Pérez, artesá textil.
![]() |
Rodrigo Enriquez Vázquez. Proxecto Cerámica 2018 |
![]() |
José Cebro Martínez. Proxecto Talla e Escultura 2018 |
![]() |
Marisa Álvarez Pérez. Proxecto Debuxo 2018 |
Este venres 13 de maio dentro da Programación Semanal os Venres da EMAO, a artesá textil María Xosé Martínez Pérez dará na hemeroteca unha conferencia "A Seda. Historia, cultivo e obtención do fío", polo que estes días teremos nas vitrinas do corredor de acceso á Biblioteca unha pequena selección bibliográfica relacionada cos tecidos.
este ano contou coa participación no seu desfile das pezas realizadas por Ana Freiría, alumna de Ourivaría do Nivel Avanzado.
![]() |
Detalle Colar - Ana Freiría |
Hoxe felicitamos ao noso mestre de debuxo, Federico Fernández, pola publicación de Verme, un libro interactivo en formato acordeón que ao despregalo transfórmase nun gran mural de dobre cara. Verme preséntanos un novidoso dispositivo mecánico dirixido por uns divertidos operarios, co que é posible viaxar ao centro da Terra.
A idea orixinal e os debuxos son de Federico e a cor de Germán González. Un libro axeitado para estimular a agudeza visual e a creación de historias. Ao carecer de texto escrito, estimula a aprendizaxe lingüística porque as nenas e os nenos que observan son quen poñen as palabras para crear estas historias.
Como xa acontecera con “Balea”, o lector goza esculcando a través do cento de xanelas que se abren sobre o casco deste novo sistema de transporte cara ao fondo da terra. Ambos os libros evocan as viñetas de Francisco Ibáñez en “13, Rue del Percebe”, así como as propostas lúdicas do alemán Ali Mitgusch cos seus “álbums de imaxes ocultas” ou as multitudes de Martin Handford en “Onde está Wally?”, tamén ten referencias a Julio Verne, a novela Frankenstein, a película Grease... Só hai que atopalas.
Xa está dispoñible na sala de lectura o n. 307 (maio-xuño) da revista "CLIJ: cuadernos de literatura infantil y juvenil". A subscrición da nosa biblioteca a esta publicación comezou este pasado xaneiro, por suxerencia do noso mestre de debuxo, Federico Fernández.
CLIJ é revista especializada en literatura infantil e xuvenil comezou a editarse fai xa tres décadas, cun dobre obxectivo: dignificar unha literatura que, por estar destinada aos menores, sempre se considerou menor, e defender a importancia cultural da lectura desde a infancia.
CLIJ articula os seus contidos ao redor da información das novidades editoriais do mes e noticias sobre o mundo do libro infantil e a reflexión con traballos de investigación sobre historia, xéneros, autores e tendencias da literatura infantil; artigos de opinión e tamén perfís de clásicos con monográficos dedicados aos autores clásicos do xénero.
Inclúe unha sección chamada "Mostra de Ilustradores" que ten como obxecto a promoción de ilustradores no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Unha sorte de "plataforma" para ilustradores que queiran mostrar o seu traballo.
![]() | ||||
4-5-2022. Visita do curso da UNED "Vigo. Historia e Patrimonio" |
![]() | |
5-5-2022. Entrevista e sesión de fotos á escritora María Oruña |
![]() |
5-5-2022. Coiro visita o Museo de Pontevedra e Santa María a Maior |
![]() |
5-5-2022. Visita do alumnado de Cerámica á Sargadelos, Terras de Buño e Aparicio |
![]() | ||
5-5-2022. Visita en Santiago á exposición de Xosé Luis Otero pola especialidade de Talla |
6-5-2022. Conferencia de Xoán Carmona Badía. Venres da EMAO |
Esta semana co gallo da conferencia deste Venres da EMAO "Ascensión e declive da industria do coiro en Galicia" polo Catedrático de Historia e Instituciones Económicas da Universidad de Santiago, Xoán Carmona Badía, expoñemos nas vitrinas da sala de lectura unha pequena selección de títulos relacionados coa artesanía do coiro.
“Un Centro-Museo Vivo, onde o nacemento e desenvolvemento da obra gráfica está representado dun xeito diáfano a un gran nivel didáctico, teórico, visual e práctico” (Jesus Nuñez)
A Fundación CIEC realiza numerosas actividades e iniciativas entre as
que destacan a formativa e a expositiva. A organización de cursos e
talleres ao longo de todo o ano e a creación no 2003 do Máster da Obra
Gráfica fálanos da importancia desta actividade así coma do número de
profesoras/es, artistas e estudantes que teñen participado e o seguen
facendo. A exhibición dos fondos da Colección, a realización de
exposicións temporais, as visitas guiadas e as visitas didácticas para
centros formativos e público en xeral, os talleres para nenas/os e a
asistencia a feiras de arte contribúen notablemente ao mellor
coñecemento e difusión da arte gráfica e das/os artistas. A isto hai que
sumar as publicacións, edicións, conferencias, presentacións de libros,
concertos e demás eventos que converten á Fundación CIEC nun referente
da Gráfica contemporánea.
Dende 2006 recoñécese esta labor e a do seu Presidente coa creación do
Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez que convoca a
Deputación da Coruña.
Xa falta pouco para unha nova edición de Raku segundo Nigrán, a Escola Municipal de Cerámica de Nigrán en colaboración coa especialidade de cerámica artística da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, celebrarán do 23 ao 27 de maio unha semana dedicada a esta técnica milenaria, que se anuncia con este fantástico cartel de Rodrigo Enríquez.
O raku é unha técnica tradicional oriental de elaboración de cerámica utilitaria coa que as pezas previamente tratadas de forma artesanal cócense nun forno a máis de 1.000 graos. Crese que é unha técnica orixinaria de Corea, con todo é en Xapón onde floreceu e marabillou a todos os que teñen contacto con ela, desde finais do século XVI.
No ano 1818 publicouse en Inglaterra a que ía ser considerada a primeira novela de ciencia fición, "Frankenstein ou o modeno Prometeo", da xoven autora Mary Shelley. Hai catro anos conmemoráronse, pois, os douscentos anos da publicación deste texto tan vixente hoxe en día, e no obradoiro de Debuxo comenzamos un proxecto para recordar esta data: ilustrar o Frankinstein orixinal de Shelley utilizando a técnica do gravado en linóleo.