martes, 29 de xuño de 2021

Resumo do curso EXTRAORDINARIO de Moda e confección [MODA]

E remata o curso 2020-2021. Presentouse como un curso estraño, no que a pandemia do coronavirus nos tivo expectantes os primeiros meses. Se as aulas serían seguras... se habería contaxios... se volvería a pechar todo... e, ao final, todo saíu mellor do que esperabamos. Demostrouse que a ventilación, o uso de máscaras, a distancia e a hixiene de mans eran a mellor defensa para deter ao virus. Estabamos preparados para a teledocencia, e tivemos que botar man dela durante tres semanas do mes de febreiro.

FOTOS BAUHAUS/EMAO [SERIGRAFÍA ]


Curso 20/21 superado!!! e con motivo da exposición  EMAO/BAUHAUS o alumnado de serigrafía artística fixo unha serie de fotos...

luns, 28 de xuño de 2021

Artes e Oficios festexa un século de Bauhaus con liñas e cor [EXPOSICIÓNS EMAO]

Artigo do Atlántico Diario. 26-6-2021
        

O venres pasado inauguráronse as exposicións EMAO/ Bauhaus, 100 anos e Proxectos 2020. As dúas exposicións podense visitar na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Grazas a Ana Baena polo seu artigo.

EMAO/BAUHAUS, 100 anos.
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021
Lugar: Vestíbulo do edificio principal da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Horario: De luns a venres, laborables de 8:00 a 14:00 horas (agosto pechada)
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Moda e confección e Serigrafía artística.
Cartaz: Alba Pardo
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021

Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga 

PROXECTOS 2020 é a oitava edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.

No vindeiro mes outubro abrirase a segunda parte desta exposición con obras das mesmas especialidades, completando así todas as presentadas durante ese ano académico.

Ficha da Exposición
Proxectos 2020
[Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021.
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas (agosto pechada).
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Serigrafía artística, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga 
 
NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.
 

venres, 25 de xuño de 2021

Inauguración das Exposicións "Proxectos 2020" e "EMAO/BAUHAUS 100 anos" [EXPOSICIÓNS EMAO]



 

EMAO/BAUHAUS 100 anos: selección bibliográfica [BIBLIOTECA]


Hoxe, 25 de xuño, inaugúranse ao mesmo tempo dúas exposicións: Proxectos 2020 e  EMAO/BAUHAUS 100 anos. A primeira pódese visitar de 19:00 a 21:00 horas na sala de exposicións da Escola, o Espazo EMAO

A exposición sobre a Bauhaus está no vestíbulo do edificio principal da Escola (Avd. García Barbón, 5) e pódese visitar de luns a venres, laborables de 8:00 a 14:00 horas (agosto pechada).

No ano 2019 cumpríanse 100 anos da creación da Escola da Bauhaus, fito da contemporaneidade artística e arquitectónica en Europa. Nese curso a exposición temática que ía preparar o alumnado das diferentes especialidades ía versar sobre a Bauhaus, a escola de artes e deseño alemá, que ese ano festexaba o primeiro centenario. Finalmente a exposición programouse para 2020, pero a irrupción da pandemia impediu a montaxe daquela. Cos traballos xa realizados considerouse interesante e oportuno retomar esta Mostra, coincidindo coa apertura da exposición Proxectos 2020. Exhíbense no vestíbulo do edificio principal da EMAO obras de creación colectiva conmemorativas daquela efemérides, elaboradas polo alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo artístico, Talla e escultura en madeira, Moda e confección e de Serigrafía artística

No corredor de acceso á biblioteca exponse tamén unha selección bibliográfica sobre esta Escola que en poucos anos converteuse en todo un referente internacional da arquitectura, a arte e o deseño.

 

 BIBLIOGRAFÍA SOBRE A BAUHAUS...

Convocatoria xeral de preinscrición curso 2021-22 na EMAO [ADMINISTRACIÓN]

 


CURSO 2021-2022
CONVOCATORIA XERAL
ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

Xa se pode consultar e solicitar a pre-inscrición nas especialidades da EMAO que se convocan no curso 2021-22.


A. PRE-INSCRICIÓN E MATRÍCULA

1. ALUMNADO SOLICITANTE DE NOVO INGRESO

1. Preinscrición

A solicitude de pre-inscrición nas prazas ofertadas (apartado F) realizarase:
Por internet: na web-EMAO (curso 2021-22, apartado: "Preinscrición alumnado de novo ingreso")

Debido ás especiais condicións provocadas pola crise COVID-19 non se poderá facer a pre-inscrición presencial na oficina da EMAO. Se precisa información ou axuda, pode pedir cita previa, nos horarios de atención ao público que se indican no apartado C da presente convocatoria.

O listado de persoas pre-inscritas exporase no tabolerio oficial de anuncios da EMAO e na web-EMAO. Darase un prazo de un día, para presentar reclamacións ao listado.

Rematado ese prazo -no caso de que existan máis solicitudes ca prazas ofertadas- realizaranse probas de acceso para asignar as prazas agás nas especialidades de Pintura e Debuxo, nas que se asignarán por sorteo entre as persoas solicitantes cuxa solicitude sexa válida, conforme ao procedemento que se establece nas presentes normas.

Unha vez finalizado o prazo de pre-inscrición exporase no Taboleiro e na web-EMAO a relación definitiva de admitidos, clasificados por especialidades e cursos.

2. Matrícula

As persoas solicitantes finalmente seleccionadas deberán obrigatoriamente, para seren admitidas, formalizar a súa matrícula, mediante a presentación na Oficina administrativa do impreso oficial que se poderá recoller na mesma. Con este impreso deberán aportar copia do DNI ou Pasaporte.

A non formalización da matrícula no prazo indicado nesta convocatoria, significará a inmediata baixa, e, consecuentemente, a praza será ofrecida ao/á/s solicitante/s que corresponda na lista de reserva derivada da aplicación dos resultados do sorteo ou probas de acceso (se é o caso). [...]

[...] TEXTO COMPLETO DA CONVOCATORIA E FORMULARIO DE PRE- INSCRICIÓN AQUÍ

xoves, 24 de xuño de 2021

Montaxe da Exposición EMAO/BAUHAUS, 100 anos [EXPOSICIÓNS EMAO]

 
 
 
 
 
 

 
Esta exposición programouse para 2020, pero a irrupción da pandemia impediu a montaxe daquela. Cos traballos xa realizados considerouse interesante e oportuno retomar esta Mostra, coincidindo coa apertura da exposición Proxectos 2020. 
Exhíbense no vestíbulo do edificio principal da EMAO obras de creación colectiva conmemorativas daquela efemérides, elaboradas polo alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo artístico, Talla e escultura en madeira, Moda e confección e de Serigrafía artística.

Ficha da exposición

EMAO/BAUHAUS, 100 anos.
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021
Lugar: Vestíbulo do edificio principal da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Horario: De luns a venres, laborables de 8:00 a 14:00 horas (agosto pechada)
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Moda e confección e Serigrafía artística.
Cartaz: Alba Pardo
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga 
 

VISITA AO MUSEO MARCO [SERIGRAFÍA]

 A pasada semana visitamos o MARCO e desfrutamos da expo "4 Proxectos" na que Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador Cidrás, Juan Cidrás e Mar Vicente fixeron diferentes propostas concibidas específicamente para cada un dos espazos da pranta baixa. No primeiro andar visitamos a expo de Din Matamoro " A mirada acesa" centrada no estudo da cor, a percepción, os seus mecanismos e emocións. Tivemos a sorte de atoparnos con Diego de Giráldez e o propio Din, que foron tan amables de pararse a falar un intre connosco.

martes, 22 de xuño de 2021

Montaxe da Exposición "Proxectos 2020" no Espazo EMAO [EXPOSICIÓNS EMAO]



 

Proxectos 2020
Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21

Despois do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19, a Escola Municipal de Artes e Oficios abríu de novo a súa actividade expositiva no Espazo EMAO o pasado 23 de abril coa exposición “Proxectos 2019”. Unha vez finalizada esta, abre unha nova mostra, que baixo o título “Proxectos 2020”, recolle as obras resultantes dos proxectos de fin de estudos do alumnado das distintas especialidades no curso 2019-21. Esta nova exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas partes: 

A primeira, inaugúrase o vindeiro día 25 de xuño e estará aberta ata o 10 de setembro (pecha en agosto).
A segunda parte abrirase entre os días 12 outubro a 12 novembro de 2021.

A orixe dos proxectos:

O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; en concreto, das especialidades de:

Cerámica artística
Talla e escultura en madeira
Pintura
Debuxo artístico
Construcción de instrumentos-Gaita
Artesanía en coiro
Moda e confección
Serigrafía artística

As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.

Proxectos 2020 é a oitava edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.

No vindeiro mes outubro abrirase a segunda parte desta exposición con obras das mesmas especialidades, completando así todas as presentadas durante ese ano académico.

NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.

Ficha da Exposición
Proxectos 2020
[Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021.
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas (agosto pechada).
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Serigrafía artística, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

 

Connections 2021: exposición virtual de encaixe [OUTRAS NOVAS]

Unha das obras de Marian Núñez
 

Aquí tedes unha ligazón  á exposición virtual Connections 2021 na que participa a nosa mestra de Deseño e encaixe de palillos, Marian Núñez.

No xaneiro do 2020 convocouse o Lace Challenge co fin de dar a coñecer o traballo de artistas e artesáns do encaixe, dado o éxito este ano volveuse a convocar cun resultado de máis de 1400 post baixo o hastag #lacechallenge_2021 e agora estes traballos recóllense na exposición virtual Connections 2021.

venres, 18 de xuño de 2021

O 25 de xuño, abrimos as exposicións "Proxectos 2020" e EMAO/BAUHAUS, 100 anos [EXPOSICIÓNS EMAO]

“PROXECTOS 2020” e “EMAO/BAUHAUS, 100 ANOS”

Este 25 de xuño abrimos ao público dúas exposicións na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Proxectos 2020

Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21

Despois do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19, a Escola Municipal de Artes e Oficios abríu de novo a súa actividade expositiva no Espazo EMAO o pasado 23 de abril coa exposición “Proxectos 2019”. Unha vez finalizada esta, abre unha nova mostra, que baixo o título “Proxectos 2020”, recolle as obras resultantes dos proxectos de fin de estudos do alumnado das distintas especialidades no curso 2019-21. Esta nova exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas partes: 

A primeira, inaugúrase o vindeiro día 25 de xuño e estará aberta ata o 10 de setembro (pecha en agosto).
A segunda parte abrirase entre os días 12 outubro a 12 novembro de 2021.

A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.

A exposición que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; en concreto, das especialidades de:
Cerámica artística
Talla e escultura en madeira
Pintura
Debuxo artístico
Construcción de instrumentos-Gaita
Artesanía en coiro
Moda e confección
Serigrafía artística

As obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a interdisciplinariedade.

Proxectos 2020 é a oitava edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.

No vindeiro mes outubro abrirase a segunda parte desta exposición con obras das mesmas especialidades, completando así todas as presentadas durante ese ano académico.

NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.

Ficha da Exposición
Proxectos 2020
[Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021.
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas (agosto pechada).
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Serigrafía artística, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción de instrumentos-Gaita, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga 


EMAO/BAUHAUS, 100 anos


No ano 2019 cumpríanse 100 anos da creación da Escola da Bauhaus, fito da contemporaneidade artística e arquitectónica en Europa. Os presupostos teóricos e obxectivos relacionados coa formación artística deste movemento están intimamente relacionados co sentido e finalidades da Escola de Artes e Oficios de Vigo, como escola libre de formación en artes aplicadas e oficios artísticos. En conmemoración deste centenario e como parte da formación en algunhas especialidades da EMAO, propúxose aos talleres da Escola idear e realizar obras que poideran relacionarse ou estar inspiradas nos elementos máis identificativos da Bauhaus.

A exposición programouse para 2020, pero a irrupción da pandemia impediu a montaxe daquela. Cos traballos xa realizados considerouse interesante e oportuno retomar esta Mostra, coincidindo coa apertura da exposición Proxectos 2020. Exhíbense no vestíbulo do edificio principal da EMAO obras de creación colectiva conmemorativas daquela efemérides, elaboradas polo alumnado das especialidades de Pintura, Debuxo artístico, Talla e escultura en madeira, Moda e confección e de Serigrafía artística.

Ficha da exposición
EMAO/BAUHAUS, 100 anos.
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021
Lugar: Vestíbulo do edificio principal da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Horario: De luns a venres, laborables de 8:00 a 14:00 horas (agosto pechada)
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Moda e confección e Serigrafía artística.
Cartaz: Alba Pardo
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

Guerreiros de terracota [BIBLIOTECA]

 Hoxe subimos ao expositor un "clásico" da nosa sección de libros de gran formato


Guerreros de terracota : el ejército eterno del primer emperador chino / dirigido por Roberto Ciarla ; [textos de Roberto Ciarla ... et al. ; fotografías, Araldo de Luca].-- Madrid : Libsa, cop. 2006

En 1974, un campesiño descubriu por casualidade o primeiro dos oito mil soldados que custodiaban a tumba do primeiro emperador de China. Posteriores escavacións desenterraron un dos maiores descubrimentos arqueolóxicos da historia. En tres grandes fosas xunto á tumba de Qin Shi Huang xacía un tesouro que permanecera oculto ao mundo durante case 2.200 anos: todo un exército de terracota con máis de 8.000 soldados, unha cabalería de 150 animais, 130 carros tirados por outros 520 cabalos e ata 40.000 puntas de frecha, xunto con ducias de espadas, lanzas, ballestas e outras armas de bronce.

Durante décadas, os guerreiros de terracota deron traballo a xeracións de arqueólogos. Pero aínda hoxe, a ciencia continúa revelando secretos que o silencioso exército custodiou durante milenios.
 
O xacemento arqueolóxico dos guerreiros de terracota en Xian preséntase neste volume a través das exhaustivas análises que expertos internacionais fixeron del e con impactantes fotografías dun dos mellores profesionais do mundo da arte.
 

mércores, 16 de xuño de 2021

Conversas Literarias con Oriana Méndez e Valentín Carrera [OUTRAS NOVAS]


 


Convocatoria: Escola de Verán da EMAO 2021 [ADMINISTRACIÓN]

Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte Convocatoria de cursos de Verán a realizar entre os días 5 e 23 de xullo de 2021, dirixidos ás persoas interesadas non matriculadas actualmente na EMAO, que cumpran os requisitos indicados en cada un dos cursos. 

[Véxanse as condicións para a inscrición ao remate desta entrada]

CURSOS QUE SE CONVOCAN

DEBUXO ARTÍSTICO E PINTURA: “MANCHA vs. LIÑA”

Impartido por Federico Fernández e Darío Basso, mestres destas especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa interesada
Datas: do 7 ao 22 de xullo de 10:00 a 13:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Monográfico de iniciación á Creación Plástica que se centrará nas posibilidades da liña e as súas alternativas complementarias coa mancha.  

Programa:
Obxectivo xeral: achegamento básico á liña e a mancha como vertebradores da imaxen plástica.
Obxectivos específicos:

  • Analizar obras nas que o uso da liña e o uso da mancha sexan claves para a súa construcción
  • Coñecer a linguaxe da liña e da mancha
  • Coñecer as técnicas cas que abordar os debuxos no uso da liña e da mancha combinando os dous elementos
  • Utilizar o recurso gráfico da liña a través da trama, o garabato e a textura visual
  • Utilizar o recurso plástico da mancha para a integración da imaxen no espazo visual
  • Realizar debuxos acabados utilizando estes recursos gráficos

Contidos

  • Unha mirada á historia da representación plástica, desde o Renacemento ata o século XX
  • A linguaxe gráfica básica da liña e a plasticidade da mancha
  • A trama. O garabato. Os degradados. As texturas visuais
  • Realización práctica do uso da liña e da mancha, a trama e a textura.
  • Estudo e observación destes elementos a partir de debuxos de láminas
  • Aplicación práctica dos recursos gráficos e plásticos destes elementos utilizando modelos naturais

Material a aportar polo alumnado: block de debuxo A3 180/200gr. ou Canson c a grain ou fabriano academia estilógrafos de varios grosores (custo estimado material a mercar polo alumnado: 20 €)
Alumnado máximo: 15

CERÁMICA ARTÍSTICA/SERIGRAFÍA ARTÍSTICA: “TRANSFERIBLES: SERIGRAFÍA CERÁMICA”

Impartido por Miguel Vázquez e Alba Pardo, mestre e mestra da EMAO destas especialidades

Destinatarios/as: persoas con coñecementos previos en cerámica ou serigrafía adquiridos na EMAO ou acreditados presentando un currículum formativo
Datas: do 9 ao 22 de xullo, de 10 a 13,30 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: aproximación á serigrafía cerámica mediante as posibilidades da cuatricromía como proceso experimental



Programa:

Tratamento das imaxes elixidas: separación en canais e angulación de trama
Preparación da pantalla serigráfica, emulsionado, insolado, revelado, rexistro,
Estampación das tintas e da película de extracción,
Ancoraxe dos transfer sobre soporte cerámico
Esmaltado e cocción.
Material a aportar polo alumnado: Cinta adhesiva (de embalaxe e de pintor), acetato transparente de 42 x 60 cm aproximadamente, memoria USB (pendrive), luvas, regra de corte, cúter.

Alumnado máximo: 10

 DESEÑO E ENCAIXE DE PALILLOS/ARTESANÍA EN COIRO: “O FÍO NA PEL”

Impartido por Marian Nuñez e Pepe Pereira mestra e mestre destas  especialidades na EMAO
Destinatarios/as: calquera persoa, sen necesidade de que teña coñecementos previos de ningunha das materias.
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Coa realización dun colar tipo Gola facer unha pequena aproximación a técnicas básicas das dúas especialidades mantendo un primeiro contacto cos materiais.

Programa:
Artesanía en Coiro

  • ¿Qué é o Coiro? Definición e tipos
  • ¿Qué é o curtido? Definición e tipos
  • Aproximación ás técnicas decorativas
  • O Repuxado
  • O Modelado
  • A costura de Guarnicioneiro

Deseño e Encaixe de Palillos (metodoloxía teórico-práctica)

  • Materiais e ferramenta a empregar
  • Deseño para a estrutura do encaixe
  • Enchido dos palillos
  • Realización básica do punto de tecido e cordóns (Par Enteiro)
  • Engarzar o fío na peza de coiro para completar a peza realizada en coiro
  • Remate do punto de tecido para unir coa pel

Material a aportar polo alumnado: os consumíbeis que se solicitan, compraranse unha vez comece o curso, pois adaptaranse ao que hai que crear. O fío se pode aproveitar o que teñan ou mercar novo.
Custo de mercado aproximado do material: 18 €
Alumnado máximo: 10

CAIM-ZANFONA: “BANCO DE CARPINTEIRO”

Impartido por Xaime Rivas, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: O curso está destinado a ofrecer un punto de arrinque a todas aquelas persoas que queren iniciarse na artesanía musical.
Datas: do 5 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Manexar e preparar a ferramenta manual que se emprega en carpintaría e por extensión na construción de instrumentos musicais de madeira.


Programa:

  • Manexo de ferramenta do banco de carpinteiro a través da realización dos obxectos propostos

Material a aportar polo alumnado: madeira de Faia (gasto e consumo compartido polo grupo de asistentes). Taboleiro de contrachapado de 600x400x4mm (para emprego individual)
Alumnado máximo: 8

CAIM GAITA: “INICIACIÓN Á CONSTRUCIÓN DE PALLETAS”

Impartido por Carlos Corral, mestre da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: persoas interesadas, en xeral, que non fixeran o curso habitual, e preferentemente gaiteiros/as.
Datas: do 5 ao 15 de xullo, de 10 a 14 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Iniciarse na construción e posterior manipulado de palletas

Programa:

  • Identificación e selección da cana
  • Calibrado do interior das palas
  • Conformación da estrutura, mecanizado e axuste do tudel
  • Montaxe da palleta, elaboración e colocación do ferrete
  • Desbaste das paletas, afinación

Material a aportar polo alumnado: navalla e calibre (pe de rei) (prezo estimado de mercado: o custo dependerá da calidade do que se merque, podendo oscilar entre os 30 e os 50 €)
Alumnado máximo: 8
 

MODA E CONFECCIÓN: “NON SEI COSER UN BOTÓN”

Impartido por Emma Pintos, mestra da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: calquera persoa interesada en aprender “costura de supervivencia”
Datas: do 12 ao 23 de xullo, de 9,30 a 13,00 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: Curso se introdución á costura. Nestas sesións trataranse as técnicas básicas de costura a man e a máquina traballando sobre proxectos sinxelos e prácticos.

Programa:

  • Conceptos básicos de costura a man
  • Ferramentas necesarias na caixa de costura
  • Coser diferentes tipos de botóns
  • Puntadas manuais básicas ( pespunte, puntada invisible, sobrefiado...)
  • A máquina de coser:
  • Partes da máquina
  • Manexo da máquina
  • Tipos de costuras
  • Proxecto 1 mandil e o mantel - Proxecto 2 a bolsa da compra- Proxecto 3 a mochila festivaleria- Proxecto 4 funda de tesoira e alfineteiro

Material a aportar polo alumnado: alfinetes, agullas, cinta métrica,tesoira, dedal, e teas e accesorios para os proxectos (serán especificados o primeiro día de clase)
Alumnado máximo: 14
 

TALLA E ESCULTURA EN MADEIRA: “ESTAMPACIÓN E EDICIÓN DUNHA CARPETA DE GRAVADOS” 

Impartido por Rosa García mestra da EMAO da especialidade
Destinatarios/as: persoas cun interese artístico no campo da arte gráfica e a edición
Datas: do 5 ao 20 de xullo, de 10 a 13 horas
Duración: 36 horas
Obxectivo: realización dunha tiraxe de gravados en relevo e confección dunha caixa e carpeta artística como concepto de obra orixinal.




Programa:

  • O gravado en relevo
  • Entintado e estampación nunha, dúas tintas e oco
  • Realización dunha serie para a súa edición
  • A importancia da presentación como parte da obra
  • Elaboración dunha caixa co deseño axeitado aos gravados
  • Establecer un diálogo entre contedor e contido

Material a aportar polo alumnado: linóleo, papeles de gravado, libreta de apuntes/debuxo, regla de corte (metálica) e cúter
Alumnado máximo: 8

--------------------------------------------------------------------------------------------------

INSCRICIÓN E CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS

Duración: 36 horas
Datas: entre o 5 e o 23 de xullo de 2021. Horario de maña (consúltense datas e horarios específicos)
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: ver número máximo de alumnos/as na convocatoria específica

Inscrición

Ata o 1 de xullo

Gratuíta

Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles para ser admitido/a):

  • No "Asunto": [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [só curso de Cerámica e Serigrafía]
  • Acreditación de coñecementos previos mediante currículum (ou enlace a páxina web persoal), só no caso dos cursos nas que se requira experiencia ou coñecementos previos.

Admisión de solicitudes:

  • Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2020-2021
  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que non cumpran estritamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto. 
  • A inscrición farase por estrita orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas [agás naqueles cursos nos que se esixa coñecemento ou experiencia previa, que deberán pasar polo filtro previo de cumprir este requisito]
  • A confirmación da matrícula realizaraa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase á lista de reserva.

Será obrigatorio o cumprimento das normas de prevención COVID-19 da EMAO.


xoves, 10 de xuño de 2021

Terceira Convocatoria do Programa para o Fomento da Tradución e Ilustración de obras literarias [OUTRAS NOVAS]

Acción Cultural Española (AC/E) publicou a terceira convocatoria do Programa para o Fomento da Tradución e Ilustración de obras literarias a linguas estranxeiras correspondente a 2021 por un importe de 450.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde este 9 de xuño ata o 31 de decembro de 2021.

O Programa de Fomento para a Tradución e Ilustración de obras literarias de AC/E creouse en 2019 con motivo da participación de España como país convidado de honra na Feira Internacional do Libro de Frankfurt co fin de propiciar a tradución de obras literarias españolas por parte de editoriais estranxeiras. As axudas incentivan a venda de dereitos de creacións literarias españolas, favorecendo así a súa visibilidade e recoñecemento internacional. 

A Feira do Libro de Frankfurt é a máis importante do mundo neste sector, onde se estima que se negocian o 80 % de contratos anuais de dereitos de autor, constitúe unha excelente oportunidade para a promoción de títulos españois en Alemaña e outros mercados estratéxicos de interese para a industria editorial española como o anglosaxón, o francés ou o italiano. Con estas axudas preténdese aproveitar a repercusión amplificadora que ten a Feira.

Bases da convocatoria

Inscrición  

venres, 4 de xuño de 2021

2ª edición do Programa de Creación dunha Empresa Artesá [OUTRAS NOVAS]

Segunda edición do programa de creación dunha empresa artesá, un programa integral de capacitación e asesoramento dirixido a emprendedores do sector artesán co obxectivo de que os e as participantes desenvolvan todo o seu potencial comercial e creativo.

O programa consta dunha serie de sesións de capacitación que inclúe modelos de negocio, márketing, desenvolvemento creativo, finanzas, comunicación, etc. Impulsado por EOI no marco do proxecto Crafting Europe, este programa baséase na metodoloxía creada polo Crafts Council UK (Consello da artesanía do Reino Unido) chamada “ Hothouse” e será impartido por consultores/ as e outros profesionais do sector.

O programa está dirixido a persoas artesás, deseñadoras, artistas, creativas e makers. Seleccionaranse aqueles perfís cuxa maior parte do seu traballo sexa feito a man. Poden estar a facer produción por lotes ou desenvolvendo traballos para comerciantes polo miúdo, exposicións ou residencias. O traballo artesanal debe ser o seu principal traballo ou fonte de ingresos. Non hai requisitos sobre a estrutura do negocio. As asociacións tamén poden participar a condición de que todos os membros estean involucrados no proceso creativo e de fabricación. 

Para participar no programa recoméndase ler detidamente as bases da convocatoria. A solicitude de participación debe realizarse cumprimentado o seguinte formulario en liña antes do 27 de xuño ás 23:59 horas.

Máis información aquí ou no correo electrónico: fundesarte@eoi.es

Convocadas as bolsas FORMARTE correspondentes ao ano 2022 [OUTRAS NOVAS]

 

Imaxen de andaluciaorienta.net

O BOE do 2 de xuño publica o Extracto da Orde do 26 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Industrias Culturais, Propiedade Intelectual e Cooperación, pola que se convocan as Bolsas FORMARTE de formación e especialización en materias da competencia das institucións culturais dependentes do Ministerio de Cultura e Deporte, correspondentes ao ano 2022.

Finalidade

Contribuír á formación de especialistas en xestión cultural, biblioteconomía e documentación, arquivos, conservación e restauración de bens culturais, museología e en materias artísticas, mediante a realización dun programa de actividades teórico prácticas en institucións culturais dependentes do Ministerio de Cultura e Deporte. O período de formación das bolsas será desde o 1 de febreiro ao 30 de setembro de 2022.
 

mércores, 2 de xuño de 2021

Presentación da especialidade Moda e Confección [MODA]

Un pouquiño de Historia

Coser, durante moitos séculos, foi unha tarefa máis das que o home (mellor dito, as mulleres) tiña que realizar pola súa propia supervivencia e a da súa familia.

O oficio de xastre tomou especial importancia na Idade Media, coa organización dos oficios en gremios. O labor de facer pezas de vestir era tan complexo que os padróns e as ferramentas quedaban como a máis valiosa herdanza que un fillo podía recibir de seu pai. Este feito danos unha idea da importancia que ten saber cortar e coser pezas de roupa.

Coa chegada de publicacións de moda a mediados do século XIX a ensinanza do corte e confección puido chegar a máis fogares animado tamén pola chegada da maquina de coser sendo estes feitos o principio da democratización da moda.